O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia |



| A crise esixe responsabilidade social, ética e ambiental no uso dos recursos públicos |
|
|
|
|
Dentro dunha estratexia de defensa dun modelo de desenvolvemento sustentable, a capacidade de incidencia na economía local da Administración é fundamental. Máis que nunca as inversións públicas deben comprometerse coas políticas ambientais (conservación e eficiencia), sociais (inserción e accesibilidade) e éticas (solidarias e de loita contra a pobreza e pola igualdade). A Administración galega non pode ser cómplice de empresas que non son socialmente responsables, contaminantes ou non cumpren cos dereitos humanos.Por todo isto presentamos unha serie de medidas e propostas coas que pretenden acadar o compromiso político e facilitar a implementación técnica de medidas que permitan profundizar na “compra pública responsable”. Neles presentamos tres eixes de actuación: - Nun primeiro lugar pediranse compromisos políticos aos concellos galego máis importantes así como ao parlamento galego a través dunha moción de apoio a Compra Pública Responsable que se introducirán por rexistro nun total de 41 concellos.“Os concellos son os de: As sete cidades galegas xunto con algúns dos concellos con máis poboación como son Carballiño, Verín, Chantada, Ribadavia, Ribadeo, Caldas de Rei, Marín, Baiona, Sanxenxo, Narón ou Pontedeume.” - Un segundo eixo é a creación de redes de intercambio de información e experiencia entre as administracións públicas equiparándonos as experiencias que xa existen noutras partes do estado e de Europa. - Un terceiro eixo de traballo é na formación e asesoramento aos técnicos para axudar a implementación deste tipo de medias a través da publicación de dúas guías sobre a introdución de criterios nas compra de produtos de comercio xusto e de téxtil e uniformes.Recomendamos aos concellos galegos os contratos menores como a mellor ferramenta para a contratación de produtos con criterio e para a realización dun uso responsable dos recursos públicos que tan necesario é en tempos de crise.Do mesmo xeito propomos que as administracións comecen pola introdución de produtos de comercio xusto e agricultura ecolóxica nos comedores colectivos de centros educativos, residencias, etc. así como polo téxtil a través dos uniformes das forzas e corpos de seguridade e roupa de traballo dos servizos municipais. Introducindo así criterios sociais, ambientais e éticos a todas as compras de bens e servizos da administración.No marco internacional e da Unión Europea, a lexislación permite incorporar os criterios sociais, ambientais e éticos nas distintas fases da contratación. Existen tamén múltiples programas e selos (Cites, Procura +, Respiro, etc.) que facilitan que as administracións públicas poidan facer un uso responsable dos recursos económicos. Aínda que as administracións galegas deron xa pasos na boa dirección coa introdución de produtos de comercio xusto como o café nos edificios administrativos da Xunta de Galicia de Compostela e Vigo a través da introdución de criterios éticos nos pregos de concesión; ou en concellos como o de Ourense, Vigo, Marín ou a deputación de Pontevedra, o que buscamos é que sexa un compromiso político regulado e de obrigado cumprimento para tódalas institucións e tódolos partidos políticos, goberne quen goberne. |