AMARANTE CONTRAPARTES ACTIVIDADES ENLACES TENDA-E

NOVAS AMARANTE

ACTUALIDADE LOCAL E GLOBAL 

URXE ASINAR CARTAS DE APOIO PARA O MST ANTE O DIFICIL MOMENTO QUE ATRAVESA O MOVEMENTO

Compostela, 27.06.08 .-  Reproducimos neste espazo a solicitude de apoio que o Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra está facendo chegar a tódalas organizacións afíns coa causa da luita pola Reforma Agrario do Brasil, no momento en que o goberno, pretende criminalizalos como grupo ilegal vencellado ao paramilitarismo. "Estimados amigos e amigas do MST Entidades de direitos humanos, Parlamentares, cidadãos do mundo! Vimos a vossa presença para lhes pedir solidariedade.   Nosso movimento está sofrendo uma verdadeira ofensiva de forças conservadores no Rio Grande do sul, que não só não querem ver a terra dividida, como manda a constituição, mas querem criminalizar os que lutam pela reforma agraria e impedir a continuidade do MST. Para tanto essas forças politicas que defendem na verdade  poderosos interesses dos grupos economicos de empresas transnacionais que estão se instalando no estado para controlar a agricultura e os latifundiários, estão representadas hoje no governo da sra. Yeda Crusius, na Brigada Militar,  no poder judiciário local e no poder do monopolio da midia. O que pedimos a voces?

a)Que enviem cartas de protesto para a Governadora Yeda  Crusius governadora@gg.rs.gov.br , e ao procurador geral de Justiça pgj@mp.rs.gov.br , que é nomeado pela governadora e coordena o Ministério Publico Estadual.

b) Que todas as mensagens enviadas a autoridades,  nos enviem copias para setor de direitos humanos do MST nacional dhmst@uol.com.br e para setor de imprensa     imprensa@mst.org.br

c)  Quem estiver no exterior, envie também suas mensagens para as embaixadas brasileiras, pedindo que o governo federal garanta o direito de livre organização dos trabalhadores como determina a constituição brasileira".

Podedes asinar a carta e enviala á Embaixada Brasileira a través desta ligazón: 

Carta de apoio ao MST

SEMINARIO SOBRE FINANZAS ÉTICAS NA UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA

Compostela, 16.04.08 .- Neste novo seminario, organizado por AMARANTE, preténdese xerar un espazo de encontro entre as diferentes iniciativas e servir de plataforma para todas aquelas campañas que están a denunciar as malas prácticas nos investimentos da banca convencional. Estamos a traballar dende esta organización en diferentes liñas co obxectivo de difundir todas as experiencias de banca ética que hoxe en día están ó alcance da población, pero que non teñen tantas posibilidades de publicitarse como un banco convencional. En Galicia, xunto con outras entidades estamos a impulsar una cooperativa con base en principios de banca ética, que pretende aglutinar a todas as organizacións que de unha ou outra forma teñen relación coas finanzas éticas. Deste xeito poderase chegar a todo o territorio galego e afortalar non só o traballo de rede senón tamén os modos de financiación das propias organizacións. Neste seminario, que inaugura a Semana Galega de Comercio Xusto (24 de abril a 10 de maio) intervirán Arcadi Oliveres (profesor de Economía da Universidade Autónoma de Barcelona), Nuria del Rio (Autora do título “Rescata tu dinero”),  Fernanda Couñago, (directora de AMARANTE Setem), Eva Gil (responsable de Educación e da Campaña Finanzas Éticas de AMARANTE Setem), Jose Josivaldo Alves (representante do Movimento dos Atingidos por Barragms de Brasil),  Víctor Maeso (responsable da Campaña FFEE de Setem Catalunya), Tom Kucharz (Ecoloxistas en Acción), Javier Encina (Universidade Libre pola Construcción Colectiva-Espacio Nómada), Ramón Pascual (Coop57), Joan Melé (presidente de Triodos Bank Catalunya), Ramón Rodríguez (Federación de Cooperativas Sinerxia), etc.  

AGRESIÓN POLICIAL CONTRA TRABALLADORAS RURAIS DO MST EN BRASIL 

Compostela, 08.03.08 .- Na mañá do xoves 6 de marzo, traballadoras da Vía Campesina denunciaron ante o Ministro de Xustiza brasileiro, Tarso Genro, as atroces vexacións acometidas contra varias mulleres do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra o martes pasado en Brasil. A Brigada Militar de Río Grande do Sur, tentou dispersar a 900 traballadoras rurais da Facenda Tarumã, en Rosário do Sur, dentro da área ilegal da empresa Stora Enso.

Durante a ación policial, cerca de 50 campesiñas foron feridas por balas de goma e pedazos de bombas, alén de sofrer agresións físicas pola Brigada Militar, baixo ordes da Governadora Yeda Crusius e dos Comandantes Binsel e Paulo Mendes. Xunto co documento-denuncia, as traballadoras rurais entregaron en Brasília un CD con fotos das mulleres agredidas.

Namentres, sucéndese en Río Grande do Sur mobilizacións en repulsa contra os feitos acontecidos. Arredor de 600 campesiñas fican acampadas desde o día 4 de marzo na Facenda Bota de encruzilhada do Sul. Denuncian os nocivos efeitos ambientais das plantacións de pinos e eucaliptos para as madereiras. Cerca de 250 destas mulleres da Via Campesina están percorerndo a pé a distancia até a Superintendencia de Policía Federal en Porto Alegre para denunciar a compra ilegal destas terras pola empresa celulosa Stora Enso.  

Máis información no sitio web do MST: http://www.mst.org.br  

Asesinan a un SEM TERRA cando protestaba pacificamente contra a experimentación ilegal de transxénicos

Sao Paulo, 01 de novembro de 2.007.- O sem Terra Valmir Mota morre asasinado por milicias armadas privadas cando participaba dunha ocupación pacifica nunhas terras onde a multinacional Syngenta realizaba experimentacións ilegais con transxenicos.

Syngenta debe asumir a súa responsabilidade.  que ten na morte de Valmir Mota, ademais de abandonar a producción e experimentación con transxénicos en áreas declaradas libres de transxénicos.

Dende Amarante, estase a  realizar unha campaña de recollida de sinaturas de  denuncia á multinacional Syngenta, con sede en Porriño, polo terrible asasinato de Valmir Mota, traballador sem terra e membro da Via Campesina no Brasil. Durante o ataque levado a cabo por milicias armadas privadas o pasado 21 de Outubro, ás ordes desta empresa, ademais da morte de Valmir, resultaron feridas graves outras seis persoas.

Podedes colaborar e apoiar esta denuncia a través das vosas sinaturas que nos remitas a AMARANTE Setem. a amarante@amaranteong.org ou ben vigo@amaranteong.org Para máis información contactar con: educación@amaranteong.org.

XANELA ABERTA AO SUR CHEGA A SÚA NOVENA EDICIÓN CO OBXECTIVO DE COÑECER OUTROS XEITOS DE VIVIR E DE SE ORGANIZAR

Compostela, 11.02.08 .- Novamente AMARANTE pon a punto o programa de sensibilización Xanela  Aberta ao Sur, esta vez pola súa novena edición. Xanela é un proxecto de formación teórico-práctica que ten como obxectivo principal dar a coñecer as causas estruturais da pobreza. Para dar comezo ao proxecto realizaranse charlas informativas en diversas cidades e vilas de Galicia, onde participantes de edicións anteriores explicaran a súa experiencia.

Nesta nova edición, a fase teórica de formación consiste en catro xornadas nas que se tratarán temas como a cooperación internacional, a ecoloxía social ou a situación da muller nos países do Sur. Durante esta formación preténdese crear un espazo de construción do coñecemento, no que todas as persoas participantes poidan aportar algo da súa experiencia tanto persoal como profesional. Tamén contaremos coa colaboración de persoas implicadas diariamente nas diferentes temáticas.

A fase práctica desenvólvese nun dos países do Sur nos que AMARANTE conta coa colaboración de organizacións que traballan en proxectos de cooperación ao desenvolvemento, principalmente volcados cara ao comercio xusto, o ecodesenvolvemento sostible e a denuncia das precarias condicións laborais que xiran arredor do sector téxtil e que afectan á man de obra, principalmente mulleres dos países en vías de desenvolvemento. Este ano poderanse visitar, durante os meses de Xullo ou Agosto, as seguintes organizacións:

- Movimento dos  Sem Terra (MST).- Brasil

- Fundación Maquita (MCCH).- Ecuador

- Asociación Attawassoul.- Marrocos

O prazo de  inscrición abrirase o 11 de febreiro e pecharase o 13 de Marzo, tendo un custe de 20 euros para as persoas que están a traballar e de 10 euros para aquelas que están en paro ou estudando.

ACTOS DE PRESENTACIÓN

As datas confirmadas das xornadas de información previas ao curso formativo-teórico do programa Xanela Aberta ao Sur, terán lugar  en:

OURENSE. 20 febreiro ás 20,30 horas na Casa da Xuventude

PONTEVEDRA. 21 febreiro ás 20,00 horas en Amarante

BUEU. 26 febreiro ás 20,00 horas ( lugar por confirmar )

VIGO. 27 febreiro ás 20,00 horas no Centro Cívico  Casco Vello

PONTEAREAS. 28 febreiro ás 20,00 horas en Terra Viva

LUGO. 5 de marzo ás 20,00 horas en A Cova da Terra

COMPOSTELA. 6 de marzo ás 20,00 horas en Amarante

MELIDE. ( pendente confirmar data )

A CORUÑA. ( pendente confirmar data)

OURENSE. 10 de marzo ás 20,30 horas en Amarante

Recorda para inscribirse contacta co correo educación@amaranteong.org  ou chama ao telefono 886111327.

Podes atopar máis información  aquí.

 

XANELA08

ORGANIZA: AMARANTE

DATAS

Inscrición

Do 11 de febreiro  ao 13 de marzo

Xornada Formativa

Sábado 15 de marzo(Compostela)

2ª Xornada Formativa

Sábado 29 e Domingo 30 de marzo (Rianxo)

1ª Xornada Tematica

Sábado 19 de abril

2ª Xornada Tematica

Sábado 24 de maio

Viaxe ao Sur

xullo ou agosto

Xornada de avaliación

setembro

CUSTE

10 € para desempregad@s e estudiantes, e 20 € para traballador@as

INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS

Telefax: 886 111 327                                 e-mail: educacion@amaranteong.org      Data tope 13 de marzo

 

As Xornadas Contrastes 07 centraranse na realidade da muller

Compostela, 06.10.07.- O traballo da muller no Sur volve a centrar ás xornadas CONTRASTES que contarán coa presenza de Idalice Nunes do MST e Mercedes Santana de MCCH

Entre o martes 20 e o venres 23 de novembro desenvolveranse as xornadas CONTRASTES que pretenden achegar a realidade do Sur a nós por medio da visita de lideres de eses paises.

Dentro da importante programación das xornadas cabe destacar a mesa redonda sobre xenero que se celebrará na faculdade de ciencias da comunicación de Compostela o martes 20 ás 19,00 horas coorganizadas co simposio Pobre Mundo Rico.

PROGRAMACIÓN 

Martes 20:
-Mesa redonda de xénero. Facultade Ciencias comunicación Compostela ás 19:00. Participan: Esther Mariño (Galicia), Idalice Nunes (Brasil), Eva Angelina Argueta (Honduras) e Mercedes Santana(Ecuador)

Mércores 21:
-Lugo ás 17:00 Circulo das Artes.  Idalice Nunes (Brasil)  e Mercedes Santana(Ecuador) ( Simposio Pobre Mundo Rico )
-Ribadeo ás  20:00. Idalice Nunes (Brasil)  e Mercedes Santana(Ecuador)

Xoves 22:
-Pontevedra ás 12:00. Facultade de Ciencias Socias. Mercedes Santana
-Vigo ás 20:00 en Amarante. Idalice Nunes

Venres 23: 
- Ourense ás 19,30 en Caixa Nova. Idalice Nunes (Brasil)  e Mercedes Santana (Ecuador) ( Simposio Pobre Mundo Rico )

A ASEMBLEA NACIONAL DE AMARANTE ABORDA UNHA PROFUNDA RENOVACIÓN E aposta por fortalecer o seu proxecto social

Compostela, 06.10.07.- A Asemblea Nacional  que o pasado sábado día 6 de outubro celebrou en Santiago de Compostela AMARANTE serviu para abordar unha profunda renovación que afecta, tamén ao seu máximo responsable, Xoán Hermida, que tras oito ao fronte da mesma, deu paso á nova directora, Fernanda Couñago.

A Asemblea Nacional coincide co ecuador do plano estratéxico 2005/2009 e serviu para analizar os programas e proxectos desta ong galega que destaca por ser referente central no campo do comercio xusto e do consumo responsable.

A asemblea Nacional de AMARANTE, que elixiu a unha nova directiva para os próximos dous anos, fixo unha análise da situación da solidariedade en Galicia na nova etapa aberta tralo cambio das políticas autonómicas nesta materia e a aprobación do plano directorio da cooperación galega 2005/2009.

Un apartado importante do encontro foron as políticas de cooperación onde AMARANTE ten en marcha dous proxectos que contan coa cofinanciación da Dirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia. A construcción dun escola de formación agraria no estado brasileiro de Piauí e un programa de cacao orgánico de comercio xusto en Ecuador.

Os programas de sensibilización son claves para esta ong que pretende construír un modelo galego de solidariedade que lle dea importancia a participación cidadá, e tamén a extensión do proxecto que hoxe xa con grupos permanentes en A mariña luguesa, Compostela, Pontevedra e Vigo, abrirá nos próximos meses o seu local en Ourense, que albergará un centro de recursos e unha tenda de comercio xusto.

A PROGRAMACIÓN DA SEMANA GALEGA DE COMERCIO XUSTO XIRA ARREDOR DA COMPRA PÚBLICA ÉTICA

Compostela, 19.04.07.- A Semana Galega de Comercio Xusto 07 estará centrada en analisar  a tematica relacionada coa Compra Pública Ética

No Seminario sobre Compra Ética que se celebrará entre os días 7 e 9 de maio diversos expertos e dirixentes socias faran un percorrido sobre a tematica.

- recoñecido con 1 crédito de libre elección pola Universidade de Santiago de Compostela -inscripcións ate o martes 5 de maio en cxusto@amaranteong.org ou no telefono 986848159 -

O Seminario sobre COMPRA PÚBLICA ÉTICA celebrarase na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Asemade entre o 9 e 11 de maio: a dirixente do Colectivo de Mulleres marroqui, ATTAWASSOUL,  Ezhara Salam, exporá por diversos lugares de Galicia a situación da muller traballadora do téxtil na cidade de Tanxer.

Sábado 12 de maio: Día Internacional do Comercio Xusto

De 11.00 a 14.00 horas. Actos de rúa de difusión e promoción do Comercio Xusto. Representación da performace Lavado de inxustizas a nosa roupa.

Pontevedra: Praza da Ferreria Santiago: Praza Roxa Vigo: Praza da Independencia.

A Semana Galega de Comercio Xusto 07 percorrera cos sesu actos as cidades de Pontevedra, Compostela, Ourense, Vigo, Ribadeo, Melide e Bueu.

Programación da Semana de Comercio Xusto  aquí.

AMARANTE TRASLADASE A UN NOVO LOCAL EN VIGO

 

Vigo, 03.02.07.–AMARANTE ten novo local en Vigo dentro do centro Crisol - conxunto coa ONG IND -. Tratase dun local máis centrico, no número 114 da avenida das camelias - e nel atopanse varios espazos - tenda de Comercio Xusto, Sá de reuníons, zona de documentación e charlas, así como as oficiñas de Amarante e de IND. A data de inauguración deste noso centro será o sábado 24 de febreiro.

 

AMARANTE E SERVENTA IMPULSARAN O PROGRAMA BO CAFÉ NAS MAQUINAS DE VENDING DE TODA GALICIA

 

Compostela, 25.10.06.–AMARANTE, ong galega  referencial no traballo de Comercio Xusto e do Consumo Responsable na nosa comunidade autónoma, e SERVENTA, unha das principais empresas de vending españolas e que conta con máis de medio milleiro de maquinas en Galicia, veñen de asinar un acordo polo cal se vai a impulsar a distribución de Café de Comercio Xusto.   

 

En concreto, o acordo que terá  extensión toda a comunidade autónoma galega, quere servir como punto clave para a distribución de Café de Comercio Xusto, encargándose SERVENTA da comercialización e AMARANTE da sensibilización dentro da iniciativa do seu programa BO CAFÉ.

 

Este acordo pretende situar o sector de Comercio Xusto en Galicia a niveis de desenvolvemento das zonas máis importantes de Europa onde o consumo do café de Comercio Xusto rondan o 20 / 30% do total das vendas do producto. Outra importancia do acordo é que o terceiro sector e o sector empresarial póñense dacordo para o impulso dunha iniciativa solidaria importante para os productores dos países empobrecidos.

 

Cabe recordar que o café é o producto que xenera máis dividas no mundo despois do petróleo e que da súa comercialización dependen 25 millóns de familias.

 

O acordo xa comezará nos próximos días a concretarse tanto en institucións públicas coma en empresas onde as maquinas referenciaran o caracter xusto e solidario do producto que se adquire.

 

Outra das características do café de comercio xusto que suministratran as maquinas será a súa calidade, ao tratarse de café colombiano natural 100% arábica, cun tostado tradicional e procedente de diversas cooperativas e pequenos agricultores asociaciados á FEDERACION NACIONAL DE CAFETALEROS DE COLOMBIA.

 

O café distribuído por SERVENTA e dos poucos cafés no Estado Español que teñen a garantía  do Selo de Comercio Xusto FLO. Asemade  SERVENTA  destina o 10%  do precio do café a programas de sostibilidade social e medioambiental en Colombia grazas ao proxecto de Café Solidario.

 

AMARANTE CELEBROU  A CUARTA EDICIÓN DAS XORNADAS CONTRASTES COA PRESENZA DE VARIOS LIDERES DO SUR

 

Compostela, 11.11.06.Por cuarto ano AMARANTE celebrou as Xornadas CONTRASTES coas que pretende achegar a realidade do Sur por medio dos lideres do Sur. Este ano as xornadas tiveron un bó seguimento e contaron coa participación de varios lideres do Sur de America Latina e de Izelia Simbine, representante da Asociación Agropecuaria de Changalane, Moçambique, primeira muller africana en participar nestas xornadas coa conferencia " Africa con faz de muller" que tivo como esceario o Centro CRISOL de Vigo, a Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra e Casa da Xuventude de Ourense.

 

Asemade a propia Izelia Simbine e Enrique Medina, Técnico agricola de Maquita-Ecuador celebraron o unha conferencia na Galeria Sargadelos de Ferrol co titulo " a loita pola terra no Sur". Ese mesmo titulo centrou a conferencia que o mesmo lúns na Fundación de Melide, impartiron o dirixente do MST, Edvar Lavriatti, e o representante indixena de Mexico, Luis Martínez, ante un numeroso público asistente.

Os dirixentes do Sur aproveitaron para visitar dúas explotacións ecolóxicas de Palas de Rei: Arqueixal adicada a produción lactea, e Milhulloa, adicada a herbas medicinais.Asemade Izelia visitou o IGADI en Baiona.

Amarante sumase ao berro de lumes nunca máis

Compostela, 17 de agosto de 2.006. - AMARANTE como organización de solidariedade galega que traballa no ecodesenvolvemento ( no desenvolvemento sustentábel ), sumase, coma no seu día o fixo co desastre do Prestige, ao movemento cidadá que demanda cambios de políticas forestais e que esixe esclarecemento e tolerancia cero cos incendiarios.

Coma se ven denunciando desde fai moito tempo (cabe recordar que xa no 99 Amarante participou xunto con Greenpeace e Amigos da Terra nunha marcha sobre o camiño de Santiago para denunciar a situación do monte galego ) as políticas agrarias de abandono do rural e peche de explotacións e as políticas forestais de monocultivo e presión urbanística teñen xerado  un desastre medioambiental sen precedentes e son responsables das reiteradas vagas de lume que asolan desde fai décadas a nosa comunidade.

Amarante cre que debe abrirse unha profunda reflexión no conxunto da sociedade que vive de costas ao mundo rural e que só utiliza o bosque como zona de recreo ou coma vertedoiro, dos propietarios particulares e das comunidades de monte, que na maioría dos casos están atrapadas en políticas de repoboación con especies de crecemento rápido e sen inversións necesarias en reordenamento e seguridade, e dos responsables políticos para que avancen con máis forza nos seus compromisos electorais de modificación das políticas forestais seguidos ata o de agora.

Namentres é fundamental, e Amarante fai un chamamento, a participación social na loita contra os incendios (durante moitos anos as políticas de voluntariado teñen estado centradas en iniciativas tan ocorrentes coma o Xacobeo en lugar por exemplo en defensa do monte galego) e tamén na mobilización social para esixir as autoridades maiores compromisos e a detención dos responsables e o esclaremento das mais que probables conexións entre eles como formula necesaria para saber as motivacións polas que se produciu esta vaga de lumes.  

AMARANTE e IND ASINAN UN PROTOCOLO DE TRABALLO CONXUNTO DE CARACTER ESTRATÉXICO

Vigo, 10.07.06 .- As ongds Amarante e IND veñen de asinar un protocolo de traballo conxunto a desenvolver nos próximos anos co obxectivo de reforzar o polo galego da solidariedade.

Tras dous anos de experiencia de traballo conxunto arredor do Centro de Recursos CRISOL de Vigo este novo paso trata de reforzar o papel da solidariedade feita desde e con perspectiva galega.  

Texto integro do acordo aquí.

AMARANTE demanda de INDITEX explicacións sobre o caso de suposto  traballo infantil en Portugal

Compostela, 31 de maio de 2006.- Os casos denunciados de traballo infantil nas empresas subcontratadas en Portugal, publicados á fin de semana pasado, na que se atopa implicado o grupo Inditex, confirman o que a Campaña Roupa Limpa ven denunciando nos últimos anos: o fracaso das auditorías das empresas e a implementación dos seus códígos de conducta, namentres estes non sexan sometidos a controis independentes.  

Amarante, responsable da Campaña Roupa Limpa en Galicia, quere manifestar que as explicacións dadas por Inditex ante tan graves acusacións son deltodo insuficientes e aínda que existe un diálogo fluído coa empresa e recoñece os avances en materia de RSC pedirá explicacións na próxima Xunta de Accionistas sobre este e outros casos que están acontecendo.

Esta situación ven a demostrar que urxe profundizar nun control independente do Código de Conducta da empresa, a recollida de información que saia das auditorías, e que se poidan analizar as causas reais dos abusos nas condicións laborais.

A incongruencia entre as políticas de responsabilidade social das multinacionais e as súas prácticas comerciais poden derivar en casos como os relatados. As esixencias impostas ós provedores con prazos de entrega tan curtos, como é o caso de Inditex que chegan a cambiar os seus escaparates cada 20 días obriga a moitos proveedores a volver a subcontratar a producción ou tirar da economía sumerxida para entregar en prazo o pedido e non perder o contrato.

Esto que se constanta en moitos países do Sur onde a economía informal ou sumerxida é un porcentaxe moi elevado da economia do país, unha vez máis tamén se atopa nos países da Europa Occidental. A pesar das lexislacións existentes, as autoridades pechan os ollos ante dita realidade co argumento de favorecer o libre funcionamento do mercado, e se negan a lexislar no campo da responsabilidade social das empresas. Baixo a presión para reducir costes, a explotación dos traballadores son unha realidade demasiado frecuente.

Polo tanto a solución non pasa por rescindir o contratato ás empresas provedoras senon na verificación obxectiva das condicións de traballo na industria téxtil e do calzado deportivo. Non basta con que as empresas redacten códigos de conducta, e os impoñan ós provedores, se logo non garanten seu cumprimento, e non teñen prácticas comerciais que sexan compatibles con eses códigos.

A Campaña Roupa Limpia, coalición activa en 12 países europeos e cunha extensa rede de organizacións no Sur,  no estado español está liderada pola Federación Setem da que é membro Amarante.

Para coñecer o modelo de código de conducta promovido pola CRL, e información sobre ás práctivas de control independente, véase www.ropalimpia.org e www.cleanclothes.org

AMARANTE SAUDA O NACEMENTO DO GRUPO VERDEGAIA

Compostela. 2 de abril de 2006.- O ecoloxismo galego xa conta cunha organización nacional e independente quer abordará os problemas medioambientais desde unhas óptica transformadora. O pasado domingo 2 de abril, e tras un proceso asembleario aberto quedou constituído o colectivo.

Na asemblea constituinte na que participaron varias decenas de persoas estivo convidada AMARANTE que aproveito para felicitarse desta iniciativa xa que tras seis anos desde a nosa fundacións xurde unha organización” co mesmo noso ADN”. Entre os principios de VERDEGAIA, que así se chama a nova organización, asemade dos xa referidos de galego e independente están a sustentabilidade ecolóxica, a xustiza social, o pacifismo, a defensa dos dereitos dos animais non-humanos e a defensa da diversidade cultural e linguistica.

A asemblea elixiu a Xan Duro e a Xosé Veiras, como coordinador e vicecooordinador respectivamente.

Para máis información: www.verdegaia.org

  INDITEX incorporase á ETI tal como solicitou AMARANTE e a CRL

Amarante valora positivamente este paso da multinacional galega 

A Coruña. 27.10.05 .- Amarante e a Campaña Roupa Limpa (CRL)/SETEM  valoran positivamente a adhesión do Grupo Inditex á Ethical Trade Iniative, un organismo que garante o cumprimento dos dereitos humans e os estándares que marca a Organización Internacional do Traballo.

Este paso dado pola empresa foi unha petición da CRL e Amarante na última Xunta de Accionistas que tralo escándalo do derrumbe da fábrica textil Spectrum Sweater en Bangladesh, onde morreron case un centenar de persoas viña a demostrar o fracaso das políticas en responsabilidad social corporativa das empresas pertencentes ó BSCI (na que está Inditex)  e das súas auditorías.

Tras catro anos de presencia na Xunta de Accionistas de Inditex e da labor de miles de activistas tanto nos países do Norte como nos paíes do Sur, que durante estes anos veñen contribuíndo co seu apoio e as súas accións  a presionar ás empresas para que cumpran  seus compromisos de responsabilidade social, a Campaña empeza dar os seus froitos.

Todavía queda moito por facer para que casos como o de Bangladesh non se volvan producir e lograr que os e as traballadoras do textil nos países menos desenvolvidos económicamente logren estándares laborais aceptables.

A Campaña continuará súa labor de presión a Inditex para que se sume á Fair Wear Foundation, que actualmente representa a máxima certificación en canto a respeto os dereitos humáns e para que renuncie públicamente a pertencer á iniciativa BSC.

E anima outras empresas, como Adolfo Domínguez, co cal Amarante e a  Campaña están en conversas para que siga o exemplo do Grupo Inditex.  

AS XORNADAS CONTRASTES 05 CELEBRARONSE CUNHA ALTA PARTICIPACIÓN DE PÚBLICO

Compostela 14.10.05.- AMARANTE celebrou entre os días 17 e 20 de outubro ás súas xornadas CONTRASTES coas que pretende achegar a realidade dos paises do Sur por medio de visitas de dirixentes dos seus movimentos sociais.  

Este ano a Visita do Sur foi Clarice Dos Santos, responsable da area de educación do Movimento dos Sem Terra ( MST ) do Brasil e a súa vez asesora do ministerio de educación do seu pais. Asemade Dos Santos foi xefa de gabinete parlamentario do PT en anteriores lexislaturas e actualmente representa ao MST no Tribunal Internacional sobre a Debeda Externa.

As conferencias que celebrou Clarice Dos Santos estiveron centradas na situación de crise política que vive Brasil e tiveron como titulo BRASIL NA ENCRUCILLADA e se desenvolveron nas cidades de Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra. Máis dun centenar de persoas asistiron os actos celebrados nas catro cidades. Asemade Clarice Dos Santos tivo un enocnotro con alumnos da faculdade de Pedagixia de Santiago onde puido conversar de aspectos relacionados coa educación.

A dirixente brasileira foi recibida por Fabiola Sotelo, Directora Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia e polos responsables do IGADI.

UN NOVO TEMPO PARA A SOLIDARIEDADE GALEGA

Pontevedra / Compostela, 26.09.05.-   Os expontaneos aplausos ao final do encontro anual de planificación son síntoma da satisfacción dos socios e activistas de Amarante ao final dunha sesión caracterizada pola importante asistencia e a concreción de propostas.

Este era o primeiro encontro despois do cambio político en Galicia que abre expectativas mais esperanzadoras para o traballo de cooperación desde aquí e tamén cunha guía de traballo moi definida ( no plano estratéxico 05/09) que permitiu avanzar nas diversas comisións sen os tochos que desde a directiva nos teñen acostumados outros anos.

Programa de café de comercio Xusto, Compra Pública Ética, mellora na coordinación na area de educación ou novos proxectos en cooperación foron algúns dos elementos sobre os que se centraron os debates.

Outra novidade foi o traballo formativo cun grupo de 5 novos activistas que resultou satisfactorio.

CELEBROUSE A IX ASEMBLEA NACIONAL DE AMARANTE

Tra-la aprobación no pasado mes de marzo do plano estratéxico 05/09, Amarante tiña pendente a renovación da DIRECTIVA NACIONAL  e a renovación de estatutos co fin de adecualos a esta nova etapa.

A asemblea nacional extraordinaria, celebrada en Pontevedra o 24 de setembro,  aprobou por unanimidade as modificacións estatutarias  entre as que cabe destacar o traslado da sede central para Santiago de Compostela, tamén por unanimidade renovou a súa directiva nacional nun 40%. ( ver en directorio )

NOVA DIRECTORA XERAL DE COOPERACIÓN DA XUNTA DE GALICIA E CAMBIOS NA CGONGDs

Os cambios tamén chegan ao mundo da cooperación. Foi nomeada polo consello da Xunta de Galicia, Fabiola Sotelo, como nova directora xeral de cooperación, desde Amarante desexámoslle éxitos neste cargo tan importante para o traballo norte-sur.

Por outra banda a Coordinadora Galega de ONGDs terá o próximo 19 de novembro a elección da nova directiva. Amarante vai seguir comprometida con esta federación que agrupa a maior parte das xentes que traballamos no mundo da cooperación e comprometese a participar a tódolos niveis como ata o do momento o fixo.

HABILITANSE BLOGS PARA DAR CONTA DAS EXPERIENCIAS DE VIAXE NO SEO DAS TRES ORGANIZACIÓNS

Os 20 participantes do Xanela 08, están encadradas en catro grupos con destino a Brasil-MST, Ecuador-Maquita e Marrocos-Attawassoul 

Compostela, 1 de xullo de 2008.- As persoas participantes no programa XANELA ademais de coñecer directamente a realidade do Sur por medio da convivencia coas comunidades dos países do Sur, tamén colaborarán en diversas actuacións dentro dunha planificación concretada coa organización do Sur que as recibe. Así as que viaxan a Brasil van a coñecer o Movemento dos Sem Terra, tanto na súa estructura central en Sao Paulo como percorrendo algunhas das ocupacións e asentamentos onde os labregos sen terra desenvolven a súa vida e os seu traballo. En Ecuador os participantes coñecerán da man de Maquita, unha das maiores cooperativas de comercio xusto do mundo, a elaboración de productos de comercio xusto como o azucre ou as marmeladas que Amarante importa directamente a Galicia. Neste grupo viaxará unha fotoxornalista que elaborará unha exposición sobre o desenvolvemento do proxecto de desenvolvemento que se está a levar a cabo coa colaboración de AMARANTE e da Dirección Xeral de Cooperación Exterior. Por último en Marrocos o grupo fará labores de alfabetización en español e participará nas actividades organizadas na Asociación Attawassoul, colectivo de mulleres obreiras do téxtil.

XANELA ABERTA AO SUR, é un programa de formación e sensibilización co que se pretende achegar a realidade dos pobos do Sur á nosa sociedade, e formar persoas que participen activamente no campo da solidariedade e pola transformación do inxusto modelo de relacións Norte-Sur. XANELA, consta dunha serie de xornadas e seminarios como preparación para visitar durante un mes un proxecto de desenvolvemento elaborado e dirixido por unha organización do Sur. Os obxectivos de Xanela son INFORMAR, sobre o actual sistema de reparto da riqueza no mundo e posibles alternativas, SENSIBILIZAR acerca das diversas formas de cooperación entre os pobos e PARTICIPAR en visitas a proxectos de desenvolvemento en países do sur. 

Para participar nos blog do Xanela Aberta ao Sur 2008 premede aquí: http://xanela.blogaliza.org/ 

GALICIA PECHA A CAMPAÑA XOGA LIMPO 2008 CUNHA OLIMPIADA SIMULTÁNEA EN OURENSE, COMPOSTELA, PONTEVEDRA E VIGO

O sábado 21, nas principais prazas das cidades galegas, Amarante e Verdegaia celebran os Xogos Olímpicos Limpos 

Compostela, 16 de xuño de 2008.- Catro  meses despois da presentación en Galicia da Campaña Xoga Limpo 2008 e tras varias accións de rúa nas que, alomenos 70 activistas da organización percorreron as cidades galegas portando o facho olímpico para tirar luz sobre ese lumpen escuro da explotación laboral que se instala en China, Amarante pecha este sábado 21 de xuño os actos do Xoga Limpo 2008 coa celebración dunha Olimpíada Alternativa.  Alén dos xogos que sairán ás rúas, desta volta coa ONG galega Verdegaia, seguiremos a recoller sinaturas para lle facer chegar ao Presidente do Comité Olímpico Internacional, Sr. Rogge, ante a pasividade do organismo que preside, máximo regulador dos beneficios obtidos da fabricación do merchandising e autoridade competente para salvagardar o espírito olímpico e o xogo limpo en tódolos eidos vencellados á celebración deste grande acontecimento mundial. 

De tal xeito, a Campaña Xoga Limpo 2008, dirixida a presionar ao COI e as autoridades chinesas para que aseguren o respecto aos dereitos humanos na producción das prendas deportivas que lucirán os equipos nacionais de atletas nas olimpiadas de Pequín, presentou recentemente dous informes tan comprometedores para o trust oligopolista da produción téxtil deportiva como esclarededora para a cidadanía que interesada en coñecer o que se agocha detrás do logo de Nike ou Adidas: explotación. Estes informes, "Salvando Obstáculos" e  "Xoga Limpo: Os Xogos Olímpicos sen medallas nos Dereitos Sindicais" pódense consultar nos Centros de Documentación e Recursos de Amarante, e na páxina web da campaña internacional http://www.playfair2008.org/.  

Pero non só co gaioa das Olimpíadas ocorren estas situacións de abuso e usura empresarial en China, mais tamén por exemplo en Paquistán, onde se fabrica o 80% dos balóns para todo o mundo ou en Filipinas, onde un bispo foi asasinado sen siquer sair nos medios, por mentar a grave situación e condicións de vida dos traballadores e traballadoras das fábricas do téxtil nese país. Amarante e Verdegaia pretenden coa acción vindeira do día  21 tirar a atención da cidadanía sobre todas estas inxustizas, reclamar o seu interese, sensibilizar a opinión pública para facer dela unha sociedade un pouquiño máis crítica co entorno cotiá e antes os graves problemas de toda índole imaxinable que sofre a poboación mundial impedida do libre exercicio dos seus Dereitos Económicos e Sociais.  

Amarante e Verdegaia Levarán conxuntamente adiante unha acción cívico-lúdica na que participe a xente de a pé, organizando diversos xogos que constitúan unha Olimpíada Limpa e sobre todo, alternativa á que está por comezar en Pequín en menos de dous meses (bolos, trileiros, obradoiros de confeción de balóns, carreiras solidarias...), xogos cargados de simbolismo e denuncia a través dos cais queremos evidenciar a carencia de dereitos sindicais en moitos países onde están a se instalar filiais de fábricas pertencentes ás multinacionais do deporte amparadas por unhas leis laborais totalmente flexibles que non protexen ás traballadoras e traballadores do país. Nas accións de rúa que celebraremos simutáneamente en Vigo, Ourense, Pontevedra e Compostela, haberá, ademáis de xogos tradicionais, xogos malabares, teatro improvisado, música, stands de información e mesas para degustación de produtos de Comercio Xusto procedentes de países do Sur, entre outras actividades. Se precisades máis información poñédevos en contacto con nós ou acudide o sábado 21, a partir das 11.30 da mañá aos seguintes puntos: 

  • Praza do Toural (Compostela) 881 978 705 

  • Praza da Constitución (Vigo) 886 111 327 

  • Praza da Ferrería (Pontevedra) 986 848 159 

  • Xardín do Posío (Ourense) 988 601 921 

O DIA DO COMERCIO XUSTO 2008 ESTIVO MARCADO POLAS OLIMPIADAS DE BEIJING

A chama olimpica percorreu as cidades de Galicia co apoio dun grupo importante de deportistas

Compostela, 15 de maio de 2008.- O pasado sábado 10 de maio celebrábase o Día Internacional do Comercio Xusto. Coincidindo desta volta coa chegada das Olimpíadas de Beijing, AMARANTE, dentro da Campaña Internacional Xoga Limpo 2008, organizou nas catro cidades que son sede da organización (Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra) un acto simbólico para tirar a atención da cidadanía sobre a violación dos dereitos laborais de traballadores e traballadoras do téxtil, que en China sofre este colectivo máis si cabe, coa celebración dos vindeiros Xogos Olímpicos e a fabricación de toda a equipaxe deportiva e conmemorativa do evento mundial.    

Percorrendo co Facho Olímpico Limpo as principais rúas das catro cidades galegas, seguido dunha pancarta co ema da campaña “Beijing 08 Olimpíadas Limpas. Non a explotación laboral”, AMARANTE continúa na liña da súa campaña de presión sobre das multinacionais do téxtil que confeccionan roupa deportiva, desta volta reclamando a intervención do Comité Olímpico Internacional, institución que, coma organismo oficial dos Xogos haberá de velar pola garantía de que na produción do merchandising olímpico exista o máximo respecto polos dereitos humanos, laborais e sindicais.

Na acción participaron máis de medio centenar de activistas e a campaña xa ten apoios destacados como o do xogador de futbol Xose Ignacio Pacios "Nacho", o entrenador do Teucro de Balonmán Victor Garcia "Lillo", Marcos Pérez  -arbitro e entrenador balonman da sección feminina do Teucro Pontevedra, Jorge Ignacio Silva -corredor de Marcha do Clube Academia Postal de Ourense-, Conchi Gomez -fondista do Clube Academia Postal de Ourense-, Cesar Carballo - arbitro de balonmán - ou o maratoniano Manuel Rosales.

OLIMPIADAS ALTERNATIVAS

O próximo sábado 21 de xuño celebrarase unha Olimpíada Alternativa na que se recolleran sinaturas que facer chegar ao Mr. Rogge, Presidente do Comité Olímpico Internacional.

CHAMAMENTO DE ORGANIZACIÓNS SOCIAIS CONTRA O RACISMO

Dende Pontevedra por unha sociedade multicultural e solidariedade

Pontevedra, 24 de marzo de 2008.- Os colectivos sociais de Pontevedra e demais cidadáns e cidadás a título individual que asinamos este escrito queremos expresar a nosa profunda preocupación  sobre os comportamentos  amosados por parte de asociacións, medios de comunicación e representantes políticos a raíz do realoxamento de catro familias xitanas no barrio de Monte Porreiro e noutros lugares da comarca.

Así pois, en primeiro lugar apoiamos o manifesto “Por unha sociedade plural, unha convivencia intercultural” presentado o xoves 13 de marzo en Compostela por máis dunha trintena de colectivos sociais de Galicia no que se pide “unha aposta política polo fin do chabolismo e pola creación de espazos de convivencia intercultural en todos os barrios das nosas vilas e cidades, sen descartar tampouco as parroquias rurais”.

E ademais queremos puntualizar:

-          Que o racismo, a xenofobia e o fascismo como expresións de rexeitamento ao diferente non nacen da noite para a maña, ninguén se recoñece racista, tratase de elementos que van aniñando no subconsciente colectivo e individual das persoas que como neste caso albergan medo – moitas veces baseado en datos obxectivables como o trafico de droga, as mafias,....-. É por elo que necesitan de moita pedagoxía democrática e de moita cultura da tolerancia.

-          Que a solución ao problema de marxinación social do colectivo xitano non pasa como apostan as nosas autoridades pola volta ao gueto senón polo camiño da desguetización. Nese camiño a integración individual de familias non xera ningún problema senón que é a solución.

-          Que o dereito a habitar nunha vivenda digna cos servizos básicos mínimos é un dos dereitos humanos elementais de todas as persoas, recoñecido por todas as cartas de dereitos civís internacionais, incluídos a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

-          Que no presente caso a negación deste dereito é incluso máis grave se temos en conta  que se lle nega a unha familia enteira dun determinado colectivo cun número importante de nenos e nenas. 

-          Nun estado de dereito os delitos son individuais nunca xamais colectivos. Se un de nós, poñamos por caso, ten un irmán ou un sobriño que cometeu un delito a ninguén se lle ocorre  que a solución para reinsertalo sexa desterrar ou encarcerar a toda a nosa familia. Que mesmo as persoas con antecedentes delictuosos, no caso de que as haxa neste caso, teñen dereito a vivir nunha casa digna.

-          Que por desgraza, individuos que trafican con droga hainos hoxe en día en pisos e locais da nosa cidade tanto de barrios periféricos como céntricos e, aínda que se coñeza a súa actividade, a asociación veciñal que se opón con tanta teimosía ó realoxo das persoas do Vao nunca organizou mobilizacións para botar a estes individuos e a súas familias das súas casas ou esixir o peche do local onde se vende droga.

-          Que, tamén por desgraza, a nosa mocidade está exposta a diario, sobre todo nas saídas nocturnas da fin de semana, ó contacto cos traficantes de drogas (haxix, cocaína, pastillas...) en locais incluso de moda e mesmo nas portas dos centros educativos. Os “camellos” non están só en zonas marxinais. A solución ó problema da droga é unha cuestión complexa. Evitar que os nosos fillos se “enganchen” é un traballo educativo onde a familia, os ensinantes, os medios de comunicación e mais a Administración deben desempeñar todos un papel fundamental.

-          Que aínda que as medidas adoptadas por parte do Concello de Poio para realoxar as familias do Vao  podan parecer precipitadas e sen unha planificación axeitada, non son admisibles as posturas de determinados representantes políticos e veciñais que, ben por intereses electoralistas ou ben por unha falta total de solidariedade cos máis desfavorecidos da nosa sociedade,  se negaron en redondo a calquera tipo de acordo. Pola contra, encirraron ós veciños de Monte Porreiro, axudados polo sensacionalismo e “o morbo” dos medios de comunicación, para que, xustificando as súas accións como unha loita contra a droga, fosen xurdindo sentimentos racistas e xenófobos que mesmo transmitiron ós seus fillos chegando a utilizalos en manifestacións destas características.

-          As accións de protesta levadas a cabo non se dirixiron unicamente contra a suposta incompetencia dos representantes públicos, se non que todos os membros das familias realoxadas, incluídos nenos, foron obxecto desde o principio dunha violencia verbal con insultos de todo tipo, que en lugar de ser acalmada polos dirixentes veciñais foi animada polas súas declaracións.

-          Consideramos que é unha gran irresponsabilidade por parte dos representantes da administración tanto autonómica como local ceder ante as protestas veciñais sen  chegar a un acordo que permitise ir realoxando as familias do Vao paulatinamente mediante o establecemento duns prazos e dunhas garantías de convivencia por ambas as partes: veciños e persoas realoxadas.

-          Tras esta cesión, a política social da Administración autonómica e dos gobernos