O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia |



| A Campaña Roupa Limpa esixe ao goberno de Bangladesh medidas tras un novo incendio nunha fabrica |
|
|
|
| Escrito por Amarante |
| Venres, 19 Marzo 2010 22:24 |
|
OS SOBREVIVINTES DO INCENDIO DA FÁBRICA TÉXTIL DE BANGLADESH “GARIB&GARIB”, QUE PRODUCÍA PARA H&M, RECLAMAN XUSTIZA E SEGURIDADE NA INDUSTRIA DA ROUPA. Tras o tráxico incen O xoves 25 de febreiro, morrían 21 persoas en Bangladesh atrapadas no interior da fábrica en chamas na que traballaban. Estaban a rematar uns pedidos de coñecidas multinacionais de roupa, como H&M e Terranova. Era o segundo incendio en 6 meses da fábrica “Garib & Garib Sweater Factory” en Gazipur, Bangladesh. Non se trata dun incidente illado. Únese a unha lista de incendios fatais similares da historia recente da industria de roupa de Bangladesh que sede o ano 2000 xa se cobrou 230 vítimas mortais.A Campaña Roupa Limpa esixe medidas inmediatas e transparentes para garantir que todas as vítimas reciben apoio médico e unha indemnización xusta non só agora senón tamén a longo prazo. Debe haber unha investigación imparcial que conduza á persecución criminal das persoas cuxas accións ou neglixencia contribúan a este desastre. Por último débense tomar as medidas oportunas para evitar que desastres como este volvan ocorrer no futuro, incluída a revisión da actual normativa de saúde e de seguridade da industria de roupa de Bangladesh. Para todo isto ademais de mellorar as condicións de seguridade nas fabricar é central facilitar a participación dos traballadores e as traballadoras na vixilancia dos estándares de saúde e seguridade. Isto só pode facerse traballando directamente coas organizacións sindicais e apoiando o dereito das e os traballadores a organizarse nun sindicato. Se queres máis información ou asinar a carta ó goberno de Bangladesh entra na páxina da CAMPAÑA ROUPA LIMPA. www.ropalimpia.org |
| LAST_UPDATED2 |