Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
O filme Black Gold chega a Galicia PDF Imprimir Correo-e

BO_CAF_-CARTAZ

Bo Café é unha campaña de comercialización do café de comercio xusto e apoio ás persoas que traballan na  produción agrobiolóxica deste cultivo en pequenas comunidades. Está coordinada por AMARANTE Setem en Galicia dende o ano 2005 sendo impulsada no Estado español pola federación de ONGDs de Comercio Xusto SETEM dende 1998. A través desta campaña, Amarante acreditou máis de 150 puntos de venda e comercialización deste café de comercio xusto en toda a Galicia.

Agora, retomando tras o período vacacional un novo pulo na mellora das liñas de traballo da nosa asociación, Amarante comprométese a facer accesíbel á cidadanía unha maior información sobre a produción e consumo de café de comercio xusto, tentando á vez que fiquen ao descuberto os intereses espúreos desas cinco ou seis multinacionais cafeteiras tradicionalmente vencelladas ao consumo de masas e de grandes superficies comerciais que controlan a case totalidade deste cultivo enriquecéndose con estratexias bursátiles e financeiras pouco escrupulosas.  

PROGRAMACIÓN  XORNADAS GALERIA SARGADELOS COMPOSTELA

Ø    Exposición das fotografías de David Quintas no se seu traballo “As Miradas do Café”. Martes 23 ás 19.30 horas. Acto de inauguración e degustación de cafés. Conferencia “Solidariedade e Comercio Xusto”

Ø    Estrea en Galicia do filme documental “Ouro Negro”. Xoves 25 ás 19.30 horas e Mércores 1 de outubro. Coloquio ao rematar o filme.

Ø    Coloquio: A Globalización no Comercio Xusto. Martes 30 ás 20.00 horas. Representantes da gran distribución, consumidoras/es e colectivos sociais

Ø    Mesa Redonda: O Comercio Xusto nas Institucións. Xoves 2 de outubro ás 20.00 horas. Representes de Universidades, Xunta de Galicia e Empresas

Calendario de proxeccións BLACK GOLD:

- COMPOSTELA . Galería Sargadelos, Xoves 25 de Outubro ás 19,30 horas

- VIGO. Centro Cultural Caixa Nova. Luns 30 outubro ás 20,00 horas.

- BUEU. Aturuxo Bar. Mércores 22 de outubro ás 20,00 horas.

- PONTEVEDRA. Teatro Principal. Xoves 30 de outubro ás 20,00 horas.

- A CORUÑA. Novembro ( pendente confirmar lugar e data ).

- RIBADEO. Novembro ( pendente confirmar lugar e data ).

- OURENSE. Teatro Principal. Venres 12 de decembro ás 20,00 horas.

- ALLARIZ. Roi Xordo. Martes 16 de decembro ás 20,00 horas.

 
enlazando2010

 

logo_cooperacion