AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| II Xornadas en-cadeadas: os retos das mulleres traballadoras do téxtil |
|
|
|
|
Sendo Galicia un referente na moda, o modelo de empresa globalizada está afectando a traballadoras e traballadores de Galicia coa perda masiva de empregos, ao tempo en que se fan máis acusadas as condicións de explotación e abuso noutras partes do mundo onde existe unha feble lexislación. Nestas segundas xornadas buscamos analizar e achegar á sociedade as posibilidades e atrancos que deben enfrentar as mulleres para poder organizarse, crear seus propios espazos de reivindicación ou apoio mutuo e reclamar os seus dereitos e condicións laborais e sociais dignas dentro do sector téxtil. Na Galería Sargadelos (rúa Real- A Coruña) Horario: 19:30 -21:30 horas Día 5 de novembro: Mesa de debate: - A cuestión de xénero e a marxinación, Esperanza Castelo, axente de igualdade - “Discriminación salarial e participación feminina”, Yolanda Pena, investigadora do Instituto de estudios e desenvolvemento de Galicia - A experiencia no contexto sindical, Loli Martínez responsable nacional do téxtil da CIG-FGAMT Día 6 de novembro: O testemuño das obreiras e iniciativas que están a xurdir - Testemuños de Galicia: Isabel Muíño, presidenta do comité de empresa de Caramelo Ángela Castiñeira, Ex-traballadora taller auxiliar de Inditex - Estrea do documental “100% Muller” cos testemuños das traballadoras de Tánxer, de AGARESO - Presentación da iniciativa “Salarios dignos en Asia”, Fernanda Couñago, responsable da Campaña Roupa Limpa - Conclusións e perspectivas de futuro, coordinado por Manuel Martínez Carballo da Universidade da Coruña |