Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Amarante apoia a loita do pobo hondureño para a restitución de Zelaya PDF Imprimir Correo-e

honduras

O pasado día 28 de Xuño producíase un golpe de estado en Honduras que provocaba a saída do presidente electo Zelaya do país e elevaba de xeito ilegal a Micheletti ó poder. Dende ese día foron moitos os acontecementos sucedidos: organización da Fronte Popular, ocupación das rúas polo pobo, fortes enfrontamentos entre os militares e o pobo organizado, declaración do estado de sitio, etc.

Tradicionalmente Honduras foi un país utilizado para intereses dos EEUU pola súa situación estratéxica, entre Guatemala, Nicaragua e El Salvador, países con grandes resistencias ó colonialismo. Esta utilización tamén serviu para conservar no poder durante décadas á oligarquía do país, que se aproveitou economicamente da situación e permitiu a entrada de grandes transnacioais que empobreceron cada día máis á poboación hondureña.

A chegada do presidente Zelaya e sobre todo a súa traxectoria nos últinmos tempos serviu para dar forza ó pobo e restarlla por tanto ás poucas familias que controlaban tantos os medios de comuniación como os de produción. A entrada de Honduras no ALBA, o traballo cara unha reforma agraria e por último a posibilidade dunha transformación da constitución fixo tremer de medo á oligarquía e provocou a decisión de tomar o poder de xeito fascista e polo tanto sen o apoio do pobo. A pesar dos cortes de luz, as baixadas de velocidade en internet e os cortes dos medios de comunicación as informacións da loita continúan a chegar. Son miles de persoas as que se están a mobilizar diariamente e que nestes momentos camiñan cara Tegucigalpa para recibir a Zelaya no seu regreso. Case unha semana despois todas as organizacións civís inernacionais e entidades como a OEA ou gobernos da UE e EEUU, teñen mostrado a súa postura en contra do golpe de estado e solicitado a restitución de Zelaya no posto que lle corresponde.

O sábado Zelaya regresará ó país, apoiado polas bases sociais e pola comunidade internacional, o que non asegua de todos os xeitos a súa seguridade nin a restitución do goberno libremente elexido polo pobo hondureño. É por esto que debemos seguir presionando ata asegurarnos de que os dereitos do pobo son respectados. Amarante expresa o seu apoio e esixe a restitución incondicional do presidente electo polo pobo hondureño.

 
enlazando2010

 

logo_cooperacion