AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| Amarante sumase ao chamado internacional de apoio á resistencia hondureña |
|
|
|
|
Tras varios meses desde o golpe de estado en Honduras, e ante a imposbilidade de doblegar á resistencia popular, o goberno golpista de Micheletti ten endurecido a represión e suspendido os dereitos constitucionais. A volta dos militares ao poder nun país de América Latina faise en condicións e circunstancias moi diferentes as que caracterizaron esta rexión na década dos 70 e 80.O impulso do modelo neoliberal a partir da década dos 90 serviu para crear as condicións para unha democratización da zona e construír un novo modelo político onde nos venderon que os militares xa eran parte do pasado. En realidade era así porque non existían alternativas antisistemicas na zona que puxeran en perigo a hexemonía do capitalismo ou do dominio norteamericano. A extensión de movementos socio-políticos acompañados de trunfos electorais en Venezuela, Bolivia, Ecuador,… teñen cambiado esta situación e volven a activar os mecanismos de intervención de USA na zona (non debemos esquecer que antes deste golpe houbera intentonas en Venezuela e Bolivia).Por outra parte, é a primeira intervención que se produce durante a nova administración norteamericana liderada por Obama. Unha intervención na que contrasta o rexeitamento ao golpe que expresa a chanceler Hilari Clinton co deixar facer que impón na practica a administración Obama. Non debemos esquecer o paralelismo coa intervención que na década dos 80 fíxose sobre a illa de Grenada e que despois serviu de plataforma para posteriores intervencións. De igual xeito Honduras foi clave en diferentes intervencións anteriores e pode ser unha plataforma perfecta para futuros conflictos na rexión. Outro aspecto é o novo viraxe que a nova administración norteamericana quere darlle a súa presenza en Oriente Medio que de seguro deixara mais liberada á mesma para retomar o seu control sobre América Latina, preocupada polo avance das alternativas concretadas no ALBA. Desde AMARANTE apoiamos o chamado internacional ( que transcribimos a continuación ) a converter o día 2 de outubro en Xornada Internacionalista en Solidariedade co Pobo de Honduras e vai adicar á festa da Soligariedade ( ver en http://amaranteong.org/soligariedade ) que se celebra o próximo sábado día 3 de outubro en Pontevedra ao apoio á resistencia hondureña. “Organizacións e movementos sociais, que integramos redes e campañas rexionais e globais, indignados polo golpe de estado en Honduras e a represión ao pobo hondureño por parte da ditadura de facto, chamamos a unha xornada internacionalista en solidariedade co pobo de Honduras, de maneira simultánea, o próximo 2 de outubro, en continuidade coas accións solidarias que realizamos desde o 28 de Xuño. Convocámoslles a: 1. Organizar accións fronte ás representacións da ONU, a embaixada e consulados dos Estados Unidos e as representacións do Consello Empresarial de América Latina (ver executivos e capítulos nacionais en http://www.ceal-int.org) nos seus países. 2. Realizar marchas, concertos, celebracións ecuménicas, conferencias de prensa, eventos, etc involucrando a personalidades, activistas, intelectuais, parlamentarios, artistas, líderes relixiosos que atraian a atención dos medios de comunicación para compartir información e denunciar a situación en Honduras. 3. Denunciar e boicotear ás empresas relacionadas cos golpistas. 4. Enviar cartas á ONU, a Unión Europea, a OEA, Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH), ao Tribunal Penal Internacional para esixir accións e unha presión maior en contra ao goberno golpista en Honduras e pola restitución inmediata da democracia e o presidente lexítimo Manuel Zelaya. 5. Aproveitar estas iniciativas e actividades en cada país para deixar constituídos comités nacionais, estatais, municipais, locais, barriais de solidariedade con Honduras e contribuír coas campañas de información e comunicación, de presión política e recadación de fondos en solidariedade coa resistencia. Así mesmo, convocámolos a mobilizar cara a Honduras personalidades, activistas, intelectuais, parlamentarios, artistas, líderes relixiosos con capacidade de convocatoria ante os medios de comunicación para acompañar solidariamente aos nosos irmáns e irmás hondureñas en resistencia, cun esforzo especial, para estar presentes no Primeiro Encontro Internacionalista contra o Golpe e pola Asemblea Constituínte a celebrarse entre o 8 e 10 de outubro en Tegucigalpa ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ) CONTRA O GOLPE DE ESTADO E POLA ASEMBLEA CONSTITUÍNTE! HONDURAS NON ESTA SOA! 1 – Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra – Brasil 2 – Centro Memorial Martin Luther King – Cuba 3 – Marcha Mundial das Mulleres 4 - Grito dos Excluidos Continental 5 - Grito dos Excluidos Mesoamerica 6 - Servicio de Paz y Justicia SERPAJ AL 7 – Campaña pola Desmilitarizacion das Americas CADA 8 - Equipo de Educación Popular Pañuelos en Rebeldía 9 - Feministas Inconvenientes - Argentina 10 - Jubileo Sur – Jubilee South 11- Amigos de la Tierra 12 - Movimiento Nacional Campesinado Indigena 13 - MOCASE V.C Santiago del Estero 14 - MCC Movimiento campesino de Cordoba 15 - UST Union de trabajadores sin tierra de Mendoza 16 - Encuentro Calchaqui Salta 17 - Red Puna Jujuy 18 - Giros Rosario Santa Fe 19 - Mesa de pequeños productores del norte Neuquino Neuquen 20 - SERCUPO Buesno Aires 21 - Corriente Julio Antonio Mella - Argentina 22 - La Trifulca - Frente Cultural y Territorial 23 - Organización Estudiantil Lobo Suelto 24 - Consejo Mundial por la Paz - CMP 25 - Centro Brasileño de Solidariedad a los Pueblos y Lucha por la Paz -Cebrapaz 26 - Ecologistas en Acción 27 - Frente Popular Dario Santillan Argentina” Informacións adicionais e adhesións enviar para Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Noticias sobre eventos e iniciativas Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo |