Amarante ven de sacar unha liña de café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante. |



| Finanzas Éticas |
|
|
|
|
Un dos obxectivos prioritarios desta campaña é denunciar o impacto das inversións de diferentes bancos. Para esto elixiuse a BBVA e Santander como exemplo representativo da banca española. O primeiro paso foi encargar unha investigación a SOMO (Centro de Investigacións sobre Empresas Multinacionais). Os resultados foron dous informes que puxeron de manifesto a vulneración dos dereitos humanos e o impacto negativo sobre o medio ambiente na maioría das inversións de estas dúas transnacionais en América Latina. En Galicia un grupo de traballo formado por máis de dez entidades, entre as que se atopa Amarante que ten como obxectivo impulsar unha entidade de Banca Ética de base cooperativa. Dous son os proxectos complementarios a ese respecto Coop57 e Fiare. Tamen apoiamos iniciativas de Banca Ética como a de Triodos Bank coa que temos impulsado, xunto con outras organizacións a Conta Xusta. |