AMARANTE CONTRAPARTES ACTIVIDADES ENLACES NOVAS

CONTRAPARTES DE AMARANTE
 

 

 

 

 
Movimento dos Trabalhadores Sem Terra (MST). Brasil

O Movemento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra ten nos seus principios tres grandes obxectivos polos que loita: a terra, a reforma agraria e unha sociedade máis xusta.

O obxectivo de loitar pola terra busca atender a unha necesidade económica de supervivencia de cada familia que non ten terra. O «sen terra» aspira á terra como unha oportunidade de traballo. Como unha garantía de supervivencia para el e para os seus fillos. Non pensa no enriquecemento nin na especulación, non ten intención de vendela máis adiante, nin conservala como una reserva de capital.

Neste sentido, a terra é unha forma de supervivencia económica, ten un carácter de loita corporativa, sindical igual que cando os obreiros industriais loitan para mellorar os salarios, loitan apenas para mellorar as súas condicións de supervivencia.

Polo tanto, a primeira motivación do movemento é conseguir resolver o problema económico, o problema da supervivencia de milleiros de familias de agricultores, que se atopan sen perspectiva de traballo e que desexan continuar traballando a terra.

O segundo obxectivo, que é a Reforma Agraria, é un obxectivo amplo. Entendese por reforma agraria un conxunto de medidas que teñen que ser tomadas polo goberno para cambiar a estructura dos fundos do país, e garantir a terra a tódolos agricultores que a quixeran traballar. Ademais de esto, medidas complementarias de política agrícola, como créditos, prezos, asistencia técnica, seguro rural, etc., necesarias para garantir a viabilidade e a rendibilidade da pequena producción. Polo tanto, loitar pola reforma agraria é loitar por moitos cambios na agricultura brasileira que van a repercutir a tódolos traballadores rurais, e no só a aqueles que están loitando agora, de forma inmediata, para resolver os seus problemas de supervivencia. Tratase, pois, dun obxectivo de maior amplitude, de ámbito social, que interesa non só ós «sen terra», senón a tódolos traballadores rurais, e tamén ós traballadores urbanos, por razón que veremos máis adiante.

Ó loitar pola reforma agraria, o movemento adquire unha amplitude social maior que as reivindicacións do campo sindical. Non se restrinxe, en absoluto, ós conflictos localizados da loita pola terra.

O terceiro obxectivo do Movemento Sen Terra é loitar por unha sociedade máis xusta. Unha sociedade sen explotadores nin explotados, como di a súa carta de principios. Como se ve, este obxectivo ten un claro carácter político, pois está relacionado coa organización da sociedade e co poder político dentro dela. La implantación dunha reforma agraria ampla, que realmente faga cambios na estructura da propiedade da terra e na forma como está organizada a producción da agricultura, sómente se poderá dar cun cambio no actual poder político, con importantes cambios sociais. Unha reforma agraria depende, esencialmente, da vontade e a forza política por parte del goberno. E seguramente, só será realizada por un goberno claramente identificado cos intereses das clases populares, especialmente os traballadores rurais e urbanos.

Desta maneira, loitar pola reforma agraria no Brasil, é tamén loitar polos cambios sociais e políticos no país.

Fundación de Amigos do Río San Juan (FUNDAR). Nicaragua

A Fundación dos Amigos do Rio San Juan (FUNDAR) leva desde o ano 2.000 de labor activo no Departamento de Río San Juan, executando proxectos integrados de conservación e desenvolvemento, así como elaborando Planos de Ordenamento Territorial das áreas protexidas da Reserva da Biosfera do Surleste do país e a extensión do Plano de Utilización do Refuxio de Vida Silvestre “Los Guatuzos” na mesma rexión.

FUNDAR orixinouse partindo do interese de profesionais nicaraguanos que traballan no Departamento de Río San Juan, pola conservación e o desenvolvemento sostible. Pouco a pouco a organización creceu, logrando incorporar a pequenos empresarios locais, guías turísticos e outras persoas da rexión vinculadas á problemática local e con interese na integración do desenvolvemento humano coa conservación dos recursos naturais da rexión.

A Fundación ten un ámbito de actuación nacional, pero ata o momento desenvolveu accións unicamente no Departamento de Río San Juan.

A Fundación definiu o seu perfil institucional dacordo ós obxectivos da mesma, que son:

  • Promove-lo desenvolvemento humano sostible a través de impulsar actividades económicas alternativas que favorezan a conservación dos recursos naturais e culturais.  

  • Fortalece-la participación local no planeamento, toma de decisións, extensión e seguimento de procesos que leven á mellora na calidade de vida das comunidades rurais e o seu entorno.  

  •  Crear capacidades locais nas áreas de acción, de modo que se garanta a continuidade das accións emprendidas e as capacidades técnicas e humanas.  

  • Promover e coordinar investigacións científicas e aplicadas que sirvan de apoio á toma de decisións e o desenvolvemento local.  

  • Impulsa-la documentación e publicación da información resultante de investigacións e procesos realizados.  

  •  Apoia-los gobernos e ONG´s locais no deseño e extensión de estratexias de conservación e desenvolvemento que sexan compatibles co concepto de desenvolvemento sostible

  •  Promove-la educación ambiental, como ferramenta humana necesaria para logra-lo desenvolvemento sostible.  

  • Formular, propoñer e/ou executar proxectos de desenvolvemento. Administrar ou co-manexar áreas protexidas.

Dacordo co anterior, a Fundación considerase unha ONG polo desenvolvemento sostible e a conservación dos recursos naturais.

FUNDAR elaborou un planeamento estratéxico, en función de dúas condicións meta: a elevación do nivel de vida da poboación do Departamento de Río San Juan e a Conservación da Diversidade Biolóxica da Zona. Para cada unha destas identificáronse os factores principais que limitan o seu cumprimento. Posteriormente analizouse a posibilidade de intervir en algúns factores para garanti-lo cumprimento das condicións meta; a avaliación dos factores realizouse de acordo a varios criterios: Importancia para as comunidades, área de afectación, intensidade da ameaza, urxencia de intervención, viabilidade política, viabilidade social e a nosa capacidade para executar actividades que contrarresten a intensidade da ameaza.

Programas prioritarios de traballo:

Dacordo ó planeamento estratéxico da Fundación, fíxose unha priorización das actividades a realizar, en función destas actividades ten priorizado a execución de programas de Participación cidadá e democratización social, Ordenamento Territorial, Educación Básica e Ambiental, Ecoturismo, Xestión Comunitaria, Investigación Científica e Producción Alternativa Sostible, Equidade xenérica, Incidencia Política

Por outra parte, a Fundación traballa cos comités comunais de desenvolvemento das comunidades do Refuxio de Vida Silvestre Los Guatuzos, que son as máximas instancias de goberno de cada comunidade. Con estas a Fundación traballa en función de crear un Comité de Xestión da Area Protexida, no que as comunidades que habitan no refuxio teñan unha maior participación nas decisións tomadas para a Utilización do seu espacio vital.

Maquita- Cushunchic (MCCH). Ecuador

A Fundación Maquita-Cushunchic - Comercializando con irmáns ( MCCH ) é unha das principais organizacións de Comercio Xusto de America Latina. No seu seo estan integradas diversas cooperativas de producción.

O seu traballo basease en 10 principios:

  1. Vivimos unha fe liberadora que provoca compromiso e mística con  noso pobo marxinado.  

  2. Practicamos unha comercialización equitativa.

  3. Practicamos e esiximos transparencia e honestidade

  4. Facemos política non partidista.  

  5. Camiñamos coa participación activa da xente.  

  6. Promovemos a igualdade entre mulleres e homes.  

  7. Practicamos a non violencia.

  8. Respectamos e valoramos as nosas raíces culturais e a natureza.  

  9. Consideramos á familia como eixe importante no noso camiñar organizativo.  

  10. Promovemos a producción e o consumo de productos naturais e sans.

As liñas de acción do MCCH agrúpanse en catro areas:

-     Proxectos de Desenvolvemento Social: son un conxunto de accións executadas en zonas cun alto índice de pobreza. Teñen un enfoque integral, de autoxestión e integración entre proxectos. Os eixes de traballo son: desenvolvemento persoal, social e productivo.

-     Programas de Formación: o MCCH facilita e promove o desenvolvemento de persoas con principios e valores cara a a construcción dunha sociedade de relacións de equidade e respecto, e as organizacións son suxeito deste proceso de formación constante.

-     Programas de influencia social: son o conxunto de accións que promoven a xeración de opinións, ideas, propostas e alianzas con outras organizacións para incidir no cambio positivo da estructura e relacións sociais, económicas e de mercado, a favor de persoas e sectores con menos recursos.

-     Empresas sociais: son organización que producen e comercializan bens e servicios en condicións de xustiza, transparencia e honestidade logrando beneficios para a mesma empresa, os seus provedores e clientes, pois o eixe principal da súa xestión son as persoas. As empresas buscan ser competitivas e xeneral rendibilidade que se inverte nos proxectos de desenvolvemento social de MCCH. As empresas Maquita que existen neste momento son: comercializadora, artesanías e alimentos, agroexportadora e operadora de turismo. O MCCH é unha das organizacións máis importantes relacionadas co comercio xusto en Ecuador, moitos dos productos provenientes das súas cooperativas asociadas poden atoparse nas tendas de comercio xusto de Galicia. A  agroexportadora é hoxe en día a segunda empresa exportadora de cacao de Ecuador.

O papel do MCCH é coñecido en toda América Latina ao ser a organización impulsora da Rede Latinoamericana de Comercio Comunitario (RELACC) que agrupa a organizacións de 13 países latinoamericanos.  

Asociación de Mulleres Amprodec.Moçambique

Associaçao Agropecuaria das Mulheres de Changalane -  AMPRODEC- , foi fundada en 1.996; recoñecida xuridicamente o 20 de xaneiro de 1.998 na provincia de Maputo, distrito de Namaacha. Inicialmente constituída por 15 membros, actualmente conta con 215 membros, todas mulleres da localidade de Changalane-Sede.

A iniciativa da constitución desta asociación foi para o desenvolvemento de actividades de modo a resolver os problemas que afectan especialmente a muller tais como a educación dos fillos, agricultura, gandería, vivenda e saúde.

Cuadro de texto:  Traballa por grupos que conta cunha coordinadora. Planificase o traballo da finca de xeito colectivo e o resto dos traballos da producción pecuaria.

AMPRODEC ten unha implicación na comunidade importante. Grazas a súa presión conquerironse a ampliación da escola primaria e a mellora do consultorio e a loita para que se converta en centro de saúde. Fai un traballo de concienciación da necesidade de alfabetización de todas as persoas

AMPRODEC é unha asociación de axuda mutua de mulleres Mozambicanas que a través da agro-gandeiria procuran a solución aos problemas socioeconómicos dos seus membros por medio da capacitación organizacional, institucional, programática e técnica.

Entre os seus proxectos cabe destacar:

  •  Financiación de microcreditos para un “aviar de abate”.

  • Alfabetización de adultas da comunidade

  • Construción dun muíño ( moangera ) para moer millo.  

  • Construcción dun escritorio.  

  • Construcción dun almacén para gardar as racións de comida das galiñas poñedeiras e dos polos.  

  • Normalización do rego. Un pozo de auga ( furo ) con depósito e motobomba. 

  • Compra de 1338 polos nun primeiro lote e outros 2500 nun segundo momento.  

      Actividades:

Actividade pecuaria: galiñas poñedoras, polos de abate e 50 cabezas de vacas para 25 familias. As primeiras femias que nacen voltán á asociación, e así sucesivamente.

Actividade agrícola: trátase dunha agricultura de autoabastecemento e biolóxica.Posúen unha finca de 300 Ha, das cales 12 Ha son dunha finca colectiva da asociación. O resto está repartido en parcelas por familia. Cultivan basicamente millo e este ano comezan coa mandioca. Están a espera de instalar o sistema de regadío, a base de pozos con deposito. Cada familia ten a súa horta para sustento.

Os beneficios que se obteñen da machamba colectiva son para a asociación.

Asociación de Mulleres Attawassoul. Marrocos

ATTAWASSOUL ( “dialogo” en árabe ) é unha asociación de mulleres obreiras do téxtil da cidade de Tanxer.

Tanxer é, xunto con Casablanca, os dous principais focos de producción do téxtil no norte de África e un dos principais centros de producción para as multinacionais do norte no seu proceso de deslocalización.

As mellores condicións socio-laborais de Marrocos, así como a facilidade, froito da falla de liberdades políticas e de corrupción administrativa, teñen xogado a favor de que esta cidade norafricana hoxe sexa receptora de mano de obra feminina do rural marroquí ata o punto que hoxe calculase que na cidade, construída en barrios marxinais polos propios traballadores, hoxe viven perto de un millóns de persoas.

Calculase que son 50.000 as persoas que nos talleres, legais e clandestinos, traballan no téxtil. A maioría dese volume son mulleres ( ata un 80% ).

Ao inicios dos anos 90 houbo unha persecución do traballo sindical producíndose despidos en masa. Esto significou un duro golpe aos dereitos das traballadoras, impedindo na practica calquera actividade sindical.

No ano 2.000 a raíz da participación dun grupo de mulleres no encontro en Barcelona da Campaña Roupa Limpa, plantexouse a necesidade de articular a defensa dos dereitos das traballadoras arredor do asociacionismo e moi ligado a presión que exercen os consumidores. É así como nace no ano 2.003 a asociación de mulleres ATTAWASSOUL, que desde ese momento tense definido como un grupo de apoio as mulleres obreiras.

O obxectivo principal de ATTAWASSOUL é un traballo de acompañamento e apoio ás mulleres ,que na súa maioría veñen do rural en busca de novas condicións de vida e son desconsideradas social e familiarmente. Sen poder na toma de decisións familiares, con violencia na rúa e institucional – ao que se veu a engadir a presión dos sectores do islamismo fundamentalista -  son nembargantes o único soporte economizo das familias nunha poboación onde o home esta no paro.

Dentro das  actividades de ATTAWASSOUL tres son as fundamentais:

1. Defensa das condicións laborais das traballadoras. A asociación colabora coa Campaña Roupa Limpa na denuncia das condicións laborais das traballadoras do téxtil. 

Cabe recordar que o informe sobre a producción en Tanxer no que o traballo de recollida de información o fixo a asociación ATTAWASSOUL observaba que se estaba a traballar para as multinacionais na seguintes condicións:

  • Xornadas laborais interminables. Aínda que o código laboral do 98 rebaixou de 48 a 43 a xornada laboral semanal esta non se cumpre e as horas extras  son obrigatorias.

  • Salario Mínimo de 150 €/mes. O normal é que as traballadoras estean recibindo un salario de 70 €/mes

  • Non  se aplica a obrigatoriedade de estar de alta na Seguridade Social.

  • Condicións de saúde laboral inhumanas. Normalmente se trata de talleres sen ventilación. onde so poden ir ao servizo dúas veces ao longo da xornada laboral.

  • Sen liberdade sindical. Dereito recoñecido pero incumprido.

2. Traballo de Alfabetización. Existe entre a poboación feminina de Tanxer un analfabetismo que chega ao 70%. A asociación fai un traballo de alfabetización necesario.

3. Traballo de lecer e formación. As posibilidades de lecer e crecemento persoal son, entre as mulleres de Tanxer, nulas. O ocio esta pensado para os homes e as mulleres están excluídas del. E por elo que a asociación centrase tamén en buscar posibilidades de lecer ( saídas culturais os festivos ) e iniciativas de formación ( obradoiros con garderías ).

Vedruna Foundation. Philippines

A Fundación Vedruna traballa en Filipinas na integración social e laboral das mulleres no sector textil. A elaboración de contacontos tradicionais son importados por Amarante a Galicia para a venda no Comercio Xusto.    

 

AMARANTE

ACTIVIDADES CONTRAPARTES ENLACES NOVAS
Inicio