Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
O Concello de Boiro aproba a moción a prol da Compra Pública Responsable PDF Imprimir Correo-e

O pasado 14CPR de xaneiro aprobóuse no pleno deste concello a Moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia.  Con esta acción, o Concello de Boiro comprométese a seguir criterios éticos, sociais e ambientais na súa política de contratación de bens e servizos.

A Compra Pública Responsable nas Administracións Públicas define a aplicación dun conxunto de parámetros sociais, ambientais e éticos na execución dos orzamentos públicos para a adquisición e para o consumo de bens e servizos por parte das distintas Administracións Públicas, sustentada fundamentalmente na Compra Pública Ética, na Compra e no Consumo Público Sustentábel e na Compra Pública Social.  En conxunto, a aplicación da Compra Pública Responsábel introduce criterios éticos relativos ao cumprimento de convencións internacionais e estándares sobre condicións laborais, como no caso dos produtos de comercio xusto; desenvolve modelos de consumo máis respectuosos co medio ambiente, minimizando o impacto ambiental do consumo municipal e contribuíndo a mellorar a calidade de vida a través do predominio de criterios ambientais. Tamén incide na calidade do emprego ao priorizar a contratación de persoas en situación de exclusión ou a inserción nos bens e servizos contratados polas administracións, apoiando a empresas de economía social.

As administracións públicas son responsables do 16% das compras de bens e servizos en Galicia polo que a capacidade de incidencia na economía local da Administración é fundamental. Máis que nunca as inversións públicas deben comprometerse coas políticas ambientais (conservación e eficiencia), sociais (inserción e accesibilidade) e éticas (solidarias e de loita contra a exclusión e pola igualdade). A Administración galega non pode ser cómplice de empresas que non son socialmente responsables, contaminantes ou que non cumpren cos dereitos humanos.

Por esta razón, Amarante e Verdegaia demandan un consumo responsable tamén na administración pública galega a través da campaña para a incorporación da Compra Pública Responsable en tódolos organismos públicos (Xunta, Deputacións e Concellos) na que velen e se apliquen criterios éticos, sociais e ambientais nas políticas de contratación.

Ao Concello de Boiro tamén súmase o de Ribadeo, que aprobou a moción a finais do ano pasado, mentres que en outra veintena de concellos galegos a proposta presentada por Amarante e Verdegaia xa está sendo debatida polos grupos muncipais.

 
enlazando2010

 

logo_cooperacion