AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Amarante
Roupa Limpa en Europa impulsa a Campaña "Salarios Dignos en Asia" PDF Imprimir Correo-e

chinableu2

Inicia a nivel Europeo a Campaña “Salarios dignos en Asia” (Asia Floor Wage Campaign) onde activistas de 12 países europeos participarán en diferentes actividades esta semana para denunciar os baixos salarios que reciben os traballadores e as traballadoras que confeccionan a roupa que se vende nas grandes superficies. Con estas accións, que se realizarán en torno ao Día Internacional por un Traballo Decente (7 de outubro), a Campaña Roupa Limpa europea presiona cadeas de distribución como Carrefour, Tesco, Aldi ou Lidl para que tomen en consideración a proposta da "Asia Floor Wage Campaign".

“Empresas como Carrefour, Aldi ou Lidl non poden ignorar por máis tempo as condicións desesperadas que viven as traballadoras que confeccionan os seus produtos", afirma Jeroen Merk do Secretariado Internacional da Campaña Roupa Limpa.

Asia Floor Wage Campaign é unha proposta de ONG e sindicatos asiáticos que responde ás prácticas dunha industria na que a competencia entre mercados laborais precarios e inxustos mantivo os salarios a un nivel de miseria durante décadas. O salario medio dunha obreira da confección en Asia é duns 2 dólares por unha xornada oficial de 8 horas que se incumpre sistematicamente chegando a superar as 14 horas en momentos de puntas de traballo. Aínda que os prezos en Bangladesh, a India ou China, sexan máis baixos que en Europa ou Estados Unidos, organizacións e sindicatos calculan unha obreira bengalí debería cobrar uns 8 dólares diarios para equiparar a súa capacidade de compra á dunha obreira media da UE.

Ler máis...
 
O Foro da Inmigración mobilizase no día internacional das persoas migrantes PDF Imprimir Correo-e

O 18 de decembro conmemorase o día internacional das persoas migrantes nun contexto de forte recorte de dereitos das persoas inmigrantes no marco da UE.

Foro da Inmigración convoca unha acto lúdico- reivindicativo para ás 19,30 horas na praza de cervantes en Compostela.

No blog de soligariedade publicamos integro o manifesto do FI para esta data  preme aqui

Foro_da_INMIgracion._18.12.09

 
O Concello de Boiro aproba a moción a prol da Compra Pública Responsable PDF Imprimir Correo-e

O pasado 14CPR de xaneiro aprobóuse no pleno deste concello a Moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia.  Con esta acción, o Concello de Boiro comprométese a seguir criterios éticos, sociais e ambientais na súa política de contratación de bens e servizos.

A Compra Pública Responsable nas Administracións Públicas define a aplicación dun conxunto de parámetros sociais, ambientais e éticos na execución dos orzamentos públicos para a adquisición e para o consumo de bens e servizos por parte das distintas Administracións Públicas, sustentada fundamentalmente na Compra Pública Ética, na Compra e no Consumo Público Sustentábel e na Compra Pública Social. 

Ler máis...
 
O Acordo FLO-Eroski para unha liña de roupa de algodón de Comercio Xusto supón un fraude PDF Imprimir Correo-e

A  Asociación polo Selo de Comercio Xusto (FLO ) Bangladeshe  a empresa de distribución Eroski anunciaron recentemente o lanzamento dunha liña infantil de pezas de roupa baixo a marca “Cherokee” realizadas con algodón orgánico certificado co selo de Comercio Xusto. 

AMARANTE Setem amosa o seu malestar  pola concesión do selo e o acordo acadado, pois este non asegura que a peza de vestir que se merque estea fabricada en condicións de respecto aos dereitos humanos na produción e xenera confusión na persoa consumidora ó vencellar esta marca e a súa publicidade co comercio xusto cando solo ten certificado o seu algodón. 

Segundo o seu propio comunicado conxunto onde presentaron dita liña de roupa o Selo FAIRTRADE-Comercio xusto é “un sistema internacional de certificación, que garante ás persoas consumidoras, a adquisición de produtos que cumpren criterios sociais, económicos e ambientais”. 

Este produto non cumpre estas garantías xa que se descoñece como foi confeccionada e en qué condicións laborais estaban as persoas que a confeccionaron, polo que non se pode considerar produción de comercio xusto. 

Só se pode concibir roupa de comercio xusto  cando a produción, a costura, a ensamblaxe e  o planchado é xusto. Non estamos mercando unha materia prima – algodón, liño,… - senón un produto transformado.  Facelo doutro xeito ademais de ser unha vía de posible lavado de imaxe das empresas é publicidade enganosa e un fraude ás persoas consumidoras

Ler máis...
 
Constitúese a Asociación Fiare-Galiza PDF Imprimir Correo-e
O pasado sábado 16 de xaneiro de 2010 tivo lugar a Asamblea Constituínte da fiareGZ_Asamblea_ConstituinteAsociación Proxecto Fiare-Galiza, na que se aprobaron por unanimidade os Estatutos, traballados previamente polas 13 asociacións conformantes, entre as que está Amarante, e que levan xa case un ano traballando na difusión do proxecto e na elaboración de material e preparación da posta en marcha desta nova asociación.

A nova etapa do Proxecto Fiare en Galiza traballará, a partir deste momento, para conseguir a implicación de novas asociacións e na elaboración dun plan de formación e outro de actuación, así como na definición dos obxectivos de captación de capital social dentro do país. Con esta nova Asociación en Galicia, o proxecto Fiare xa conta con representación en oito zonas do Estado e pretende ser unha alternativa real e viable á banca tradicional, rompendo os esquemas inxustos e seu modelo operacional a través da incorporación de medidas innovadoras e alternativas para a intermediación financieira e operacións bancarias, que dean lugar a unha banca ética nun futuro xa máis próximo.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 8
enlazando2010

 

logo_cooperacion