Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Concentración en apoio á resistencia hondureña na festa de Amarante PDF Imprimir Correo-e

FestaAmarante97

O sábado 3 de outubro en Pontevedra, no marco da festa da Soligariedade que serviu para celebrar o X Aniversario da organización AMARANTE, realizouse unha concentración de solidariedade coa resistencia hondureña que contou coa participación de preto de 200 persoas que asistían a dita celebración.

Entre os asistentes ademais de membros de AMARANTE, estaban presentes membros doutros colectivos sociais galegos coma VERDEGAIA, FORO DA INMIGRACIÓN ou ALTERMUNDO.

Durante o acto deuse lectura dun MANIFESTO ( que reporducimos a continuación ) que facía fincapé na necesidade de restablecer a presidencia de Zelaya e apoiar tódalas accións do Fronte Nacional Contra o Golpe de Estado encamiñadas a tal obxectivo.

 Durante o acto tomouse imaxe do mesmo para ser enviado a nivel internacional e a propia resistencia para amosar a solidariedade da cidadanía galega.

Amarante vai seguir a impulsar, xunto con outros colectivos da Rede Anticapitalista Galega ( RA ! ), iniciativas encamiñas a favor dos intereses populares e democráticos de Honduras

MANIFESTO EN APOIO A HONDURAS

(leido na festa da Soligariedade celebrada en Pontevedra o 3 de outubro)

Tres meses de dictadura, de mortes nas rúas, represión social e mediática e un pobo en resistencia por todo o estado hondureño. Amarante quere aproveitar o seu X aniversario para solidarizarse coa resistencia hondureña e dar resposta ó chamado do Fronte Nacional Contra o Golpe de Estado para a realización de unha xornada internacional con actos de repulsa contra a dictadura instaurada por Micheleti....

Nos últimos días tense  endurecido a represión sobre o pobo, suspendéndose varios  dereitos constitucionais, declarando o estado de sitio e masacrando os movementos que se atopaban no exterior da Embaixada de Brasil apoiando ó presidente deposto Zelaya. Son moitos os comunicados que chegan día a día solicitando que se difunda a grave represión que  a pesar de causar decenas de mortes apenas teñen cabida nos medios de comunicación convencionais.

Historicamente Honduras foi clave en diferentes intervencións militares e pode ser unha plataforma estratéxica perfecta para futuros conflictos na rexión. Esas intervencións pasadas debilitaron ós movementos de base e ó pobo hondureño en xeral. Nada facía presaxiar un movemento de tanta dignidade como o que está a acontecer, e que só ven a reflexar que ningunha forza política nin militar pode acabar coa loita pola liberdade.

Ademais dos intereses comerciais dos EEUU e da UE tamén hai que ter en conta a intervención de certas transnacioanais no Golpe de Estado. Queremos aproveitar este momento para facervos chegar o chamamento de boicot ó consumo dos produtos da transnacional Chiquita que ten o control das plantacións de bananas de case todo o país. Os movementos de Zelaya cara unha economía de base máis social e os achegamentos ó ALBA fixeron disparar as alarmas de empresas, que como Chiquita, manexaban sen ningún tipo control o mercado hondureño.

Apoiamos o traballo e a loita do Fronte Nacional contra o Golpe de Estado, ó que pertencen diversas organizacións como Vía Campesiña, sindicatos ou organizacións feministas, que co seu esforzo están conseguindo que a súa voz sexa escoitada no mundo denunciando os abusos da dictadura e resistindo ata conseguir a restitución de Zelaya e da asemblea constituínte.

Contra o Golpe de Estado en Honduras

Contras os intereses económicos dos estados e as transnacionais

Apoiamos a loita do Fronte Nacional Contra o Golpe de Estado

Apoiamos a liberdade do Pobo Hondureño

 
enlazando2010

 

logo_cooperacion