|
|
|
ACTIVISTAS
DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO "XANELA ABERTA
AO SUR" PARTEN NO MES DE XULLO PARA BRASIL, ECUADOR E MARROCOS.
Parten
para Brasil, Ecuador e Marrocos os grupos de activistas que participarán
este verán en Campos de Solidariedade no Sur dentro do Ciclo de Educación
para o desenvolvemento Xanela Aberta ao Sur que organiza AMARANTE.
O Xanela 2.008 é a novena
edición deste programa no que colabora a
Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e neste ano
participaron na súa etapa formativa 60 persoas, das que van viaxar durante
os meses de xullo e agosto unha vintena de diferentes puntos de Galicia.
Máis..
AMARANTE
E VERDEGAIA PUXERON FIN AOS ACTOS DA CAMPAÑA INTERNACIONAL XOGA LIMPO
2008 COA CELEBRACIÓN DUNHAS OLIMPÍADAS
ALTERNATIVAS. Con
motivo da celebración dos próximos Xogos Olímpicos en China, as ONGDs
galegas Amarante e Verdegaia, organizaron o pasado sábado 21 de xuño unha
acción de rúa na Praza do Toural (Compostela), da Ferrería (Pontevedra),
no Xardín do Posío (Ourense) e na Praza da Constitución (Vigo) á que se
lle deu ampla cobertura nos medios de comunicación galegos e estatais. O
acto, destinado á sensibilización da cidadanía galega ante as violacións
dos dereitos laborais e sindicais de traballadores e traballadoras chinesas
empregadas na fabricación de roupa deportiva e do merchandising olímpico -principalmente
patrocinado por xigantes da moda deportiva como Adidas, Nike e Puma- estivo
respaldado por clubes deportivos de toda Galicia. Máis..
AMARANTE
SOLICITA SOLIDARIEDADE CO MOVIMENTO BRASILEIRO DOS TRABALHADORES RURAIS SEM
TERRA. Nestes
días o MST está a sofrer unha verdadeira ofensiva de forzas conservadoras
que non só queren impedir a división da terra como determina a Constitución
brasileira mais tamén criminalizar aos que loitan pola Reforma Agraria
impedindo a continuidade deste Movimento histórico. Neste momento difícil
para a democracia brasileira AMARANTE solicita apoio para o MST asinando
cartas de protesta para enviar á Gobernadora Yeda Crusius. Máis..
AMARANTE
ORGANIZA UN SEMINARIO DE FINANZAS ÉTICAS NA FACULTADE DE POLÍTICAS
DA USC DENTRO DOS ACTOS DA SEMANA GALEGA DE COMERCIO XUSTO.
"Os
Segredos dos Investimentos Bancarios" é o título baixo o cal
organizamos este ano o Seminario de Finanzas Éticas que terá lugar
os días 28, 29 e 30 de abril no salón de actos da Facultade de
Políticas en Compostela. A xente interesada deberá inscribirse a
través do correo vigo@amaranteong.org.
A cuota para obter o crédito de libre configuración e o
certificado de asistencia expedido pola USC é de 15 €. As conferencias correrán a cargo de Arcadi Oliveres,
profesor da Universidade Autónoma de Barcelona, Nuria del Río,
autora do título "Rescata tu dinero" ou o representante do
Movimento dos Atingidos por Barragems (MAB) Jose Josivaldo Alves,
entre outros. Podedes consultar o programa das charlas e proxeccións
así como o contacto para vos inscribir Aquí.
VERDEGAIA
E AMARANTE ASINAN UN MANIFESTO DE COLABORACIÓN E IMPULSO A UN
MOVEMENTO CIDADÁ INDEPENDENTE E QUE TRABALLE POLA SUSTENTIBILIDADE
ECOLÓXICA E A XUSTIZA SOCIAL.
Amarante
e Verdegaia veñen de presentar o seu
manifesto conxunto que quere ser un paso na dinamica de colaboración
entre organizacións ambas sociais galegas e independentes. O acordo xa
tivo unha primeira plasmación no impulso dun local social conxunto na
cidade de Ourense e terá outras máis que estan por vir.
Ver
o texto integro.
Máis...
|
|
|
|