Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Novas Amarante - Pontevedra
O troco chega a Pontevedra con Amarante e Verdegaia PDF Imprimir Correo-e

O grupos comarcais de Amarante e Verdegaia de PontevedCartaz_trocora imos poñer en marcha  un MERCADIÑO DE TROCO.

A iniciativa xurde da colaboración das dúas organización no campo do Consumo Responsable e seguindo ejemplos de outras vilas galegas, coma é o caso de Vigo, onde diversos colectivos realizan unha vez ao mes esta iniciativa.

Recentemente Amarante e Verdegaia realizaron unha experiencia piloto, no marco da festa da soligariedade, que foi todo un éxito de participación da xente.

O mercadiño que terá a súa primeira cita o próximo sábado 31 de outubro na praza da Verdura, entre as 12,00 e 14,00 horas, pretende consolidarse realizando todolos últimos sábados de cada mes.

Tratase dunha cita co sentido común, a ecoloxía e o aforro. Parácheste a pensar en cantas cousas tes en casa que non utilizas? Fai limpeza, escolle aquilo que está en bo estado e vén ao mercadiño. Seguro que o que ti xa non usas, outra persoa necesítao. E ao revés: para que comprar o que podes atopar de balde? Libros, discos, roupa, electrodomésticos, informática...

Recorda, o sábado 31, de 12 a 14 na Praza da Verdura, tes unha cita coa ecoloxía e a economía máis solidaria. Porque cada vez que trocas, decides en que mundo queres vivir.

Amarante e Verdegaia de Pontevedra