AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| Arranca a campaña de Nadal en Amarante Compostela cun programa cargado de actividades |
|
|
|
|
O día 01 de decembro demos comenzo a Campaña de Nadal de Amarante Compostela cunha degustación de produtos en plena rúa, da man das activistas Ana Rodríguez e Leticia Castro. O obxectivo foi achegar á cidadanía compostelá a perspectiva do Comercio Xusto, e tamén promover unha reflexión sobre o consumo desenfreado -máxime nestas datas - incidindo no seu impacto social e ambiental. Non obstante, ese foi só un abre-boca para o program de actividades deste Nadal, que incluirá obradoiros de confección de agasallos con refugallo, proxeccións audioivisuais, ademais das degustacións e do sorteo dunha cesta de produtos de comercio xusto e ecolóxicos, aproveitando a recente introdución destes nas nosas tendas. Tamén contamos durante todo o mes coa exposición "Consume Hasta Morir" de Ecologistas en Acción, que emprega a contrapublicidade como ferramenta para promover unha reflexión sobre os valores utilizados pola publicidade, a xeración de falsas necesidades, o consumismo, etc. |