|
Se
queres colaborar económicamente con algún proxecto de
cooperación de Amarante podes facer un ingreso en
calquera das seguintes contas:
Caixa
Galicia 2091 / 0500/ 19 / 3040046178
Caixa
Nova 2080 / 0138 / 96 / 4070004067
(
indica nome e proxecto co que queres colaborar )
Mellorar
o desenvolvemento productivo e comercial de produtores/as
cacaotieros/as de seis Comunidades Labregas da
Parroquia de Junín
UBICACIÓN:
Ecuador. Provincia de Manabí. Cantón Junín
CONTRAPARTE:
Fundación MCCH
(Fundación Maquita Cushunchic Comercializando
Como Hermanos)
DESCRIPCIÓN
DO PROXECTO:
O
proxecto plantexado ten unha duración de 12 meses e
propón fomentar
o desenvolvemento productivo e comercial de 128
productores/as cacaoteros de 6 comunidades da parroquia
Junín, cantón Junín, provincia de Manabí (70
homes e 58 mulleres),
co fin de fortalecer a súa capacidade organizativa e de
autoxestión, e aumentar os seus recursos económicos con
principios e equidade para todos.
Búscase
conquerir:
Ø
traballo
familiar, permitindo o empoderamiento e a multiplicación
do implemetado en beneficio das súas familias e outros
productores/as do sector
Ø
a
distribución proporcional do ingreso entre homes e
mulleres
Ø
a
conservación dos recursos naturais polo emprego de
técnicas de produción amigables co ambiente (cacao
orgánico).
Ø
aumentar
o ingreso dos/as beneficiarios/as como consecuencia do
comercio xusto dos seus productos
Ø
axudar
a cubrir as súas necesidades básicas das familias.
Obxectivo
xeral:
Fomentar
o desensenvolvemento productivo e comercial dos
productores/as cacaoteros de 6 comunidades da Parroquia
Junín, provincia de Manabí, co fin de fortalecer a súa
capacidade organizativa e de autoxestión con
principios e equidade.
Obxectivos
específicos:
OE1.
Fortalece-las capacidades de liderazgo e xestión das
organizacións cacaoteiras beneficiarias aplicando un
enfoque de principios e equidade.
OE2.
Eleva-lo rendimento productivo das fincas cacaoteiras a
traveso dun proceso de melloramento técnico integral cun
enfoque ambiental e orgánico.
OE3.
Desenrolar un sistema de comercialización asociativa
sostible e sustentable baixo os principios do comercio
xusto.
Xunta
de Galicia: 92.756,52 euros
Amarante/MCCH:
39.645,85 euros
Total:
132.402,37 euros
Construcción
e capacitación centro de formación rural Clovis Moura
no estado de Piauí (Brasil)
O
proxecto será implementado na capital do Estado de Piaui
, céntrase na creación de infraestructura básica de
educación e
posterior proceso de capacitación e de formación
dirixida as organizacións de campesiños e campesiñas
do
MST no Estado do Piaui. A construcción deste
centro
non solo
mellorará o
nivel de formación e educación dos campesiños e
campesiñas neste Estado, senón tamén, a promoción da
participación dos
campesiños e campesiñas no proceso de
toma de
decisións e na xestión dos recursos dos
proxectos. Impulsando un proceso de empoderamento
de xeito que os traballadores
e traballadoras rurais do MST-PIAUI
despreguen as súas potencialidades e amplíen os
seus escenarios de intervención.
O
proxecto é a primeira fase do Centro de Formación
Clovis Moura na que está contemplada a construcción e
equipación e desenvolvemento da primeira planta. Veuse a
pertinencia de desenvolver esta primeira fase pola
necesidade da Asociación de ter un espazo acorde co
incremento das actividades e demanda dos beneficiarios.
A
Aescapi/MST ata este intre desenvolvía as súas
actividades na sede da organización onde as condicións
para desenvolver os cursos era moi precaria xa que tamén
tiña aloxamento onde habilitaran dúas habitacións con
hamacas onde durmían os que recibían os cursos de
formación.
Tras
anos de traballo nos asentamentos e acampamentos a
Aescapi/MST xunto cos técnicos, poboación, etc.
Identificaron os reducidos progresos feitos nas
comunidades
polas carencias, máis adiante detalladas, dos
campesiños e campesiñas. Entre elas, a incapacidade de
organizarse, falta de autoestima e descoñecemento de técnicas
productivas que mellóranse os seus niveis de vida.
Estas
condicións e ante a nova situación con novos Convenios
acordados con Goberno do Brasil e Estadual aumentaba a
necesidade dun centro de formación rural.
Esta
primeira fase pretende ser un pulo para o resto dos
movementos rurais da zona que mostraron interese en
colaborar co Centro. Na segunda fase se pretende que se
incorporen polo tanto o resto dos movementos e
traballadores/as rurais e outras institucións
universitarias para a coordinación e a implementación
do resto do Centro tanto da Construcción da segunda
planta como do programa de formación.
OBXECTIVOS
DO PROXECTO
Promoción
do desenvolvemento rural e a melloría das condicións de
vida dos traballadores e traballadoras rurais dos
asentamentos e acampamentos da reforma agraria
coordenados polo Movimento dos Sem Terra no estado do
Piaui- Brasil.
Mellorada
a formación e capacitación dos traballadores e
traballadoras rurais asentados/as e campados/as
para organización, coordinación e productividade
dos asentamentos e acampamentos coordenados polo MST no
Estado do Piaui.
Resultados
esperados
RESULTADO
1:
Creado un espazo integral destinadas a formación,
capacitación e aloxamento dos traballadores e
traballadoras dos asentamentos e acampamentos da reforma
agraria do Movemento dos Sem Terra no estado do Piaui
RESULTADO
2: Aumentado o afortalamento asociativo e
organizativo dos traballadores e traballadoras rurais dos
asentamentos e acampamentos
RESULTADO
3:
Mellorada a capacitación en técnicas productivas e
cooperativismo dos traballadores e traballadoras rurais
dos asentamentos e acampamentos da reforma agraria do
MST.
RESULTADO
4:
Acrecentada a formación dos traballadores e
traballadoras rurais na organización e coordinación dos
asentamentos e acampamentos da reforma agraria
coordenados polo MST.
ACCIÓNS
A DESENVOLVER
-
Adquisición
do terreo para a edificación do Centro de formación e
aloxamento na cidade de Teresina, capital do Estado do
Piaui.
-
Contratación
da equipa técnica e man de obra cualificada e tramitadas
a autorización do proxecto técnico e a licencia urbanística.
-
Coordinadas brigadas de traballadores e traballadoras
para a fabricación de materiais nos asentamentos e
acampamentos así como os turnos de man de obra básica.
-
Adquisición
dos materiais necesarios para a construcción.
-
Execución
da infraestructura.
-
Execución
da estructura da planta baixa, paredes de tixolos e
revestimento.
-
Execución
do solados, alicatados, carpintería de portas e xanelas
e pintura.
-
Instalacións
eléctricas, telefónicas e hidrosanitarias.
-
Equipamento
das aulas, habitacións e cociña cun espazo adicado as
crianzas das mulleres que asisten os cursos
-
Celebración
do Encontro Estatal de educadores e educadoras da reforma
agraria.
-
Celebración
do Encontro Estatal de agroecoloxía.
-
Celebración do Curso Estatal de formación de líderes
comunitarios.
Xunta
de Galicia: 54.142,78 euros
Amarante/Aescapi:
59.312,61 euros
Total:
113.455,39 euros
Potenciación
do programa sustentable socioeconómico das mulleres
agropecuarias da Asociación AMPRODEC de Moçambique
Mozambique é
unha democracia xoven, xa que trala súa independencia de
Portugal en 1975 comezou unha guerra civil que rematou en
1992. Isto tradúcese nun Estado que se atopa en proceso
de formación e consolidación. Cando a guerra rematou
deixou un país sembrado de minas antipersoa, un Estado e
unha sociedade completamente desestructurados e un
empobrecemento xeneralizado da poboación.
No sector da
educación, aínda que o goberno recolleu nos seus
obxectivos ampliar o seu sistema educativo sobre todo nos
núcleos rurais e en condicións de igualdade, a
realidade é que as melloras son lentas e o analfabetismo
alcanza o 36 % dos homes e máis do 67 % das mulleres.
A muller
mozambicana, ás dificultades de vivir nun país
empobrecido, ten que unir unha discriminación que se
extende a todalas facetas da súa vida: escaso acceso á
escolarización, maternidade prematura, inexistencia ou
mala calidade dos servicios de saúde sexual e
reproductiva e outras prácticas sociais
discriminatorias.
En canto a
realidade económica do país hai grandes diferencias
entre o norte e o sur. O norte é máis productivo e
parte da producción, tanto individual como de asociacións
de campesinos e de cooperativas expórtase a países veciños.
Pola súa parte, a producción agrícola do sur do país,
no que se ubica Changalane, é de subsistencia, aínda
que posúe terras fértiles e propias para o
desenvolvemento da agricultura. Nesta zona prodúcese
fundamentalmente millo e mandioca.
O sector
agropecuario de Changalane está en máns das mulleres,
xa que os homes emigran dende xovéns ós países veciños
na procura de emprego. Este movemento migratorio está
facilitado pola propia ubicación de Changalane, a poucos
kilómetros da frontera con Swazilândia e Africa do Sul.
Como consecuencia a poboación está maioritariamente
constituída polas mulleres, que son as auténticas xefes
de familia.
A construcción
dunha nova granxa avícola de producción de ovos vai
contribuir a diversificar
as fontes de renda, reducir a falla de alimentos e
garantir a entrada de diñeiro a curto, medio e longo
prazo para as despensas familiares.
Ubicación
xeografica do proxecto
O proxecto
vai ser implementado en Mozambique, na provincia de
Maputo, distrito de Namaacha, concretamente na localidade
de Chagalane a 75 km ó sureste da cidade de Maputo, a
caital do país. A localidade de Chagalane é a sede do
posto administrativo, no que viven 18.000 persoas, sendo
Changalane a localidade de mayor población con 4.210
habitantes.
Obxectivos
do proxecto
Obxectivo
xeral: Mellorar as condicións sociais e económicas de
vida da poboación de Changalane.
Obxectivos
específicos: Aumentar e consolidar alternativas viables
e sustentables de auto-emprego e de rendemento económico
para reducir carencias alimenticias e financeiras nas
familias das mulleres da Asociación agropecuaria de
Changalane e da poboación en xeral.
Actividades
a desenvolver
As
actividades a desenvolver son:
- Construcción
dunha granxa de galiñas poñedeiras de ovos con
capacidade para 2.500 galiñas para a venda de ovos,
incluíndo a compra
das 2500 galiñas.
- Contratación
de persoal técnico para a boa execución do proxecto.
- Formación e seguimento das
mulleres no coidado e manexo do aviario e rotación de 36
mulleres da asociación no traballo do aviario
- Venta dos ovos no mercado local e
cidade de Maputo e venta das galiñas cando baixa a súa
calidade poñedora
-
Utilización dos excrementos como
abono para as machambas das mulleres da Asociación
Beneficiarias
do proxecto
As
beneficiarias directas serán un total de 36 mulleres e
as súas familias, un total de 134 persoas, que traballarán
rotatoriamente na granxa e que recibirán un salario polo
seu traballo. Ó ser un traballo rotatorio as mulleres
terán tempo para atender as súas hortas e outros
traballos comunitarios.
Os
beneficiarios indirectos serán o resto das mulleres da
asociación (215 mulleres en total) e a poboación de
Changalane en xeral (4.120 habitantes) que pasarán a ter
máis diversidade na súa alimentación, coa compra dos
ovos, ó aumentar o
aporte deste alimento ás familias da localidade e ás
poucas barracas que preparan comidas na pequena vila de
Changalane.
Xunta
de Galicia: 68.025,75 euros
Amarante/Amprodec:
9.699,63 euros
Total:
77.725,38 euros
Dotación
de medios de transporte ás organizacións campesiñas de Piauí
Persoas
beneficiarias
Poboación
beneficiaria directa: 26 comunidades organizadas en 14
asentamentos e 12 campamentos agrupa 2.650 unidades
familiares que suman 14.850 habitantes. Poboación
beneficiaria indirecta: o resto da poboación rural do
Estado que suma 1.417.760 habitantes.
Motivación
do proxecto
A limitacións
do parque móbil das organización campesiñas do MST no
estado cortan a súa capacidade institucional para poder
atender a asistencia técnica aos proxectos de
agricultura desenvolvido nas comunidades, o apoio ás
escolas dos asentamentos e ás actividades do sector de
saúde que se desenvolven nos asentamentos e campamentos.
Obxectivo
xeral
Acrecentar
a capacidade institucional, organizativa e loxística do
Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Estado de
Piauí.
Obxectivos
específicos
-
Mellora de servizos básicos educativos e sanitarios.
-
Mellorar a asistencia técnica dos proxectos
agrogandeiros.
-
Extender a acción dos axentes do MST e xerar dinámicas
de participación comunitaria.
Resultados
Fornecer o
parque móbil do MST de Piauí e reforzar a capacidade
organizatica e mobilidade das tres seccións rexionais da
Rexión Sul, Medio Parnaíba e Norte, amais dos servizos
centrais da Sede Estadual de Teresina.
Fondo
Galego de Cooperación e Solidariedade: 5.025,00 euros
Amarante/MST:
1.733,00 euros
Total:
6.758,00 euros
Axuda
a construcción da Escola Nacional “Florestán
Fernández"
No Brasil,
como na práctica totalidade dos países do Sur, non
existe unha educación libre e gratuita para tódolas
persoas, xa que na realidade solo uns poucos poden
formarse para ter un futuro millor, pois non existen as
mesmas condicións estructurais e sociais para aqueles
que nascen na abundancia e aqueles que nascen na pobreza
(normalmente os trabalhadores do rural e das periferias
das grandes cidades).
A
iniciativa de construir unha Escola Nacional do MST no
Brasil é necesaria para que tódalas persoas teñan
acceso ao coñecemento da realidade brasileira, a
verdadeira historia do Brasil e a loita pola terra
realizada polo MST. Unha educación baseada en valores de
solidariedade, de ética, de respecto das relacións de xénero
e étnicas que alimentan a esperanza da construcción dun
país xusto e solidario, con xóvenes realmente
preparados para continuar o desenvolvemento agroecolóxico
que comezaran os seus pais e nais no MST.
A Escola
Nacional éstase a constrúir no municipio de Guararema,
Estado de Sao Paulo (Brasil), a 67 kilómetros da
capital. Está proxectada para funcionar en forma de
agrovila, dando formación a arredor de 200 alumnos e
alumnas, na busca dunha práctica intelectual axeitada
para producires coñecementos científicos que leven á
viabilidade da economía da pequena agricultura, dentro
dunha perspectiva de transformación da realidade.
Recadación
Asociación Curuxás:150,00 euros
Subvención
Universidade da Coruña: 2.000,00 euros
Total:
2.150,00 euros
|