Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Amarante aborda unha nova etapa co seu IIº plano estratéxico PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Venres, 05 Febreiro 2010 19:21

principiosO sábado 6 de febreiro Pontevedra acolleu a súa XVI Asemblea Nacional de AMARANTE que ademais de facer un balance do exercicio 2009 e de aprobar as liñas de traballo para este ano 2010, tivo un caracter extraordinario pois serviu para aprobar o seu segundo Plano Estratéxico 2010-2014 que servirá de folla de ruta da organización nos próximos anos.

O debate do plano estratéxico iniciouse en outubro de 2008 coa análise do plano estratéxico anterior, e durante todo o 2009 amarante ten tido varias xuntanzas onde ademais de actualizar o seu Ideario e Misión, teñen servido para ir traballando nas liñas que se aprobaron.

Durante o pasado mes de xaneiro os cinco grupos comarcais cos que conta na actualidade Amarante – Compostela, Ourense, Pontevedra, Vigo e A Mariña Luguesa – reuníronse para o debate do mesmo e aprobaron para debater na asemblea 102 emendas  ao documento orixinario.  Plano Estratéxico

A Asemblea Nacional tamén renovou a directiva nacional que cambia, segundo a unica candidatura presentada, nun 40% dos seus membros. Entre os cambios máis significativo esta o cambio da presidenta, do vicepresidente e do administrador da asociación. ver no directorio

Mantense a paridade nun organo que se lle quere dar máis contido de debate político e de reflexión e aos que se incorporarán posteriomente as coordinadoras comarcais da organización.

A asemblea de AMARANTE, que se celebrou desde as 11,00 horas ata pasadas ás 21,00 horas, tivo un debate alto e participativo onde se aprobaron 3/4 das emendas que se presentaran nas localidades.

Entre os elementos centrais do novo plano estratéxico cabe destacar a aposta por unha organización máis participativa dandolle máis iniciativas aos grupos comarcais que estarán representados na directiva nacional pola súa persoa coordinadora. Tamén se pretende dar maior importancia á formación interna  e a comunicación - sobre todo a das novas tecnoloxías - por eso as persoas responsables destas areas estarán na Executiva Nacional xunto coas responsables das areas de educación, cooperación e comercio xusto.

O campo de educación que pasa a ser de educación e sensibilización terá unha liña nova de traballo na formación externa e nun novo programa sobre consumo responsable que axude a madurar novos elementos como o decrecemento, a soberanía alimentar, etc.

A area de cooperación que a partir de agora chamase cooperación para a solidariedade cos pobos perdera o seu caracter proxectista para desenvolver toda unha liña de traballo de solidariedade con outros pobos e tamén con sectores vulnerables pola globalización capitalista coma as persoas migrantes.

Por último, o comercio xusto vai ter nesta etapa unha aposta decidida pola distribuidora e por tendas que se renoven baixo criterios de soberanía alimentar e que sexan autosostibles.

Nese senso a autofinanciación e a calidade dos programas, xunto co activismo van ser os elementos que marquen esta nova etapa de Amarante.

Nese senso, AMARANTE que iniciou a súa andadura hai 10 anos en Pontevedra, ten tido xa numerosos problemas en diversas ocasión para a concesión de locais ou prazas onde realizar os seus actos e cre necesario que os locais públicos estean ao servizo da sociedade civil e non se vaian cedendo a institucións que ao final non fan uso dos mesmos.

LAST_UPDATED2