AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Novas de Amarante - Vigo


Charla Xanela en Vigo PDF Imprimir Correo-e

Participantes da última edición do programa Xanela Aberta ao SurPortada de Amarante falarán este mércores en Vigo da súa experiencia con organizacións sociais de Brasil, Marrocos e Ecuador.

O programa Xanela Aberta ao Sur que desenvolve a organización Amarante ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdades entre o Sur e o Norte Global.

As persoas que asisten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de participar nalgún dos grupos que nos meses de xullo e agosto viaxarán para coñecer os proxectos que se están a desenvolver en Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), en Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita Cushunchic) e en Marrocos coa Asociación Attawassoul.

Ler máis...
 
Xornadas sobre Decrecemento PDF Imprimir Correo-e

Durante a fin de semana do 6 e 7 de Marzo celebraranse as xornadasDecrecemento-2 “Decrecemento para o cambio social”, organizadas pola Asociación Arela e que contan coa colaboración de varias entidades entre as que se atopa Amarante.

As xornadas celebraranse no local da Parroquia do Cristo da Victoria (R/Baiona, 9-Coia) e desenvolverán o seguinte programa:

SÁBADO 6 DE MARZO
11h00 - "Desmontando o mito do decrecemento", Manoel Santos
12h30 - Descanso
13h00 - "Decrecemento, mil camiños para vivir con menos", Manoel Santos
14h00 - Xantar
16h30 - Proxección do documental: Simplicidade voluntaria e decrecemento (reflexións) de Jean-Claude Decourt
18h00 - Descanso
18h30 - Límites do decrecemento e pegada ecolóxica, a cargo e Verdegaia

DOMINGO 7 DE MARZO
10h30 - Obradoiro sobre decrecemento e alternativas á sociedade de consumo, a cargo de Amarante.
14h00 - Xantar
- - - - - -
As inscricións hai que facelas chegar a través do email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo especificando se quedarás a comer o sábado e o domingo.


Tamén podedes contactar no móbil 675 63 34 36 (Norma Rodríguez) ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 
Obradoiro Cociña Vegana-21 Febreiro PDF Imprimir Correo-e
Despois de un pequeno descanso no mes de Xaneiro Amarante, Árborevegana_baixa e Caleidoskopio voltamos a meternos na cociña para aprender entre todas novos pratos veganos con produtos ecolóxicos e de comercio xusto.

Os obradoiros de cociña vegana serven para discutir sobre agricultura ecolóxica, transxénicos ou veganismo, pero sobre todo para coñecernos e apreder novos trucos e pratos sabrosos que ademais se fan dende unha perspectiva de respecto á saúde, ós animais e ó medio natural en xeral.

Os obradoiros realízanse en horario de mañá para poder quedar a xantar todas xuntas no mesmo local no que cociñamos, A Cova dos Ratos. Pretendemos que a cociña sexa algo máis que o simple feito de saber elaborar receitas.

Se queres participar no obradoiro do mes de febreiro, o domingo día 21, só tes que anotarte no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou ben no teléfono 886 111 327. Recorda que as prazas son limitadas para poder traballar en grupo con certa soltura.

Os gastos derivados do obradoiro sufragaranse a través dun bote solidario que se fará ó final do curso.
 
Asamblea Vigo-8 Xaneiro PDF Imprimir Correo-e
A directiva ven de convocar a asamblea en Febreiro, na cal se pechará o Plano democracia-mafalda1Estratéxico, que guiará o traballo de Amarante nos vindeiros 4 anos.

Para facilitar a participación de todas as persoas que formamos parte de Amarante a directiva elaborou un documento base para o plano estratéxico que será debatido dende cada localidade. O documento consta de catro eixos: comercio xusto, educación e sensibilización, cooperación para a solidariedade e estructura organizativa. Dende as comarcas debemos debatir este documento para levar achegas á asamblea de febreiro, na búsqueda da construcción dun plano estratéxico máis completo e participativo.

Este venres día 8 de xaneiro convocamos ás persoas socias e activistas da comarca de Vigo a participar na asamblea específica para o debate do plano estratéxico. As colaboradoras poderedes asistir con voz pero sen voto.

VENRES 8 DE XANEIRO
LOCAL DE AMARANTE VIGO
Primeira convocatoria ás 17:00 e segunda ás 17:30
Ler máis...
 
Contacontos e Obradoiro de Reciclaxe PDF Imprimir Correo-e

En Amarante estamos a preparar unha sesión de contacontos paraContacontos_Imaxe nenas e nenos, no que ademais de divertirse poderán aprender a reciclar o lixo, nun intento de aproveitar as datas de nadal para fixarnos nos abusos do consumo e as consecuencias que esto xenera nas nosas vidas.

Se tedes ó voso cargo nenas ou nenos e queredes que pasen unha tarde divertida animámosvos a que pasedes polo local de Amarante o vindeiro luns 4 de Xaneiro.

CONTACONTOS E
OBRADOIRO DE RECICLAXE

Para nenas e nenos de ata 8 anos
Luns, 4 de Xaneiro ás 18:30
No Local de Amarante (Camelias, 114)

As persoas acompañantes poderán degustar café de comercio xusto

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3