Amarante ven de sacar unha liña de café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante. |



| Charla Xanela en Vigo |
|
|
|
|
Participantes da última edición do programa Xanela Aberta ao Sur O programa Xanela Aberta ao Sur que desenvolve a organización Amarante ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdades entre o Sur e o Norte Global. As persoas que asisten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de participar nalgún dos grupos que nos meses de xullo e agosto viaxarán para coñecer os proxectos que se están a desenvolver en Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), en Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita Cushunchic) e en Marrocos coa Asociación Attawassoul. Como xeito de avaliación, organízanse charlas de difusión que serven para dar a coñecer a experiencia das persoas que viaxan e pechar así o obxectivo principal centrado na sensibilización da poboación galega. Para coñecer e aprender destas testemuñas, este MÉRCORES 10 DE MARZO celebrarase NO LOCAL DE AMARANTE VIGO (CAMELIAS 114) UNHA CHARLA INFORMATIVA A CARGO DAS PERSOAS QUE VIAXARON NO ÚLTIMO ANO A BRASIL, MARROCOS E ECUADOR e falarán das experiencias, aprendizaxes e dificultades atopadas durante a súa estancia. AGARDÁMOSTE !!!! |