Amarante ven de sacar unha liña de café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante. |



| Asóciate! |
|
|
|
|
Para AMARANTE é fundamental o factor humano. Non se trata só de defender ideais de xustiza social senón incorporalas na nosa estructura organizativa e tamén, porque non, na nosa vida. Porqué ACTIVISTA? Cremos na sociedade civil autoorganizada como unica ferramenta para o cambio. Apostamos polo compromiso consciente.Queremos construir unha organización de persoas igualmente comprometidos na toma de decisións como na posta en marcha dos diversos proxectos. Democracia na toma de decisións e calidade dos proxectos e programas non son elementos necesariamente antitéticos. Porqué DOANTE ? Sabemos que hai moitos e moitas que coinciden con nós na necesidade de mudanzas sociais profundas. Son persoas que saben que os desequilibrios territorias e as desigualdades humanas non son froito do azar e non se solucionan tranferindo capitais ou tecnoloxías ao Sur, senon construindo solidariedade centrada na denuncia social e na creación de alternativas á globalización neoliberal. Para elo é clave a independencia dos movementos sociais. Non teño o tempo para comprometerme no día a día pero coa miña aportación podo axudar a construir unha organización con perspectiva transformadora, independente e con incidencia social e influencia institucional. A decisión é túa. Podes atoparnos en: Avenida Romero Donallo, 17. 15706 Santiago de Compostela Telefax: 881.978.705 / Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Avenida das Camelias, 114. 36211 Vigo Telefax: 886.111.3 Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Praza de España, 29. 27700 Ribadeo Telefono: 607.267.496 / Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Avenida da Habana, 64. 32003 Ourense Telefono: 988.601.921 / Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Praza da Verdura, 4. 36002 Pontevedra Telefax: 986.848.159 / Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Cubre o seguinte formulario-e ou descarga a versión texto se queres formar parte do proxecto da SOLIGARIEDADE ou se queres comentarnos algo.
|