Amarante ven de sacar unha liña de café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante. |



| Amarante en Bos Días Magazine |
|
|
|
|
Coa fin de achegar ideas de agasallos solidarios para este Nadal, a presentadora Maite Cabezas levou ao plató de Bos Días Magazine propostas de varias organizacións sociais, e entre elas a das cestas de alimentos de comercio xusto e ecolóxicos de Amarante. Destacando o impacto do Comercio Xusto para as produtoras e produtores de países empobrecidos, ao garantirlles un salario e condicións de traballo dignas e respecto ao medio ambiente, a presentadora tamén fixo fincapé na calidade dos produtos e na necesidade de buscar circuítos alternativos ás grandes superficies a hora de mercar. Para ver o vídeo, premer no enlace:
Aproveitamos esta nova para agradecer as persoas activistas do grupo der Compostela que colaboraron na montaxe da cesta, na organización da tenda e das actividades de Nadal. Graciñas a todas e todos vós!!! |