Amarante ven de sacar unha liña de café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante. |



| En Bici sen CO2. a Rede Anticapitalista participou da Acción Global contra o cambio climático |
|
|
|
|
Máis de 50 ciclousuarios e ciclousuarias percorreron o sábado 12 de novembro as Baixo o lema "Mudemos o sistena, non o clima!", a Rede Anticapitalistaúnese desde Galiza á xornada global de mobilización contra a mudanzaclimática neste 12 de decembro. Faino defendendo os tres “c” doprincipio da Xustiza Climática: contracción (redución) das emisiónsmundiais; converxencia nas emisións por habitante; e compensación dosgobernos e transnacionais que son responsábeis da crise climática aos quesufren as súas consecuencias. Este evento desenvólvese paralelamente ao de centos doutras cidades do planeta e en coordenación coa manifestación desenvolvida esta mañá en Copenhage. A mudanza climática é a cara máis preocupante dunha crisesocioambiental global que afunde as súas raíces no produtivismo e no consumismo. Un problema cuxos principais responsábeis son os gobernos e astransnacionais dos países enriquecidos, xunto coas instituciónsinternacionais do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e aOrganización Mundial do Comercio, mais que golpea primeiro e máis forteás persoas máis pobres.Con esta acción, a Rede Galega Anticapitalista demanda: unha redución do 40% das emisións dos países desenvolvidos en 2020 arespecto dos niveis de 1990. Esta diminución deberá realizarse noterritorio de cada país, sen recorrer aos mercados de carbono. Para metadede século a redución das emisións debería ser do 100%, a adopción porparte da Xunta e dos Concellos de planos para reducir drasticamente asemisións galegas de gases de invernadoiro. As nosas emisións porhabitante de CO2 procedente da queima de combustíbeis fósiles son dúasveces e media superiores ás chinesas e multiplican case por nove as da India. Unha rápida e potente implementación de solucións apropiadas á crise climática, como o aforro enerxético; o desenvolvemento das enerxíasrenovábeis de forma descentralizada e respectuosa co territorio parasubstituír os combustíbeis fósiles; a promoción dos modos transportesustentábel e a desincentivación dos que non o son; a soberaníaalimentar e a agroecoloxía; ou o consumo responsábel. Rexeitamossolucións falsas e contraproducentes como a enerxía nuclear, osagrocombustíbeis ou as plantacións de eucalipto. O financiamento e a transferencia de tecnoloxía desde os paísesenriquecidos aos empobrecidos para que constrúan economías baixas encarbono, se adapten aos efectos negativos da mudanza climática que xa soninevitábeis e reduzan a deforestación. Estamos convencidos de que a salvación do clima non virá dun imposíbel“capitalismo verde”. O crecemento indefinido da produción e o consumoé inherente ao sistema económico capitalista e non pode ser soportadopor un planeta finito. Estamos a chocar contra os límites ambientais. Parasolucionarmos de forma efectiva e xusta o cambio climático e os demaisproblemas socioambientais, en último termo, é necesaria unhatransformación radical do modelo de produción e consumo para tornaloequitativo e sustentábel. Iso implica que nos países enriquecidos debemosapostar polo decrecemento e abandonar a ilusión do “crecemento sustentable”. |