O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia |



| Constitúese a Asociación Fiare-Galiza |
|
|
|
| Escrito por Amarante |
| Venres, 22 Xaneiro 2010 11:09 |
O pasado sábado 16 de xaneiro de 2010 tivo lugar a Asamblea Constituínte da Asociación Proxecto Fiare-Galiza, na que se aprobaron por unanimidade os Estatutos, traballados previamente polas 13 asociacións conformantes, entre as que está Amarante, e que levan xa case un ano traballando na difusión do proxecto e na elaboración de material e preparación da posta en marcha desta nova asociación. A nova etapa do Proxecto Fiare en Galiza traballará, a partir deste momento, para conseguir a implicación de novas asociacións e na elaboración dun plan de formación e outro de actuación, así como na definición dos obxectivos de captación de capital social dentro do país. Con esta nova Asociación en Galicia, o proxecto Fiare xa conta con representación en oito zonas do Estado e pretende ser unha alternativa real e viable á banca tradicional, rompendo os esquemas inxustos e seu modelo operacional a través da incorporación de medidas innovadoras e alternativas para a intermediación financieira e operacións bancarias, que dean lugar a unha banca ética nun futuro xa máis próximo. O Proxecto Fiare pretende a criación e consolidación dun sistema de banca ética de ámbito estatal que se constitúa en alternativa elixible pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financeiro, aliñándose con aquelas entidades que xa están traballando no ámbito da economía solidaria, co fin último de conseguir a transformación social. Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:
|
| LAST_UPDATED2 |