Amarante ven de sacar unha liña de café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante. |



| Toma posesión en Honduras o candidato vencedor das eleccións ilexítimas |
|
|
|
Organizacións da sociedade civil denuncian a falta de liberdade e democracia no país caribeño.![]() As organizacións Amarante, Acsur Las Segovias, Coordinadora de Crentes Galegos e Galegas, Foro Galego de Inmigración, Fuco Buxán, Verdegaia e Wipala levamos uns meses xuntándonos e traballando para conseguir que a realidade do que está a acontecer en Honduras e en tantos outros países da zona non sexa esquecida. Durante os últimos meses do ano 2009 contamos coa presenza de dous sindicalistas: Erasto Reyes e Reyna Domínguez fixéronnos chegar os chamamentos de todas as persoas que queren opinar, que queren seguir a traballar porque a voz do pobo hondureño sexa escoitada e tida en conta nesta loita de poder dos intereses económicos que están a primar en Honduras. A forte represión por parte dos que se apropiaron de forma fraudulenta do goberno provoca que a violencia, o desemprego, a miseria, … sufridos pola maioría das persoas que loitan polos seus dereitos e pola democracia sexan habituais e non denunciadas. O que podemos constatar a través das noticias que recibimos é que o pobo está unido a pesares de que se están a ver afectados todos os dereitos laborais e humanos en xeral. Os e as sindicalistas e dirixentes do Frente Contra o Golpe de Estado en Honduras están sendo perseguidos, sufrindo asasinatos selectivos e continuas violacións dos dereitos fundamentais. Por todo isto e ante o silencio do que está tendo lugar e despois de seis meses de loita organizada e pacífica (desde o 28 de xuño de 2009 non cesa), volvemos solicitar o apoio aos gobernos, neste caso concreto ao galego para que non recoñeza un goberno non aceptado por boa parte da comunidade internacional nin polo pobo hondureño. A pesar da celebración das eleccións seguimos recibindo novas de represión e de asasinatos que se producen cun claro interese de control da poboación civil, o que ven a demostrar que se continúa vivindo baixo tensións e abusos de poder. A desaparición do caso de Honduras dos medios de comunicación fai que calquera acción contra os Dereitos Humanos que se produza quede silenciada ante a opinión pública. O día 27 de Xaneiro celébrase a toma de posesión do candidato vencedor nas eleccións ilexítimas do pasado ano, Porfirio Lobo. Esta toma de posesión dará lexitimidade a un goberno que foi elexido baixo coaccións, nun ambiente de violencia e falta de dereitos civís. Tendo isto en conta é moi importante que todas as institucións tanto galegas, como do Estado non recoñezan este novo goberno en Honduras e que exerzamos entre todos unha forte presión para que a dignidade da persoa sea respectada e promovida. As institucións e administracións como o Parlamento de Galicia deberían demostrar ante a sociedade civil unha determinación clara contra calquer situación na que se estean a violar os Dereitos Humanos. É por esto que por medio dun escrito o luns solicitamos aos grupos parlamentarios que apoien ante a Mesa do Parlamento Galego a elaboración dunha Declaración na que non se recoñeza ó novo mandato de Porfirio Lobo como lexítimo. Facemos estensible esta peticion a toda a cidadanía coa axuda dos medios de comunicación. |