O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia |



| Que é o Centro Alternativo e de recursos para á Solidariedade? |
|
|
|
|
O Centro Alternativo e de recursos para á Solidariedade da ONG AMARANTE, fundaméntase na necesidade de facilitar un punto de conexión das diferentes publicacións e actividades do campo da Solidariedade e do Consumo Responsable. Na actualidade practicamente tódalas ONG’S de desenvolvemento teñen publicados materiais diversos para traballo en educación para o desenvolvemento, ou de reflexión das diferentes problemáticas e alternativas que se presentan ante as complexidades que a realidade Norte-Sur nos presenta. Nembargantes cando unha persoa (ensinante, educador, traballador social, pai ou nai, ....) desexa achegarse a estes materiais ou afondar nas temáticas propias das ONG’S, atopase coa dificultade de que debe dirixirse a cada unha delas para solicitar información ou materiais que podan facilitarlle o seu traballo ou solventar interrogantes diversos ou contrastar informacións recibidas nos medios de comunicación. Con este centro de recursos para a solidariedade pretendese dar resposta a esta necesidade e ofrecer un servicio áxil e práctico tanto para aquelas persoas que queren achegarse por primeira vez a este mundo, como para aquelas persoas que xa teñen dado pasos e desexan afondar ou ser transmisores dos valores que diversas campañas lle foron facendo cegar. Por outra banda, o Centro Alternativo trata de ser, xa o é dalgún xeito, un elemento dinamizador de campañas e actividades de sensibilización nas áreas do Desenvolvemento Sustentable –Ecodesenvolvemento- e do Consumo Responsable, en particular no campo do Comercio Xusto xuntando a iniciativa de concienciación coa de comercialización. Trala experiencia de asentamento en Pontevedra có traslado no ano 2003 a un novo local de 180 metros cadrados onde existen dous espacios ben diferenciados: Documentación e Actividades, este ano quere ampliarse o campo de localización e ábreuse un novo local como Centro de Recursos para á Solidariedade, sito en Santiago de Compostela que conta con 90 metros cadrados no ano 2.004. Fondo Documental Audiovisuais Música e lectura. Pódese consultar en calqueira dos centros de recursos de Amarante Fondo Documental. Exposicións. Amarante conta cun importante fondo de exposicións sobre tematica internacionalista e de consumo responsable que podedes solicitar no telefono 886111327 ou escribindo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Para poder ver as súas fichas tecnicas preme a continuación:
CENTROS DE RECURSOS AMARANTE O CENTRO ALTERNATIVO DE AMARANTE é un espacio aberto posto en marcha por AMARANTE co fin de informar sobre diversos aspectos relacionados coa solidariedade, á vez de ser unha tenda de COMERCIO XUSTO. O CENTRO ALTERNATIVO en COMPOSTELA conta con varios espacios integrados:Tenda de Comercio Xusto, Sala de exposicións e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local. O CENTRO ALTERNATIVO en OURENSE conta con varios espacios integrados: Tenda de Comercio Xusto,Sala de conferencias, Sala de exposicións e proxeccións, e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local. O CENTRO ALTERNATIVO en PONTEVEDRA conta con varios espacios integrados: Tenda de Comercio Xusto, Sala de conferencias, Sala de exposicións e proxeccións e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local. O CENTRO ALTERNATIVO en VIGO conta con varios espacios integrados:Tenda de Comercio Xusto, Sala de conferencias, Sala de exposicións e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local. |