AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| Onde atopar produtos de Comercio Xusto |
|
|
|
|
O Comercio Xusto é unha actividade comercial baseada nunha relación directa e de respecto mutuo, na que produtoras e consumidoras obteñen a garantía de producción baseada no respecto ós dereitos humanos e no desenvolvemento autosostible Amarante aposta polo Comercio Xusto como unha actividade estable e permanente durante todo ano porque cando falamos de Comercio Xusto estamos a falar dun movemento solidario e económico amplo que busca non só reducir a miseria dos países empobrecidos por medio da axuda senón que persegue analizar en profundidade as causas estructurais desta pobreza e máis aló asentar unha alternativa económica estable e viable ó actual marco económico chamado de "libre mercado", pero que no fondo configurase como un mercado oligopolio controlado por grandes distribuidoras de comercialización, ligadas a sectores financeiros importantes. Estabilidade necesaria porque o Comercio Xusto é unha alternativa precisa para o cambio do modelo desigual do comercio a nivel internacional, que dicta as súas regras na OMC. Porque só dende a estabilidade pódese atender ás necesidades diarias das pequenas produtoras do Sur, que lles permita planificar as súas estratexias comerciais a longo prazo rompendo a dependencia das grandes multinacionais que fixan os prezos, podendo así rachar o círculo da pobreza. O Comercio Xusto é unha actividade comercial entre as produtoras do Sur e as Consumidoras do Norte nun marco de relacións xustas. Cumple os seguintes criterios:
DISTRIBUIDORA E TENDAS DE AMARANTE AMARANTE, conta con cinco puntos de venta directos en Galicia. As Tendas de Comercio Xusto de Compostela, Ourense, Pontevedra, Ribadeo e Vigo. AMARANTE centraliza desde a súa sede en Pontevedra a distribucción de produtos importados por Amarante desde os paises do Sur. AMARANTE Compostela: Avenida Romero Donallo, 17. 15706 Compostela AMARANTE Ourense: Avenida da Habana, 64. 32003 Ourense AMARANTE Pontevedra: Praza da Verdura, 4. 36002 Pontevedra AMARANTE Vigo: Avenida das Camelias, 114. 36211 Vigo AMARANTE A Mariña: Praza de España, 29. 27700 Ribadeo Amarante impulsou os primeiros pasos para o impulso da primeira distribuidora galega de Comercio Xusto. Un fito fundamental foi a importación do azucre Panela que se converte no primeiro produto de Comercio Xusto etiquetado en galego. Distribuimos produtos importados directamente desde as cooperativas e organizacións do Sur: Azucre Panela (Maquita- Ecuador), Marmeladas (Maquita - Ecuador), Contacontos (Vedruna -Filipinas) e material dos Sem Terra (MST - Brasil). Os acordos de comercialización coa tostadora catalana Civit permitenos a distribución dos mellores cafés - Gourmet 100% arabica de Colombia, Medium Arabiga de Colombia e Robusta de Tanzania, e o Descafeinado de Colombia - . Asemade a empresa Rampe estucha para Amarante sobre de azucre de cana integral especia para hostalería. Tamén distribuimos Camisetas de Amarante (Braak Aarong - Bangladesh) e diversos materiais editoriais publicados por Amarante ( Libro de receitas solidarias, Guia do Consumo Responsable, Anuario sobre Comercio Xusto ) A construcción dun modelo galego de Comercio Xusto necesita de mecanismos para achegar os produtos directos a Galicia e o que é máis importante, crear unha maior relación entre as produtoras do Sur e a cidadanía galega. PARA CONSULTAR PREZOS OU FACER PEDIDOS PÓÑASE EN CONTACTO CON NOS NO MAIL: cxusto(a)amaranteong.org. OU NO TELÉFONO 986848159. TAMÉN PODE MERCAR DIRECTAMENTE A TRAVÉS DA TENDA ELECTRÓNICA . IMPORTANTE: Se vostede tén unha tenda, é hosteleiro ou representa algunha organización, institución, centro educativo ou empresa ten PRECIOS ESPECIAIS PARA MAIORISTA: Descarge a Folla de pedidos e enviea a cxusto(a)amaranteong.org
CONVENIOS E ACORDOS DE IMPULSO DO COMERCIO XUSTO AMARANTE ten asinado convenios e/ou acordos para o impulso do Comercio Xusto en Galicia coas seguintes institucións e empresas - ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
- ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL
Outros concellos que colaboran con iniciativas de sensibilización e comercialización de comercio xusto: Ames, A Estrada, Baiona, Barro, Boiro, Caldas, Cangas, Ferrol, Marin, Melide, Nigran, Ourense, O Porriño, Pontevedra, Redondela e Ribadeo. - ENTIDADES
- EMPRESAS DE VENDING
- MAQUINAS DE BEBIDAS QUENTES CON COMERCIO XUSTO
Podes atopar produtos de Comercio Xusto nesta lista de clientes de AMARANTE.
Arbore. Coop. Consumo Consciente. Arquitecto Bellas, 5. Vigo A Gradicela. Coop. Consumo Responsable. Pontevedra Semente. Asociación Consumo Responsable. Ourense
Ecotenda Eco Sabor. Pasanteria, 9. Pontevedra Froitas Fina. Martinez Abellanosa, 25. O Carballiño Hortasan. Labregos/as do Ulla. Praza Abastos. Pontevedra Nutrizzia. Fragata lealtad, 10. Moaña Sabores de Crianza. Gregorio Espiño, 25. Vigo
Libros para Soñar. Librairía. Triunfo, 1. Vigo Malleira. Librairía. Bedoya, 20. Ourense O Sarillo. Alexandre Boveda. Allariz
A Esmorga. Rúa Telleira, 9. Ourense Andosan. Facultade de Filoloxía. CUVI. Universidade de Vigo Aturuxo. Pazos Fontela, 59. Bueu Camarú Pub. Teucro. Pontevedra Casa Rural A Rega. Chancelas. Poio Catering Mercedes Morigosa. Compostela Confiteria La Esquina: Praza de España, 7. Hotel Lago. Caleiro. Vilanova de Arousa O Ramis. Ancleu-Ramis. Pontecaldelas O Fogar do Santiso. Traselas. Luou s/n. Teo. www.fogardosantiso.es Os Maristas. Praza da Verdura, 5 . Pontevedra Puente Peregrino. Camiño de Santiago, 153. Trabadelas. Bierzo Roi Xordo. Praza dos Mesóns, 3. Allariz
CDR O Viso. Lodoselo. Sarreaux. ( con punto de venda de Comercio Xusto no CIX de Xinxo de Limia ) CEIDA Educación Medioambiental. Oleiros Cidadanía Redes Sociais. Compostela Cooperactiva Cultural. Compostela Dimensiona Consultora Tecnologica. Compostela ECOAGA s.l. Ordes E.T.L. Campa s.l. A Coruña E.T.L. Paspallas. Pontevedra Migallas Teatro. Pontevedra Signo.Enxeñeria do territorio. Ames
Fundación Gomez Franqueira. Ourense Perruqueria Hair Service. Dario Duran, 18. Vigo Somosmagenta s.l. Poligono da granxa. O Porriño
Amigos da Terra. Ourense Asociación Adenco. Ponteareas Asociación Arela. Compostela Asociación Cultural Algaravia. Ourense Asociación Gastronomica a Troita Armada. Compostela Asociación Xuvenil Abertal. Vigo Coordinadora Galega de ONGDs. Compostela Fundación Emaus. Vigo Scouts de Galicia. Compostela Sindicato Labrego Galego. Compostela Xuventude Comunistas de Galicia. Compostela Verdegaia. Compostela
O Comercio Xusto en Galicia esta a ter un importante crecemento nos últimos tempos. Este impulso ven ligado a asentamento de proxectos de consumidoras responsables que fan unha aposta pola produción local bio e as pequenas producións, conxugando a soberanía alimentar e o comercio: A Cova da Terra. ( con tenda ao público ). Noreas, 12. Lugo Arbore. ( con tenda ao público ). Arquitecto Bellas, 5. Vigo A Xoaniña. ( con tenda ao público ). Venezuela, 78. Ferrol A Gradicela. Pontevedra Eirado. Compostela Semente. Grupo de Consumo. Ourense Zocamiñoca. A Coruña
O Comercio Xusto en Portugal esta a dar os primeiros pasos con forza. Na cidade de Amarante abriuse a primeira tenda de Comercio Xusto e hoxe acolle a primeira distribuidora portuguesa. Tendas de Comercio Xusto do norte de Portugal: EQUAÇAO COMERCIO XUSTO: Tamega Park. AMARANTE Tamen podese atopar tendas de Comercio Xusto en Porto e Lisboa. |