AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| Resposabilidade Social Corporativa |
|
|
|
|
As políticas de Responsabilidade Corporativa das empresas son elementos de capital social que algunhas empresas están a incorporar ainda que a maioría segue a estar moi lonxe das mesmas ou cando se incorpora o fai pensando só en termos de “marqueting social”. Por iso é moi importante o papel das consumidoras na súa implicación en campañas de presión e denuncia. A Campaña Roupa Limpa é unha campaña internacional enmarcada dentro da “CLEAN CLOTHES CAMPAIGN” que opera en 9 países de Europa. A Campaña Roupa Limpa no Estado Español está coordinada por SETEM e apoiada por máis de 70 organizacións de desenvolvemento, sociais, sindicais e de consumidores. Esta Campaña que coordina Amarante en Galicia ten como obxectivo principal, promover o comercio baseado no respecto á persoa e oponse a aquel que explota a millóns de traballadores/as especialmente a miles de mulleres as máis marxinadas do sector téxtil. É polo tanto o altavoz das reivindicacións das persoas que confeccionan a nosa roupa. A Campaña Roupa Limpa, a partir do exame do sector téxtil mundial, quere pór de relevo os prexuízos que a actual orde económica internacional ten sobre os países e as poboacións máis empobrecidas no Sur e no Norte. Durante o seus cinco anos de funcionamento as accións foron orientadas principalmente a informar e sensibilizar, na actualidade, agora pretendese dar un paso máis cara a denuncia e aportación de propostas de mellora da inxusta situación na que viven os traballadores e traballadoras do sector téxtil no mundo. No Sur o obxectivo é mellorar as condicións laborais e salariais, así como defender os dereitos humanos fundamentais no respecto as persoas. No Norte, pretende fomentar o consumo responsable entre os cidadáns informando e sensibilizando sobre as condicións en que se fabricaron os productos que mercamos . Os seus obxectivos son:
En resume, sensibilizar a consumidores e empresarios sobre a responsabilidade social que temos todos na compra ou producción de prendas de roupa e animar ós consumidores a esixir ás empresas transparencia e responsabilidade social. AMARANTE conta con accións das empresas galegas INDITEX e ADOLFO DOMINGUEZ e cada ano durante a Xunta de accionistas das compañias intervimos para comprobar os avances en RSC e denunciar as situacións que estan pendentes. |