Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Que é Xanela aberta ao Sur? PDF Imprimir Correo-e
Xanela Aberta ao Sur é un programa de formación e sensibilización co que se pretende achegar a realidade de pobos do Sur á nosa sociedade, ben coa participación nas xornadas formativas ou ben coa organización dunha viaxe grupal para coñecer o traballo dunha organización local en tres países: Brasil, Ecuador e Marrocos. Este proceso, a través de diferentes actividades, trata de cuestionar as nosas crenzas e valores e contribuír a derribar moitos dos estereotipos e prexuízos das relacións entre o Norte e o Sur. NON é un programa de lecer solidario; NON é un programa de turismo sustentable; e, por suposto, NON é un programa de cooperación.

Cal é o obxectivo de Xanela Aberta ao Sur?

O obxectivo é ‘acompañar’ ás persoas participantes para compoñer grupos de traballo que completarán a súa formación cunha viaxe na que, por espazo dun mes, visitarán organizacións coas que AMARANTE-Setem mantén un traballo de colaboración. Pese a que o obxectivo é coñecer ‘in situ’ o traballo dunha parcería, pódese participar nas actividades de formación aínda que non se teña pensado facer a viaxe

Que fases ten o programa?

Son tres as fases. FORMACIÓN antes da viaxe (febreiro a xuño), PARTICIPACIÓN durante a viaxe (xullo ou agosto) e AVALIACIÓN e SENSIBILIZACIÓN trala convivencia coas organizacións do Sur (setembro a novembro).

Formación:

27 de MARZO SANTIAGO

27 de MARZO SANTIAGO

17 e 18 ABRIL (convivencia e formación) RIANXO

22 de MAIO SANTIAGO

29 de MAIO SANTIAGO

Avaliación

11 de SETEMBRO SANTIAGO

Cales son as organizacións de destino?

Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST)_Brasil saber máis

Ten nos seus principios tres grandes obxectivos polos que loita: o reparto igualitario da terra, a reforma agraria e a transformación social

Maquita Cushunchic-Comercializando como Hermanos (MCCH)_Ecuador saber máis

As liñas de acción da Fundación MCCH agrúpanse en catro áreas: proxectos de desenvolvemento social, programas de capacitación, programas de influencia social e empresas de economía social.

Asociación Attawassoul_Marrocos saber máis

O traballo da organización é a defensa das condicións laborais das traballadoras, o impulso de actividades de alfabetización de mulleres e implusar traballo de lecer e formación.

Cales son as datas das viaxes?

É condición que as viaxes teñan lugar os meses de xullo e agosto, salvo a Marrocos que será en xullo por causas de organización da parcería, Asociación de Mulleres Attawassoul. Son as persoas que forman os grupos as encargadas de consensuar a data que lles convén mellor.

Cal é o custe das viaxes?

AMARANTE Setem non asume ningún custe senón que son as propias persoas que viaxan as que organizarán en grupo a súa viaxe. Corren pola súa conta os gastos do billete de avión, transporte e estancia no país de acollida e calquera outro gasto derivado da viaxe. Ademáis, AMARANTE Setem xestionará un seguro de viaxe que correrá pola conta de cada persoa que viaxe.

Que teño que facer para participar?

Ter ganas de participar e aprender. Poderás formar parte do grupo sempre que sexas maior de 18 anos e fagas a inscrición de praza. Para facer a viaxe é necesario completar todo o proceso de formación; é dicir, asistir ás cinco xornadas de formación e, na medida das túas inquedanzas, intervir na aprendizaxe. Por outra banda, a Comisión de Traballo do Xanela pode decidir sobre a conveniencia ou non de que algunha persoa participe nas xornadas ou faga a viaxe tras completar a formación. Nese caso, a persoa(ou persoas) terá(terán) o dereito a coñecer a xustificación da decisión tomada.

Cando e como me podo inscribir?

Abrirase o prazo de inscrición o 22 de febreiro e pecharase o 25 de marzo de 2010. Podes formalizar a reserva enviando un correo electrónico cos datos persoais ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou ben chamando ao 886 111 327.

As xornadas de formación, teñen algún custe?

VINTE euros (20€) para as persoas que traballan e DEZ euros (10€) para aquelas que estudan ou que se atopan en situación de desemprego. O pago realizarase unha vez se formalice a inscrición segundo as canles nomeadas anteriormente.

Aínda non teño claro algunhas dúbidas, como podo resolvelas?

Podes chamar ao 886 111 327, escribir un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou ben achegarte por algún dos locais AMARANTE Setem.