|
Dende Pontevedra por unha sociedade intercultural e solidaria |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Domingo, 09 Marzo 2008 11:26 |
|

Os colectivos sociais de Pontevedra e demais cidadáns e cidadás a título individual que asinamos este escrito queremos expresar a nosa profunda preocupación sobre os comportamentos amosados por parte de asociacións, medios de comunicación e representantes políticos a raíz do realoxamento de catro familias xitanas no barrio de Monte Porreiro e noutros lugares da comarca.
Así pois, en primeiro lugar apoiamos o manifesto “Por unha sociedade plural, unha convivencia intercultural” presentado o xoves 13 de marzo en Compostela por máis dunha trintena de colectivos sociais de Galicia no que se pide “unha aposta política polo fin do chabolismo e pola creación de espazos de convivencia intercultural en todos os barrios das nosas vilas e cidades, sen descartar tampouco as parroquias rurais”.
E ademais queremos puntualizar:
- Que o racismo, a xenofobia e o fascismo como expresións de rexeitamento ao diferente non nacen da noite para a maña, ninguén se recoñece racista, tratase de elementos que van aniñando no subconsciente colectivo e individual das persoas que como neste caso albergan medo – moitas veces baseado en datos obxectivables como o trafico de droga, as mafias,....-. É por elo que necesitan de moita pedagoxía democrática e de moita cultura da tolerancia.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
|
Campaña internacional Xoga limpo 2008 |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Luns, 16 Xuño 2008 11:22 |
|

AMARANTE pedirá apoio de deportistas da terra nunha campaña onde se recollerán postais e sinaturas de presión ante o COI
Coincidindo co ano novo chinés – 7 de febreiro - , a directora de Amarante, Fernanda Couñago, presentou no Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela, a Campaña Xoga Limpo 2008.
O obxectivo da iniciativa é pedir que se garantan o respecto dos dereitos fundamentais dos traballadores/as no sector da produción de artigos deportivos e, máis polo miúdo, na fabricación de artigos con licenza para os vindeiros Xogos Olímpicos de Pekín. Esta é unha Campaña Internacional, que se lanza a nivel mundial e que no Estado está organizada pola Federación SETEM xunto cos sindicatos estatais UGT, CCOO e a CECU e, liderada en Galicia por AMARANTE. Dentro das iniciativas que se levarán a cabo en Galicia, AMARANTE pedirá o apoio de deportistas e atletas da terra para dar exemplo de solidariedade. Contactarase a federacións e centros do INEF para sensibilizalos sobre esta cuestión.
Asemade será organizada unha campaña de recollida de sinaturas por medio de diferentes accións repartindo postais nas rúas das principais vilas de Galicia coma tamén nos locais da organización para que a cidadanía galega tome consciencia desta situación e esixa tanto ao Comité Olímpico Internacional coma ao Comité Olímpico Español a responsabilidade que lles compete como organismos oficiais das Olimpíadas.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
A explotación no textil "Made in China" |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Luns, 19 Febreiro 2007 11:34 |
|

XORNADAS “Made in China. A industria téxtil globalizada e as traballadoras chinesas”
Amarante en representación da Campaña Roupa Limpa organizou o 6 de outubro de 2.006 en Santiago un encontro con administracións, empresas, sindicatos, asociacións do téxtil e consumo para analizar as condicións laborais dos traballadores do téxtil en China nas fábricas que producen para marcas europeas e por extensión as galegas.
Patrick Poon e Staphany Wong, investigadores chinos, que colaboran coa Campaña Internacional de Roupa Limpa (Clean Clothes Campaing) analizaron os momentos que se viven en China dende o ámbito dos dereitos laborais e as condicións de traballo nas fábricas do téxtil e a lexislación China, asemade as auditorías e traballos de responsabilidade social das empresas europea no país chinés.
A deslocalización en tódolos sectores económicos como o téxtil é unha realidade nas empresas de todo o mundo, incluídas as galegas, nas que empresas como Inditex ou Adolfo Domínguez xa teñen gran parte da súa produción en países como en China.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 8 de 8 |