Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Novas de Amarante - Vigo
Mercadiño de troco en Vigo PDF Imprimir Correo-e

Este mes de marzo a rede de colectivos Vigotroca cumpre 3 anos e o mercadiño de troco que se celebra cada mes no barrio do Calvario 2 anos de existencia.

Despois de todo este tempo consideramos que era necesario pararnos a reflexionar cara a onde estaba a camiñar a rede e as actividades que a través dela se organizan.

Despois de varias xuntanzas as conclusións son:

Ler máis...
 
Charla Xanela en Vigo PDF Imprimir Correo-e

Participantes da última edición do programa Xanela Aberta ao SurPortada de Amarante falarán este mércores en Vigo da súa experiencia con organizacións sociais de Brasil, Marrocos e Ecuador.

O programa Xanela Aberta ao Sur que desenvolve a organización Amarante ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdades entre o Sur e o Norte Global.

As persoas que asisten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de participar nalgún dos grupos que nos meses de xullo e agosto viaxarán para coñecer os proxectos que se están a desenvolver en Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), en Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita Cushunchic) e en Marrocos coa Asociación Attawassoul.

Ler máis...
 
Xornadas sobre Decrecemento PDF Imprimir Correo-e

Durante a fin de semana do 6 e 7 de Marzo celebraranse as xornadasDecrecemento-2 “Decrecemento para o cambio social”, organizadas pola Asociación Arela e que contan coa colaboración de varias entidades entre as que se atopa Amarante.

As xornadas celebraranse no local da Parroquia do Cristo da Victoria (R/Baiona, 9-Coia) e desenvolverán o seguinte programa:

SÁBADO 6 DE MARZO
11h00 - "Desmontando o mito do decrecemento", Manoel Santos
12h30 - Descanso
13h00 - "Decrecemento, mil camiños para vivir con menos", Manoel Santos
14h00 - Xantar
16h30 - Proxección do documental: Simplicidade voluntaria e decrecemento (reflexións) de Jean-Claude Decourt
18h00 - Descanso
18h30 - Límites do decrecemento e pegada ecolóxica, a cargo e Verdegaia

DOMINGO 7 DE MARZO
10h30 - Obradoiro sobre decrecemento e alternativas á sociedade de consumo, a cargo de Amarante.
14h00 - Xantar
- - - - - -
As inscricións hai que facelas chegar a través do email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo especificando se quedarás a comer o sábado e o domingo.


Tamén podedes contactar no móbil 675 63 34 36 (Norma Rodríguez) ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 
Obradoiro Cociña Vegana-21 Febreiro PDF Imprimir Correo-e
Despois de un pequeno descanso no mes de Xaneiro Amarante, Árborevegana_baixa e Caleidoskopio voltamos a meternos na cociña para aprender entre todas novos pratos veganos con produtos ecolóxicos e de comercio xusto.

Os obradoiros de cociña vegana serven para discutir sobre agricultura ecolóxica, transxénicos ou veganismo, pero sobre todo para coñecernos e apreder novos trucos e pratos sabrosos que ademais se fan dende unha perspectiva de respecto á saúde, ós animais e ó medio natural en xeral.

Os obradoiros realízanse en horario de mañá para poder quedar a xantar todas xuntas no mesmo local no que cociñamos, A Cova dos Ratos. Pretendemos que a cociña sexa algo máis que o simple feito de saber elaborar receitas.

Se queres participar no obradoiro do mes de febreiro, o domingo día 21, só tes que anotarte no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou ben no teléfono 886 111 327. Recorda que as prazas son limitadas para poder traballar en grupo con certa soltura.

Os gastos derivados do obradoiro sufragaranse a través dun bote solidario que se fará ó final do curso.
 
Asamblea Vigo-8 Xaneiro PDF Imprimir Correo-e
A directiva ven de convocar a asamblea en Febreiro, na cal se pechará o Plano democracia-mafalda1Estratéxico, que guiará o traballo de Amarante nos vindeiros 4 anos.

Para facilitar a participación de todas as persoas que formamos parte de Amarante a directiva elaborou un documento base para o plano estratéxico que será debatido dende cada localidade. O documento consta de catro eixos: comercio xusto, educación e sensibilización, cooperación para a solidariedade e estructura organizativa. Dende as comarcas debemos debatir este documento para levar achegas á asamblea de febreiro, na búsqueda da construcción dun plano estratéxico máis completo e participativo.

Este venres día 8 de xaneiro convocamos ás persoas socias e activistas da comarca de Vigo a participar na asamblea específica para o debate do plano estratéxico. As colaboradoras poderedes asistir con voz pero sen voto.

VENRES 8 DE XANEIRO
LOCAL DE AMARANTE VIGO
Primeira convocatoria ás 17:00 e segunda ás 17:30
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3