Amarante ven de sacar unha liña de café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante. |



| Próximamente ciclo de cinema de Amarante e Verdegaia en Compostela |
|
|
|
|
Seguindo a idea de realizar actividades de sensibilización e formación e dinamizar o local de Amarante-Verdegaia en Compostela, aproveitamos que o ano está a piques de rematar para ir difundindo un proxecto no que xa levamos traballando algúns meses e que pronto sairá a luz. Falamos do ciclo de cinema organizado por amb Próximamente subiremos o cartaz e programación completa do ciclo de cinema neste espazo, máis de momento vos animamos a ir facendo un oco nas vosas axendas para os xoves as 20:30hs a partir do día 21 de xaneiro. Para quentar o ambiente e o debate, serviremos un chocolate de comercio xusto entre as persoas asistentes, así que non vos esquezades de traer a vosa cunca! |