AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Novas Amarante - Compostela
Ao redor de 200 persoas pasaron polas proxeccións do ciclo "Coñecer para Cambiar" PDF Imprimir Correo-e
O último xoves 11 de marzo proxectóuse a derradeira das películas do ciclo de cine que botaron a andar no mes de xaneiro cun balance altamente positivo: cerca de 200 persoas pasaron polo local que ambas organizacións comparten en Compostela ao cabo de oito semanas consecutivas.

Desta volta a película escollida foi  “La Dignidad de los Nadies” (Pino Solanas, 2005), un documental que plasma a reacción popular ao corralito arxentino. Para completar a velada e pechar o ciclo por todo o alto contaron coa participación especial de Pablo Carro, profesor da Universidade de Córdoba que conta cunha larga traxectoria de militancia en diferentes movementos sociais en Arxentina. 

Peche_ciclo_cine

 

Ler máis...
 
Amarante e Verdegaia botan peche ao ciclo de cine "Coñecer para Cambiar" PDF Imprimir Correo-e

O vindeiro xoves 11 de marzo as 20:30hs proxectarase a derradeira das películas do ciclo de cine que as dúas asociacións veñen organizando no local que comparten en Compostela.

Nesta ocasión, a película escollida é “La Dignidad de los Nadies” (Pino Solanas, 2005), un documental onde queda recollida a reacción popular ao corralito arxentino: comedores populares, piquetes, recuperación de fábricas, traballo solidario en hospitais públicos...

la-dignidad-05

 

 

Ler máis...
 
Charla informativa do Xanela Aberta ao Sur en Compostela PDF Imprimir Correo-e

O programa Xanela Aberta ao Sur que desenvolve a organización Amarante ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdades entre o Sur e o Norte Global.

As persoas que asisten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de participar nalgún dos grupos que nos meses de xullo e agosto viaxarán para coñecer os proxectos que se están a desenvolver en Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), en Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita Cushunchic) e en Marrocos coa Asociación Attawassoul.

Coa fin de difundir o programa Xanela Aberta ao Sur e as organizacións parceiras de Amarante, realizarase  unha charla informativa con participantes da última edición que viaxaron a Marrocos e Ecuador.

Acórdate:

MARTES 09 DE MARZO, 20:00hs. 

LOCAL DE AMARANTE COMPOSTELA (ROMERO DONALLO, 17)

AGÁRDAMOSTE PARA COMPARTIR AS EXPERIENCIAS E APRENDIZAXES CON ORGANIZACIÓNS DO SUR!!!

ENTRADA ABERTA, NON FAI FALTA CONFIRMA ASISTENCIA.

 
Comenza o ciclo de cinema "Coñecer para cambiar" de Amarante e Verdegaia PDF Imprimir Correo-e
O próximo xoves día 21 de xaneiro as 20:30hs empeza o ciclo de cinema organizado polos grupos locais de Amarante e Verdegaia en Compostela coa exhibición do documental "Grandes superficies" (María González, Pedro Ramiro, Pablo Buchó e Isidro Jiménez, 2006).O documental - producido por Ecologistas en Acción- aborda a través dun caleidoscópio de imaxes, entrevistas e testemuños o papel da publicidade no sistema actual de sobreproducción e sobreconsumo.

Cartaz_Ciclo_de_Cine_Coecer_para_Cambiar

Ler máis...
 
Xa temos gañador da cesta de Nadal!!! PDF Imprimir Correo-e

A campaña de Nadal de Compostela pechóuse o día 5 de xaneiro cunha degustación na rúa durante toda a maña, mentres que as 13:00hs tivo lugar o sorteo da cesta de produtos de comercio xusto e ecolóxicos.

O número sorteado - por unha transeunte de modo a garantir a transparencia do procemento- foi o 00089. O gañador xa pasóuse polo local o últiomo venres para recoller o seu premio. Felicidades!!!

Destacar que facemos un balance positivo da Campaña de Nadal, tanto polo volume de vendas, como pola organización e realización de diferentes actividades de sensibilización como proxeccións, obradoiros e degustacións, nas cales o grupo local de activitas estivo fortemente implicado.

Esperamos que ao longo do 2010 poidamos seguir consolidando a participación activa do grupo en distintas accións e iniciativas, ademais de acadar a incorporación de novas persoas que desexen formar parte do proxecto de Amarante.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2