O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
A Campaña Roupa Limpa esixe ao goberno de Bangladesh medidas tras un novo incendio nunha fabrica PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Venres, 19 Marzo 2010 22:24

OS SOBREVIVINTES DO INCENDIO DA FÁBRICA TÉXTIL DE BANGLADESH “GARIB&GARIB”, QUE PRODUCÍA PARA H&M, RECLAMAN XUSTIZA E SEGURIDADE NA INDUSTRIA DA ROUPA.

Tras o tráxico incenchinableu2dio da fábrica de roupa que causou a morte a 21 persoas (15 das cales eran mulleres) o 25 de febreiro pasado, os traballadores e as traballadoras esixen reformas inmediatas, unha investigación criminal e indemnizacións para as vítimas. Apoia as súas demandas escribindo ao Goberno de Bangladesh, ao propietario da fábrica e ás marcas de moda internacionais que producían alí as súas pezas.

O xoves 25 de febreiro, morrían 21 persoas en Bangladesh atrapadas no interior da fábrica  en chamas na que traballaban. Estaban a rematar uns pedidos de coñecidas multinacionais de roupa, como  H&M e Terranova. Era o segundo incendio en 6 meses da fábrica “Garib & Garib Sweater Factory” en Gazipur, Bangladesh.

Non se trata dun incidente illado. Únese a unha lista de incendios fatais similares da historia recente da industria de roupa de Bangladesh que sede o ano 2000 xa se cobrou 230 vítimas mortais.

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
Mobilicémonos para parar a destrución do territorio PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Venres, 19 Marzo 2010 22:05

mani_GNSV

LAST_UPDATED2
 
O 25 de Marzo remata a inscrición do Xanela Aberta ao Sur PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Martes, 23 Febreiro 2010 14:14

O programa Xanela Aberta ao Sur ten como obxectivo principalHorta_MST_BrasilBaixa sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdes entre o Sur e o Norte Global. Este será a 11ª edición do programa polo que xa levan pasado unhas 900 persoas, das que visitaron países do Sur case 200.

O programa desenvólvese en tres fases diferenciadas: FORMACIÓN, VIAXES E AVALIACIÓN-DIFUSIÓN. O primeiro paso do Xanela son as xornadas de formación que no decorrir do anos aumentaron de dúas sesións ás catro sesións actuais. Estas xornadas están adicadas ó traballo en grupo e ó achegamento teórico a conceptos relacionados coa cooperación e a solidariedade, como poden ser a Soberanía Alimentar, O comercio Xusto ou a denuncia das políticas económicas internacionais.

As persoas que asiten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de acceder a algún dos grupos que nos meses de verán viaxarán coas organizacións parceiras de Amarante. Os destinos visitados polas participantes do Xanela Aberta ao Sur son: Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita) e Marrocos coa Asociación Attawassoul. O obxectivo destas viaxes é poder compartir durante un mes a vida das persoas integrantes das organizacións e aprender de primeira man como se organizan e cales son as dificultades coas que se atopan.

 

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
Xornadas Galegas sobre Soberanía Alimentar PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Luns, 22 Febreiro 2010 18:31

Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Se queres coñecer as actividades das xornadas ou confirmar asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info  web da ISAP aquí

xornadas_e_feira_sa_isap

LAST_UPDATED2
 
Amarante aborda unha nova etapa co seu IIº plano estratéxico PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Venres, 05 Febreiro 2010 19:21

principiosO sábado 6 de febreiro Pontevedra acolleu a súa XVI Asemblea Nacional de AMARANTE que ademais de facer un balance do exercicio 2009 e de aprobar as liñas de traballo para este ano 2010, tivo un caracter extraordinario pois serviu para aprobar o seu segundo Plano Estratéxico 2010-2014 que servirá de folla de ruta da organización nos próximos anos.

O debate do plano estratéxico iniciouse en outubro de 2008 coa análise do plano estratéxico anterior, e durante todo o 2009 amarante ten tido varias xuntanzas onde ademais de actualizar o seu Ideario e Misión, teñen servido para ir traballando nas liñas que se aprobaron.

Durante o pasado mes de xaneiro os cinco grupos comarcais cos que conta na actualidade Amarante – Compostela, Ourense, Pontevedra, Vigo e A Mariña Luguesa – reuníronse para o debate do mesmo e aprobaron para debater na asemblea 102 emendas  ao documento orixinario.  Plano Estratéxico

A Asemblea Nacional tamén renovou a directiva nacional que cambia, segundo a unica candidatura presentada, nun 40% dos seus membros. Entre os cambios máis significativo esta o cambio da presidenta, do vicepresidente e do administrador da asociación. ver no directorio

Mantense a paridade nun organo que se lle quere dar máis contido de debate político e de reflexión e aos que se incorporarán posteriomente as coordinadoras comarcais da organización.

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 8