Amarante ven de sacar unha liña de café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante. |



| Trocando, trocando, chegamos a Ribadeo |
|
|
|
Durante a Campaña de Nadal o Grupo da Mariña de Amarante levou a cabo o primeiro Mercadiño de Troco adicado en exclusiva ó intercambio de xoguetes entre ciranzas.![]() Os mercados de troco son iniciativas de intercambio e cesión que buscan revalorizar obxectos ós que xa non lle damos uso e fuxir da voráxine consumista que se agudiza especialmente durante as datas do Nadal. Este primeiro mercadiño estivo adicado á participación das crianzas por ser as máis perxudicadas no bombardeo continuo de publicidade, véndose envoltas en moitas ocasións en necesidades creadas dende espazos totalmente alleos a elas. A celebración deste mercado veu a confirmar que o importante son o tipo de relación que se establecen e o intercambio de bens é un xeito de xerar relacións baseadas na solidariedade e na colaboración. A pesar de ser a primeira vez que se celebraba este tipo de actividade na vila a afluencia de público foi elevada e sobre todo houbo unha grande participación de pequenos e pequenas que levaron todos os xoguetes que estaban agochados nalgunha esquina da súa habitación e lles buscaron un novo lugar onde están sendo desfrutados coa ilusión que conleva calquera novidade na vida de unha crianza.
A actividade estivo enmarcada na Campaña de Nadal que Amarante celebrou en todas as localidades nas que contamos con Grupos organizados. |