AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| O Concello de Boiro aproba a moción a prol da Compra Pública Responsable |
|
|
|
| Escrito por Amarante |
| Xoves, 21 Xaneiro 2010 01:19 |
|
O pasado 14 As administracións públicas son responsables do 16% das compras de bens e servizos en Galicia polo que a capacidade de incidencia na economía local da Administración é fundamental. Máis que nunca as inversións públicas deben comprometerse coas políticas ambientais (conservación e eficiencia), sociais (inserción e accesibilidade) e éticas (solidarias e de loita contra a exclusión e pola igualdade). A Administración galega non pode ser cómplice de empresas que non son socialmente responsables, contaminantes ou que non cumpren cos dereitos humanos. Por esta razón, Amarante e Verdegaia demandan un consumo responsable tamén na administración pública galega a través da campaña para a incorporación da Compra Pública Responsable en tódolos organismos públicos (Xunta, Deputacións e Concellos) na que velen e se apliquen criterios éticos, sociais e ambientais nas políticas de contratación. Ao Concello de Boiro tamén súmase o de Ribadeo, que aprobou a moción a finais do ano pasado, mentres que en outra veintena de concellos galegos a proposta presentada por Amarante e Verdegaia xa está sendo debatida polos grupos muncipais. |
| LAST_UPDATED2 |