Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Consume o xusto, tamen no nadal PDF Imprimir Correo-e

So o 1% de todo o que mercamos habitualmente, permaneCartaz_planetace nas nosas casas pasados seis meses.

Non ten sentido polo tanto seguir alimentando necesidades artificiais, é preciso buscar maneiras de vivir mellor con menos.

Ante esta realidade AMARANTE deseñou este ano unha campaña de Nadal que se desmarca da mensaxe tradicional dirixida a comercialización e que pretende, por unha banda sensibilizar nun consumo responsable e respectuoso coas persoas e co medio ambiente e por outra banda facer fincapé na denuncia dun modelo econômico cimentado sobre o consumismo e a explotación dos recursos naturais do sur, que afonda na pobreza e na crise alimentaria dos pobos do mundo.

O Nadal son datas de consumismo e excesos por excelencia: mercamos regalos que non pasan de mediados de xaneiro, preparamos comidas custosas de produtos escasos, bebemos sen moderación e alumeamos a nosa casa até o exceso.

 

A longa lista de artigos que adquirimos no Nadal e que non pasan de xaneiro é moi ampla. Ante isto, AMARANTE quere invitar a cidadanía a consumir de forma responsable tamén en Nadal a fin de conter os efectos nas economías familiares da crise financeira. Para iso por en marcha dentro da Campaña de Nadal da organización unha serie de accións destinadas a concienciar a poboación de que é posible vivir con menos e mellor elaboramos 10 consellos na que o noso consumo sexa a solución e non o problema:

- Aforrar recursos como auga e enerxía axudará a aforrar cartos e evitará consumos innecesarios.

- Elixir produtos ecolóxicos e de comercio xusto. Respectuosos co medio ambiente e coa vida e o traballo de outras persoas.

- Mercar os teus agasallos no pequeno comercio a fin de dinamizar a economía local e crear emprego.

- Gardar os teus aforros na banca ética, seguros e alonxados dos riscos dos “activos tóxicos”.

- Trocar, reparar, facer ti mesmo, reutilizar son formas distintas, orixinais e baratas de regalar e de vivir mellor con menos.

PROGRAMACIÓN CAMPAÑA NADAL

Durante o mes de decembro a campaña “Consumo Responsable todo o ano” estará acompañada de diferentes actividades de concienciación. Acompañada da difusión da Campaña e pegada de carteis cos consellos prácticos para reducir o noso consumo e facer un consumo responsable todo o ano.

Algunhas das actividades xa concretadas son:

-  Degustación de produtos de comercio xusto e ecolóxicos nos locais de Amarante.

-  Sesión de cine de Consumo Responsable. En Amarante-Compostela os xoves 10 e 17 de decembro.

- Obradoiro de Refugallo. Sábado 12 de decembro. De 12,00 a 14,00 horas. (Praza da Verdura. Pontevedra ).

- Obradoiro de cociña vegana. Sábado 12 decembro. En Caleidoskopio Organizamos: Amarante, Caleidoskopio, e Árbore

- Obradoiro de Refugallo. Martes 15 de decembro. Ás 19,00 horas.
En
Amarante-Compostela

-  Achegandonos a Etiopía, Tarde Temática. (charla, café e música do país).
Mercores 23 de decembro pola tarde en Amarante-Vigo.

-  Obradoiro para crianzas, (contacontos, papiroflexia, etc). Ofrecerase
degustación para as persoas acompañantes. Luns 4 de xaneiroa tarde en Amarante-Vigo.

-  Obradoiro de Consumo Responsable a cargo de Toni Lodeiro. Organizamos Árbore, Verdegaia, Grupo de Consumo O Rosal, Grupo de Consumo Loaira-Redondela, Amarante) Sábado  2 de xaneiro en Amarante Vigo.

-  Sesión de Contacontos a cargo da escritora e relatora Ledicia Costas. Luns 4 de xaneiro ás 18,00 horas (Praza da Verdura. Pontevedra)

MERCADIÑOS DE TROCO

Desde fai tempo diversas redes de troco, das que participa Amarante, esta a poñer en marcha Mercadiños de Troco coa filosofía trocar os bens que xa non utilizamos en lugar de botalos ó lixo co impacto ambiental que supón o seu tratamento, ademais de contribuír á non produción de mais bens e ás relacións interpersoais das persoas que participan.

Que mellor momento para trocar como nestas épocas de alto consumo. Algunhas citas son:

Pontevedra. Amarante-Verdegaia. Sábado 19 de decembro. Praza da Verdura. De 12,00 a 14,00 horas.

Ribadeo.  Sábado 26 de decembro. Cantóns Praza de España. De 17,00 a 18,00 horas.

Vigo.  Rede VigoTroca. Sábado 26 de decembro. Mercado do Calvario.

Pendentes actividades de Ourense.

 
enlazando2010

 

logo_cooperacion