|

Aberto o prazo de matrícula para o primerio Curso sobre COMPRA PÚBLICA RESPONSABLE en Galicia.
DATA INICIO DE MATRÍCULA:
Luns 5 de outubro DATA FIN DE MATRÍCULA:
Venres 16 de outubro
En datas inmediatamente posteriores publicarase na web da EGAP o listado de persoas seleccionadas.
A inscrición realizarase cumprimentando o formulario tipo ( pdf 307.93 Kb) e enviando por Fax ao 986 848 159 ou por correo electrónico no correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
.
Toda a información e MATRICULA aquí e na web da EGAP (Escola Galega de Administracións Públicas).
Ante calquera dúbida ou cuestión, pregámosvos que vos poñades en contacto con AMARANTE Setem a través do correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
ou no teléfono 988 601 921.
PROGRAMA E DETALLES DO CURSO 330.50 Kb
FICHA DE INSCRICIÓN ( pdf 307.93 Kb)

-------------------------------------- NOTA IMPORTANTE: -------------------------------------- O curso non será publicado no DOG como se anunciou en un principio e o prazo de matrícula comeza coa súa publicación na web da EGAP. A actividade terá un recoñecemento oficial por parte da EGAP, que se plasmará nos títulos, diplomas ou documento xustificativos da súa realización, que a EGAP expedirá as persoas interesadas.
O curso que vos presentamos quere responder directamente ás necesidades que desde a as Administracións Públicas nos teñen expresado repetidamente. Con 20 horas de duración, céntrase en coñecer exemplos de boas prácticas e en analizar as posibilidades que outorga a lexislación para introducir criterios nos procesos de contratación en Galicia. Igualmente, presentaremos a primeira das guías dedicadas á “Introdución de criterios sociais e éticos nos contratos de subministración das administracións públicas” (Podes descargala AQUÍ 609.24 Kb), que entregaremos na carpeta coa documentación do curso.
DESTINATARIOS
Número máximo de prazas: 50
Destinatarios/as:
- Preferentemente persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia e especialmente persoas con competencias na contratación administrativa.
- Responsables políticos que desenvolvan funcións relacionadas coa contratación.
- Membros de organizacións sociais e entidades relacionadas que traballen en relación coa compra pública responsable.
- Persoal ao servizo de outras administracións do estado con competencias na contratación administrativa.
CERTIFICACIÓN, HORARIO E CARACTERÍSTICAS
Duración 20 horas. Horario: de 9:00 a 14:00 horas. Datas: do martes 27 ao venres 30 de outubro de 2009 Lugar: EGAP, Escola Galega de Administracións Públicas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela. (AULA 11)
Certificación: As actividades terán un recoñecemento oficial por parte da EGAP, que se plasmará nos títulos, diplomas ou documento xustificativos da súa realización, que a EGAP expedirá aos interesados.
INSCRICIÓN E MATRÍCULA
DATA INICIO DE MATRÍCULA: Luns 5 de outubro de 2009 ás 00.00 horas. DATA FIN DE MATRÍCULA: Venres 16 de outubro de 2009 ás 23.59 horas.
En datas inmediatamente posteriores publicarase na web da EGAP o listado de persoas seleccionadas.
A inscrición realizarase cumprimentando o formulario tipo e enviando por Fax ao 986 848 159 ou por correo electrónico no correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
PROGRAMA
MARTES 27 DE OUTUBRO
Módulo 1.- INTRODUCIÓN Que é a compra pública responsable? (Víctor Barro) Novo compromiso das administracións coa cidadanía A compra pública verde en Galicia (Xan Duro) Compromiso político dos concellos galegos Módulo 2.- NORMATIVA (Ignasi Manrubia) Ferramentas legais para a contratación pública responsable. Análise da lexislación actual a nivel europeo e español
MÉRCORES 28 DE OUTUBRO
Módulo 4.- EXEMPLOS E BOAS PRÁCTICAS (Jeroni Muñoz) A “Rede Catalá pola Compra Pública Ética”. O exemplo do Concello de Manresa. Experiencia de boas prácticas na contratación en Galicia (Pedro Vila) Plan de desenvolvemento sostible da Universidade de Santiago de Compostela: iniciativas e atrancos (Dora Blanco) Comedores escolares ecolóxicos (O Grelo Verde) Comercio Xusto nas institucións, o programa Bo Café (Ainara Legarreta)
XOVES 29 DE OUTUBRO
Módulo 5.- COMPRA PÚBLICA VERDE (Ana Izquierdo) Marco político europeo e estatal da contratación pública verde. Boas prácticas e exemplos de produtos e servizos contratados. Metodoloxía de integración de estratexias de compra pública sostible. Selos e produtos certificados Módulo 6.- APLICACIÓN NOS CONTRATOS MENORES (Ignasi Manrubia) Aplicar a compra pública responsable Que ter en conta nos contratos menores? A contratación nos contratos menores: exemplo de aplicación a contratos menores de alimentación e téxtil
VENRES 30 DE OUTUBRO
Módulo 7.- APLICACIÓN NOS CONTRATOS MAIORES (Ignasi Manrubia) Aplicar a compra pública responsable Que ter en conta nos contratos maiores? A contratación nos contratos maiores: exemplo de aplicación de criterios éticos en distintos sectores Módulo 8.- CONCLUSIÓNS (Víctor Barro) Retos cara ao futuro e horizonte da compra pública responsable
PERFIL DO PROFESORADO Ignasi Manrubia Costa – Profesor de Dereito Administrativo da Universidade Pompeu Fabra Jeroni Muñoz – Técnico de contratación do Departamento de Solidaritat no Concello de Manresa Pedro Vila López – Ex-subdirector xeral de Contratación da Consellería de Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia Ana Izquierdo - Responsable de Compra Pública Sostenible (Bakeaz) Xan Duro – Asociación ecoloxista Verdegaia Charo Sánchez Parga – Asociación de consumo responsable O Grelo Verde Ainara Legarreta – Responsable de comercio xusto de AMARANTE Setem Dora Blanco – Coordinadora do plan de desenvolvemento sostible da Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de calidade. Coordina: Víctor Barro – Coordinador do programa de Compra Pública Responsable de AMARANTE Setem |