O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia |



| Visita da sindicalista hondureña Reyna E. Domínguez |
|
|
|
|
Dentro da continuación das actividades de Encadeadas,p Pertence ó Sindicato de Traballadores da Empresa Jerzeesh de Honduras e acaban de gañar unha loita de moitos meses contra a empresa e unha das multinacionais que se abastecía de dita empresa, a marca Fruit of the Loom, por despedir a 1.200 traballadoras e traballadores e pechar a empresa, ó ser creado o sindicato para esixir unhas mellores condicións laborais. Tras moito tempo de presión cara a marca por parte de miles de activistas e universidades , neste caso de Estados Unidos e Canadá, e do traballo destas mulleres, a empresa volverá a abrir e readmitir a tódalas traballadoras. Programa de actividades:Xoves 3. Na Universidade Da Coruña 17.00h Para contar esta loita sindical e a situación tan grave das maquilas e Centroamérica e os intereses das multinacionais, Reyna estará na Universidade da Coruña nas xornadas “Dereitos humanos en países empobrecidos: Contradiccións nas políticas de cooperación ao desenvolvemento”. Venres 4 en Compostela. 11:00 Rolda de prensa no Clube internacional de prensa: A Situación en Honduras tras as eleccións: entre a convulsión social e a perda de dereitos. 17:00-19:00 Encontro con movementos sociais.Análise máis en profundidade da situación en Honduras e pasos tras as eleccións ilexítimas. No Local de Amarante-Verdegaia
|