AMARANTE PARCERIAS ACTIVIDADES ENLACES NOVAS

EDUCACIÓN PARA O ECODESENVOLVEMENTO
 

En Amarante pensamos que a solidariedade, como calquera outro tipo de actividade, require unha certa formación para poder desenvolvela con eficacia. Facer solidariedade precisa, ademais, ser conscientes da responsabilidade que significa realizar actividades que van a repercutir en maior ou menor medida, sobre condicións concretas de persoas con nome e apelidos.

Por estas razóns elaboramos programas encamiñados a formar e sensibilizar ás persoas incorporadas ó movemento da solidariedade.

CENTRO DE RECURSOS PARA A SOLIDARIEDADE 

O Centro Alternativo e de recursos para á Solidariedade da ONG AMARANTE, fundaméntase na necesidade de facilitar un punto de conexión das diferentes publicacións e actividades do campo da Solidariedade e do Consumo Responsable.

 

Na actualidade practicamente tódalas ONG’S de desenvolvemento teñen publicados materiais diversos para traballo en educación para o desenvolvemento, ou de reflexión das diferentes problemáticas e alternativas que se presentan ante as complexidades que a realidade Norte-Sur nos presenta.

 

Nembargantes cando unha persoa (ensinante, educador, traballador social, pai ou nai, ....) desexa achegarse a estes materiais ou afondar nas temáticas propias das ONG’S, atopase coa dificultade de que debe dirixirse a cada unha delas para solicitar información ou materiais que podan facilitarlle o seu traballo ou solventar interrogantes diversos ou contrastar informacións recibidas nos medios de comunicación.

 

Con este centro de recursos para a solidariedade pretendese dar resposta a esta necesidade e ofrecer un servicio áxil e práctico tanto para aquelas persoas que queren achegarse por primeira vez a este mundo, como para aquelas persoas que xa teñen dado pasos e desexan afondar ou ser transmisores dos valores que diversas campañas lle foron facendo cegar.

 

Por outra banda, o Centro Alternativo trata de ser, xa o é dalgún xeito, un elemento dinamizador de campañas e actividades de sensibilización nas áreas do Desenvolvemento Sustentable –Ecodesenvolvemento- e do Consumo Responsable, en particular no campo do Comercio Xusto xuntando a iniciativa de concienciación coa de comercialización.

 

Trala experiencia de asentamento en Pontevedra có traslado no ano 2003 a un novo local de 180 metros cadrados onde existen dous espacios ben diferenciados: Documentación e Actividades, este ano quere ampliarse o campo de localización e ábreuse un novo local como Centro de Recursos para á Solidariedade, sito en Santiago de Compostela que conta con 90 metros cadrados no ano 2.004.

 

Consulta o noso fondo bibliográfico aquí.

CENTROS DE RECURSOS AMARANTE

O CENTRO ALTERNATIVO DE AMARANTE é un espacio aberto posto en marcha por AMARANTE co fin de informar sobre diversos aspectos relacionados coa solidariedade, á vez de ser unha tenda de COMERCIO XUSTO.

O CENTRO ALTERNATIVO en COMPOSTELA conta con varios espacios integrados:Tenda de Comercio Xusto, Sala de exposicións e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local.

O CENTRO ALTERNATIVO en OURENSE conta con varios espacios integrados: Tenda de Comercio Xusto,Sala de conferencias, Sala de exposicións e proxeccións, e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local.

O CENTRO ALTERNATIVO en PONTEVEDRA conta con varios espacios integrados: Tenda de Comercio Xusto, Sala de conferencias, Sala de exposicións e proxeccións e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local.

 

O CENTRO ALTERNATIVO en VIGO conta con varios espacios integrados:Tenda de Comercio Xusto, Sala de conferencias, Sala de exposicións e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local.

 

GALICIA CON VISTAS AO SUR 

Achegar a realidade do Sur ao Norte podese facer de multiples formas, desde AMARANTE apostamos por un camiño de doble dirección.

 

XANELA ABERTA AO SUR

 

Xanela Aberta ao Sur  é un programa de formación e sensibilización có que se pretende achegar a realidade dos pobos do Sur á nosa sociedade, e formar persoas que participen activamente no campo da solidariedade e pola transformación do inxusto modelo de relacións Norte-Sur. XANELA, consta dunha serie de xornadas e seminarios como preparación para visitar durante un mes un proxecto de desenvolvemento elaborado e dirixido por unha organización do Sur.

Os obxectivos de Xanela son INFORMAR, sobre o actual sistema de reparto da riqueza no mundo e posibles alternativas, SENSIBILIZAR a cerca das diversas formas de cooperación entre os pobos e PARTICIPAR en visitas a proxectos de desenvolvemento en países do sur.

 
1- Informar sobre ó actual sistema de reparto de riqueza no mundo e posibles alternativas.
2- Sensibilizar a cerca das diversas formas de coperación entre os pobos coa edición de materiais adecuados.
3- Promocionar visitas a proxectos de desenvolvemento, dando posibilidade de compartir con persoas do Sur un mes de convivencia.
4- Promocionar a participación activa e comprometida en proxectos de participación cidadá.

Intentamos conseguir esto con:

Cada edición vai acompañada de actividades diversas, segundo a dispoñibilidade de financiación e de persoas que participen, como poden ser edición de unidades didácticas, proxeccións audiovisuais, promoción dalgún proxecto concreto....

Conferencias de presentación. Realizaranse conferencias para presentar o proxecto e informar sobre a situacion das sociedades do Sur, causas e alternativas. 

Visitas a proxectos de desenvolvemento,dando a posibilidade de compartir con persoas do Sur un mes de convivencia. A oferta de coñecer proxectos de desenvolvemento no pais e na organización que os leva a cabo, realizarase durante os meses de xullo e  de agosto, as persoas participantes deben realizar o seguinte itinerario formativo, que esta aberto as persoas que desexen formarse aínda que non realicen a viaxe.

- Participar na conferencia de presentación.
- Xornada."Estancia nun proxecto de desenvolvemento".
- Seminario de formacion." O traballo en equipo"
- Xornada de avaliacion da estancia no Sur.
- Realización de, como mínimo 1 actividade ou acto público, relacionado coa viaxe.

Os participantes aboaran unha matricula simbólica. O calendario de execución do proxecto dividese en tres fases:

1- De febreiro a xuño. Presentación e Formación.
2- xullo e agosto. Estancia nun proxecto de desenvolvemento.
3- De setembro a novembro. Avaliación e actividades de difusión

PODES COLABORAR CON ESTE PROXECTO:

- Formando parte do equipo de coordinación.
- Axudando a elaborar documentos de traballo.
- Difundido esta actividade e animando ós/ás teus coñecidos e coñecidas a participar.
- Participando directamente na formación e nas viaxes.

CONTRASTES

Non hai mellor xeito de coñecer a realidade do Sur que a traves dos seus propios ollos. As xornadas CONTRASTES que todolos anos celebra AMARANTE pretende Achegar a realidade do Sur por medio dos seus lideres unha vez o ano (outubro/novembro) nun ciclo de actos que xiran arredor do tema ou campaña con que veiculice Amarante cada curso.  

 

INFORMACION E DENUNCIA SOBRE A REALIDADE DO SUR  

 

Amarante fai campañas de información e denuncia ao longo de todo o ano de apoio aos movementos sociais do Sur e de presión ás administración de ditos paises. Solidariedade e presión política a favor de movementos sociais do Sur e as súas loitas de transformación que se canalizan a traves do correo educacion@amaranteong.org.

 

AMARANTE

ACTIVIDADES PARCERIAS ENLACES NOVAS
Inicio