Amarante ven de sacar unha liña de café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante. |



| Asociación de Mulleres Attawassoul. Marrocos |
|
|
|
|
Tanxer é, xunto con Casablanca, os dous principais focos de producción do téxtil no norte de África e un dos principais centros de producción para as multinacionais do norte no seu proceso de deslocalización. As mellores condicións socio-laborais de Marrocos, así como a facilidade, froito da falla de liberdades políticas e de corrupción administrativa, teñen xogado a favor de que esta cidade norafricana hoxe sexa receptora de mano de obra feminina do rural marroquí ata o punto que hoxe calculase que na cidade, construída en barrios marxinais polos propios traballadores, hoxe viven perto de un millóns de persoas. Calculase que son 50.000 as persoas que nos talleres, legais e clandestin os, traballan no téxtil. A maioría dese volume son mulleres ( ata un 80% ). Ao inicios dos anos 90 houbo unha persecución do traballo sindical producíndose despidos en masa. Esto significou un duro golpe aos dereitos das traballadoras, impedindo na practica calquera actividade sindical. No ano 2.000 a raíz da participación dun grupo de mulleres no encontro en Barcelona da Campaña Roupa Limpa, plantexouse a necesidade de articular a defensa dos dereitos das traballadoras arredor do asociacionismo e moi ligado a presión que exercen os consumidores. É así como nace no ano 2.003 a asociación de mulleres ATTAWASSOUL, que desde ese momento tense definido como un grupo de apoio as mulleres obreiras. O obxectivo principal de ATTAWASSOUL é un traballo de acompañamento e apoio ás mulleres ,que na súa maioría veñen do rural en busca de novas condicións de vida e son desconsideradas social e familiarmente. Sen poder na toma de decisións familiares, con violencia na rúa e institucional – ao que se veu a engadir a presión dos sectores do islamismo fundamentalista - son nembargantes o único soporte economizo das familias nunha poboación onde o home esta no paro. Dentro das actividades de ATTAWASSOUL tres son as fundamentais: 1. Defensa das condicións laborais das traballadoras. A asociación colabora coa Campaña Roupa Limpa na denuncia das condicións laborais das traballadoras do téxtil. Cabe recordar que o informe sobre a producción en Tanxer no que o traballo de recollida de información o fixo a asociación ATTAWASSOUL observaba que se estaba a traballar para as multinacionais na seguintes condicións:
2. Traballo de Alfabetización. Existe entre a poboación feminina de Tanxer un analfabetismo que chega ao 70%. A asociación fai un traballo de alfabetización necesario. 3. Traballo de lecer e formación. As posibilidades de lecer e crecemento persoal son, entre as mulleres de Tanxer, nulas. O ocio esta pensado para os homes e as mulleres están excluídas del. E por elo que a asociación centrase tamén en buscar posibilidades de lecer ( saídas culturais os festivos ) e iniciativas de formación ( obradoiros con garderías ). |