Amarante ven de sacar unha liña de café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante. |



| O MST celebra o 5º aniversario da Escola Nacional Florestán Fernandes |
|
|
|
Dezenas de homens e mulheres passam por aqui e com suas palavras, seu trabalho, suas árvores plantadas participam dessa construção: esta é uma escola do povo, da classe trabalhadora de todo o mundo. E mais gente, muito mais gente está por vir: esta escola de terra e cimento apenas começou, tem que crescer, para dar conta de tamanho desafio. Seguir é apenas uma tarefa para quem nasceu sabendo que nunca deverá parar.(Extraído de http://www.mst.org.br/node/9035)Con estas palabras o MST pecha o artigo de celebración do 5º aniversario da apertura da Escola Florestán Fernándes. A Escola ubícase no estado de São Paulo a só unha hora de camiño da cidade financeira de América Latina. Saír da metrópole para ir parar a un gran complexo adicado á aprendizaxe no medio do campo é quizais unha das situacións máis impactantes que viven todos os anos as persoas que participan no Xanela e viaxan con Amarante a Brasil para coñecer o funcionamento e traballo do MST. Esta Escola destaca polo dinamismo pedagóxico que sempre conleva flexibilidade de pensamento. É un lugar de formación política para as persoas que conforman o movimento e para organizacións amigas de América Latina. É polo tanto un lugar donde xerar ferramentas de loita. O seu principio pedagóxico é a autoxestión que vai dende o coidado da terra, o traballo na horta, a limpeza das instalacións, a organización da biblioteca á programación das aulas e da metodoloxía que nelas se utilizará. Hai xa máis de cinco anos Amarante colaborou na construcción da Escola atendendo ó chamamento internacional que fixo o MST. Para poder dar conta dos diferentes edificios que conforman a Escola (habitacións, aulas, comedor, etc) era necesario recaudar fondos entre todas as persoas que por outro lado eran educandas potenciais do proxecto. Amarante fixo a súa aportación a través da recaudación de fondos con bonos solidarios, na que participou toda a base asociativa da organización. Hoxe queremos celebrar este 5º aniversario que ven a evidenciar a necesidade da formación nos movimentos sociais para dar resposta con feitos e palabras a un sistema que tenta roubar día a día liberdades e dereitos. |