Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Amarante apoia a loita do pobo hondureño para a restitución de Zelaya PDF Imprimir Correo-e
Escrito por amarante   
Luns, 08 Xuño 2009 21:55

honduras

O pasado día 28 de Xuño producíase un golpe de estado en Honduras que provocaba a saída do presidente electo Zelaya do país e elevaba de xeito ilegal a Micheletti ó poder. Dende ese día foron moitos os acontecementos sucedidos: organización da Fronte Popular, ocupación das rúas polo pobo, fortes enfrontamentos entre os militares e o pobo organizado, declaración do estado de sitio, etc.

Tradicionalmente Honduras foi un país utilizado para intereses dos EEUU pola súa situación estratéxica, entre Guatemala, Nicaragua e El Salvador, países con grandes resistencias ó colonialismo. Esta utilización tamén serviu para conservar no poder durante décadas á oligarquía do país, que se aproveitou economicamente da situación e permitiu a entrada de grandes transnacioais que empobreceron cada día máis á poboación hondureña.

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
A RA mobilizase en favor dos sectores máis vulnerables á crise PDF Imprimir Correo-e
Escrito por amarante   
Luns, 08 Xuño 2009 15:06

ra01

O Comité dinamizador da RA reunido en Compostela o 8 de xuño acordou iniciar unha etapa de mobilizacións. A RA organizará  ACTOS RA-VOLUCIONARIOS o próximo xoves 9 de xullo ás 20,00 horas, cando menos en A Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, coincidindo co próximo cumio do G-8.Ditos actos serán concentracións de protesta pero que teñan un toque orixinal (performace ou outra actividade chamativa).Non imos permitir que refunden o Capitalismo, melloren os seus beneficios e pisen os nosos dereitos.

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
Soberanía Alimentar: Comercio xusto no Sur e no Norte PDF Imprimir Correo-e
Escrito por amarante   
Mércores, 06 Maio 2009 11:07

Dia_Comercio_Xusto_09

AMARANTE leva varios anos dándolle un caracter reivindicativo ao día do Comercio Xusto para que se converta nunha data política máis do calendario transformador e altermundista. Así coma o 8 de marzo é o día de loita feminista, o 17 de abril é o día da loita labrega ou o 1 de maio o día da clase obreira e as súas reivindicacións, o día do comercio xusto non pode seguir sendo reducido a unha xornada de ventas ou exposicións senón ten que converterse nunha data chave de denuncia do comercio internacional. 

Este ano a data coincide cunha crise sistémica global, con especial intensidade na crise alimentaria, polo que parecíanos importante facer un esforzo por afianzar procesos  converxentes xa en marcha centrando a reivindicación no dereito a soberanía alimentar.

En todo caso nos houbera  gustado que a convocatoria fora máis ampla aínda pero de tódolos xeitos cremos que é un paso importante o feito de que organizacións sociais, cooperativas de consumo e o Sindicato Labrego Galego se poñan por primeira vez dacordo para facer unha xornada unitaria en 6 localidades galegas. Especial importancia social e mediatica ten o feito de que o sindicalismo agrario participe desta xornada xunto con organizacións de comercio xusto xa que vai a server para visualizar diante da sociedade a conxunción de intereses entre os pequenos produtor@s do norte e do Sur, sendo necesario coma di o lema da campaña: polo comercio xusto no norte e no sur.

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
Declaración da Asemblea de Movimentos do FSM 09 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por amarante   
Martes, 10 Febreiro 2009 22:10

fsm09

Os movementos sociais do mundo reunímonos con ocasión da celebración do 9º FSM en Belém, na Amazonia onde os pobos resisten á usurpación da natureza, os seus territorios e a súa cultura. Estamos en América Latina onde nas últimas décadas deuse o reencontro entre os movementos sociais e os movementos indíxenas que desde a súa cosmovisión cuestionan radicalmente o sistema capitalista; e nos últimos anos coñeceu loitas sociais moi radicais que conduciron ao derrocamento de gobernos neoliberales e o xurdimento de gobernos que levaron a cabo reformas positivas como a nacionalización de sectores vitais da economía e reformas constitucionais democráticas.

Neste contexto, os movementos sociais de América latina actuaron de forma acertada: apoiar as medidas positivas que adoptan estes gobernos, mantendo a súa independencia e a súa capacidade de crítica en relación a eles. Esas experiencias axudarannos a reforzar a firme resistencia dos pobos contra a política dos gobernos, das grandes empresas e os banqueiros que están descargando os efectos desta crise sobre as costas das e dos oprimidos.

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
O filme Black Gold chega a Galicia PDF Imprimir Correo-e
Escrito por amarante   
Luns, 01 Setembro 2008 11:13

BO_CAF_-CARTAZ

Bo Café é unha campaña de comercialización do café de comercio xusto e apoio ás persoas que traballan na  produción agrobiolóxica deste cultivo en pequenas comunidades. Está coordinada por AMARANTE Setem en Galicia dende o ano 2005 sendo impulsada no Estado español pola federación de ONGDs de Comercio Xusto SETEM dende 1998. A través desta campaña, Amarante acreditou máis de 150 puntos de venda e comercialización deste café de comercio xusto en toda a Galicia.

Agora, retomando tras o período vacacional un novo pulo na mellora das liñas de traballo da nosa asociación, Amarante comprométese a facer accesíbel á cidadanía unha maior información sobre a produción e consumo de café de comercio xusto, tentando á vez que fiquen ao descuberto os intereses espúreos desas cinco ou seis multinacionais cafeteiras tradicionalmente vencelladas ao consumo de masas e de grandes superficies comerciais que controlan a case totalidade deste cultivo enriquecéndose con estratexias bursátiles e financeiras pouco escrupulosas.  

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 8