AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
O Acordo FLO-Eroski para unha liña de roupa de algodón de Comercio Xusto supón un fraude PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Martes, 29 Decembro 2009 22:34

A  Asociación polo Selo de Comercio Xusto (FLO ) Bangladeshe  a empresa de distribución Eroski anunciaron recentemente o lanzamento dunha liña infantil de pezas de roupa baixo a marca “Cherokee” realizadas con algodón orgánico certificado co selo de Comercio Xusto. 

AMARANTE Setem amosa o seu malestar  pola concesión do selo e o acordo acadado, pois este non asegura que a peza de vestir que se merque estea fabricada en condicións de respecto aos dereitos humanos na produción e xenera confusión na persoa consumidora ó vencellar esta marca e a súa publicidade co comercio xusto cando solo ten certificado o seu algodón. 

Segundo o seu propio comunicado conxunto onde presentaron dita liña de roupa o Selo FAIRTRADE-Comercio xusto é “un sistema internacional de certificación, que garante ás persoas consumidoras, a adquisición de produtos que cumpren criterios sociais, económicos e ambientais”. 

Este produto non cumpre estas garantías xa que se descoñece como foi confeccionada e en qué condicións laborais estaban as persoas que a confeccionaron, polo que non se pode considerar produción de comercio xusto. 

Só se pode concibir roupa de comercio xusto  cando a produción, a costura, a ensamblaxe e  o planchado é xusto. Non estamos mercando unha materia prima – algodón, liño,… - senón un produto transformado.  Facelo doutro xeito ademais de ser unha vía de posible lavado de imaxe das empresas é publicidade enganosa e un fraude ás persoas consumidoras

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
O Foro da Inmigración mobilizase no día internacional das persoas migrantes PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Xoves, 17 Decembro 2009 16:37

O 18 de decembro conmemorase o día internacional das persoas migrantes nun contexto de forte recorte de dereitos das persoas inmigrantes no marco da UE.

Foro da Inmigración convoca unha acto lúdico- reivindicativo para ás 19,30 horas na praza de cervantes en Compostela.

No blog de soligariedade publicamos integro o manifesto do FI para esta data  preme aqui

Foro_da_INMIgracion._18.12.09

LAST_UPDATED2
 
Consume o xusto, tamen no nadal PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Sábado, 12 Decembro 2009 00:01

So o 1% de todo o que mercamos habitualmente, permaneCartaz_planetace nas nosas casas pasados seis meses.

Non ten sentido polo tanto seguir alimentando necesidades artificiais, é preciso buscar maneiras de vivir mellor con menos.

Ante esta realidade AMARANTE deseñou este ano unha campaña de Nadal que se desmarca da mensaxe tradicional dirixida a comercialización e que pretende, por unha banda sensibilizar nun consumo responsable e respectuoso coas persoas e co medio ambiente e por outra banda facer fincapé na denuncia dun modelo econômico cimentado sobre o consumismo e a explotación dos recursos naturais do sur, que afonda na pobreza e na crise alimentaria dos pobos do mundo.

O Nadal son datas de consumismo e excesos por excelencia: mercamos regalos que non pasan de mediados de xaneiro, preparamos comidas custosas de produtos escasos, bebemos sen moderación e alumeamos a nosa casa até o exceso.

 

A longa lista de artigos que adquirimos no Nadal e que non pasan de xaneiro é moi ampla.
LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
En Bici sen CO2. a Rede Anticapitalista participou da Acción Global contra o cambio climático PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Luns, 14 Decembro 2009 10:47

Máis de 50 ciclousuarios e ciclousuarias percorreron o sábado 12 de novembro as ciclitas_contra_co2rúas de Compostela, sumando os seus chifres e bucinas ao chamado mundial contra o cambio climático.  

Baixo o lema "Mudemos o sistena, non o clima!", a Rede Anticapitalistaúnese desde Galiza á xornada global de mobilización contra a mudanzaclimática neste 12 de decembro. Faino defendendo os tres “c” doprincipio da Xustiza Climática: contracción (redución) das emisiónsmundiais; converxencia nas emisións por habitante; e compensación dosgobernos e transnacionais que son responsábeis da crise climática aos quesufren as súas consecuencias. 

Este evento desenvólvese paralelamente ao de centos doutras cidades do planeta e en coordenación coa manifestación desenvolvida esta mañá  en Copenhage.

Ler máis...
 
Amarante sumase a solidariedade con Aminetu Haidar na súa loita pola soberanía do Sahara PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Luns, 14 Decembro 2009 10:24

banneraminetu

Amarante sumase a loita de Aminetu Haidar e dos saharauís na súa loita contra a invasión do estado Marroquí e esixe do goberno español un cambio de rumo na súa política exterior con respecto a súa antigua colonia.

Envia un correo coa mensaxe “AMINETU MORRE. PREGOLLE QUE ACTUE RAPIDAMENTE PARA QUE AMINETU HAIDAR PODA VOLVER A EL AAIÚN SEN CONDICIÓNS E REUNIRSE COA SÚA FAMILIA”; a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ,   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Chegaralle a: Presidencia gobernoi de España,  Parlamento Europeo, Oficina do Parlamento Europeo en España, Eliseo, Nacións Unidas – Alto Comisionado de Dereitos Humanos, Consello de Europa, Comisión Europea.
 
máis información no blog http://todosconaminetu.blogspot.com

LAST_UPDATED2
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 8