AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| Campaña de Nadal en Vigo |
|
|
|
|
En Vigo poderedes atopar as seguintes actividades: Día 23 de decembro.- Tarde temática sobre Etiopía. Achegarémonos á realidade de Etiopía tentando crear un espazo de reflexión e coñecemento. Contaremos coa presencia de Alex Kassa Yimer, presidente da Asociación Tena, que nos apriximará ós xeitos de vivir de Etiopía a través dunha charla, música e degustación de café de comercio xusto Día 4 de Xaneiro.- Obradoiro para nenas e nenos sobre Consumo Responsable. Durante o Nadal as máis cativas vense bombardeadas pola publicidade polo que queremos mostrarlles outros xeitos de consumo a través de contos e xogos. Ademais a tenda permanecerá aberta ós días 24 de decembro ata as 19:00 e o sábado 2 ede xaneiro en horario de mañá, para facilitar o acceso ós produtos de comercio xusto de todas aquelas persoas que o desexen.
|