Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Comenza o ciclo de cinema "Coñecer para cambiar" de Amarante e Verdegaia PDF Imprimir Correo-e
O próximo xoves día 21 de xaneiro as 20:30hs empeza o ciclo de cinema organizado polos grupos locais de Amarante e Verdegaia en Compostela coa exhibición do documental "Grandes superficies" (María González, Pedro Ramiro, Pablo Buchó e Isidro Jiménez, 2006).O documental - producido por Ecologistas en Acción- aborda a través dun caleidoscópio de imaxes, entrevistas e testemuños o papel da publicidade no sistema actual de sobreproducción e sobreconsumo.

Cartaz_Ciclo_de_Cine_Coecer_para_Cambiar

 Con esta actividade pretendemos abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas  sociais e ambientais (sobreconsumo, industria agroalimentar, deslocalización, relacións comerciais entre países norte-sur, explotación laboral, débeda externa, etc), empregando a linguaxe audiovisual como unha xanela para achegarnos a esas realidades. Entendemos que coñecer e compreender as causas dos problemas que afectan a sociedades tanto do Norte e do Sur, representan o primiero paso para o cambio persoal e social, e por elo queremos ofrecer a cidadanía compostelá un espazo para o intercambio de ideas e inquedanzas nun clima ameno e distendido. Para combater o frio e estimular o debate, ofereceremos ás persoas asistentes un chocolate de comercio xusto despois de cada proxección. As proxeccións levaranse a cabo no local que ambas organización comparten na Avda. Romero Donallo, 17, en Santiago de Compostela. A entrada é gratuita ata completar o aforo (30 persoas).