O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia |



| A Campaña Quien Debe a Quien? solidarizase con Haití e esixe a cancelación da Debeda Externa |
|
|
|
| Escrito por Amarante |
| Domingo, 17 Xaneiro 2010 22:04 |
|
A campaña ¿Quién debe a Quién? unese ao chamado mundial por unha resposta As organizacións e persoas que formamos a campaña pola anulación da debeda ¿Quién debe a Quién?[i] queremos expresar o noso apoio e solidariedade co pobo de Haití, e acompañalo nestes momentos de enorme sufrimento. Sumámonos ao chamamento internacional para que os pobos e os gobernos do todo o mundo respondan con urxencia, persistencia e solidariedade, ante o terrible terremoto que sacudiu a vida dese digno e valente pobo, afectando directamente a unha terceira parte da poboación - tres millóns de persoas - e sumando unha destrución de inimaxinables proporcións ao que xa era, para a inmensa maioría, unha situación de tremenda precarización coa violación cotiá dos seus dereitos humanos máis elementais. O grao de destrución que alcanzou o terremoto do pasado martes en Haití é froito en boa medida da situación de empobrecimiento que vén sufrindo desde hai décadas o pobo haitiano. Os impactos da dominación imposta por medio da débeda externa, o libre comercio, a imposición dun modelo agrícola industrial e exportador, o saqueo da súa natureza e a invasión de intereses transnacionales, agravaron sen dúbida a vulnerabilidade do país ante os desastres naturais. Tal e como denuncia a rede Xubileo Sur, que nos últimos anos liderou unha campaña de denuncia da ocupación militar por parte das tropas da ONU e pola cancelación da débeda de Haití, “a condición de vulnerabilidade do país ás traxedias naturais” -provocada en gran medida pola devastación do medio ambiente, pola inexistencia de infraestrutura básica, polo enfraquecemento da capacidade de acción do estado- non está desconectada desas accións [pago da débeda externa, libre comercio, supeditación aos intereses transnacionales e ocupación militar], que atentaron historicamente contra a soberanía do pobo.Desde Quen debe a Quen? consideramos que é a nosa responsabilidade, como parte da comunidade internacional, actuar de forma contundente para que o pobo de Haití poida reconstruír o seu país e poida forxar un futuro libre da explotación e dominación que sufriu até agora. Neste sentido, a resposta en forma de axuda humanitaria debe ser xenerosa e inmediata, pero tamén de calidade. Así, os recursos destinados á axuda de emerxencia e a reconstrución deben ser desligados dos intereses comerciais dos doantes, que non xeren novo endebedamento (en forma de doazóns en lugar de créditos), e libres de calquera condicionalidad. Á vez chamamos aos países e institucións financeiras a cancelar de forma inmediata e incondicional a ilexítima débeda externa que Haití segue pagando até hoxe, a pesar de ser o país máis empobrecido de América Latina. Ditas accións deberían ser asumidas como propias de forma inmediata polo Goberno español. Así, este debería comprometerse a non utilizar instrumentos como os créditos FAD na axuda de emerxencia e para a reconstrución de Haití, e comprometer no seu lugar doazóns libres de intereses comerciais e económicos. Demandamos tamén ao Goberno español a cancelación inmediata e sen condicións dos preto de 30 millóns de euros de débeda externa que Haití debe ao Estado español[ii]. Esta cifra supón 10 veces a achega da cooperación española anunciada hoxe pola Vicepresidenta do Goberno para axuda de emerxencia a Haití. Así mesmo instamos o Goberno español a que apreme ao Banco Interamericano de Desenvolvemento e ao Fondo Monetario Internacional, principais acredores de Haití e de cuxos órganos de decisión forma parte o goberno, así como ao resto de gobernos da Unión Europea e do mundo, para que procedan tamén cunha cancelación total, inmediata e incondicional da débeda externa de Haití, así como con axuda de emerxencia e reconstrución substancial, incondicional e non reembolsable. Neste sentido non creemos que o crédito de 100 millóns de dólares que o FMI planea ofrecer a Haití dentro do seu Programa de Redución da Pobreza e Crecemento sexa a mellor forma de axudar á reconstrución en Haití.Finalmente, a campaña Quen debe a Quen? adhírese ao chamamento de Xubileo Sur para reparar a Haití pola inxustiza estrutural que sufriu, que agrava as consecuencias do terremoto. Convidamos a difundir amplamente o manifesto “Solidaridad y respeto a la Soberanía Popular: Haití nos Llama” (http://www.quiendebeaquien.org/spip.php?article1698) |
| LAST_UPDATED2 |