O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Ao redor de 200 persoas pasaron polas proxeccións do ciclo "Coñecer para Cambiar" PDF Imprimir Correo-e
O último xoves 11 de marzo proxectóuse a derradeira das películas do ciclo de cine que botaron a andar no mes de xaneiro cun balance altamente positivo: cerca de 200 persoas pasaron polo local que ambas organizacións comparten en Compostela ao cabo de oito semanas consecutivas.

Desta volta a película escollida foi  “La Dignidad de los Nadies” (Pino Solanas, 2005), un documental que plasma a reacción popular ao corralito arxentino. Para completar a velada e pechar o ciclo por todo o alto contaron coa participación especial de Pablo Carro, profesor da Universidade de Córdoba que conta cunha larga traxectoria de militancia en diferentes movementos sociais en Arxentina. 

Peche_ciclo_cine

 

Carro conduciu un coloquio despois da proxección ofrecendo algunhas claves para achegarnos a actual situación das iniciativas e experiencias populares xurdidas no país austral nos últimos anos.

Con esta actividade as organizacións implicadas pretenderon abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas sociais e ambientais empregando a linguaxe audiovisual como un vehículo de achegamento a esas realidades. Entenden que coñecer e comprender as causas dos problemas que afectan a sociedades tanto do Norte e do Sur, representan o primeiro paso para o cambio persoal e social.

En vista do éxito da actividade, as asociacións organizadoras valoran repetir a experiencia co fin de volver a ofrecer a cidadanía compostelá un espazo para o intercambio de ideas e inquedanzas, nun clima distendido e ao calor dunha cunca de chocolate quente de comercio xusto.