AMARANTE CONTRAPARTES ACTIVIDADES ENLACES NOVAS

OBXECTIVOS
 

AMARANTE xurde como unha ONGD para a transformación. Situándonos dentro do debate actual na corrente que aposta por ser un freo ós abusos do poder político (público) e as desigualdades xeradas desde o poder económico (privado)-

Para elo, é fundamental recupera-lo papel autónomo dos movementos sociais na transformación política e a participación da sociedade civil nos asuntos públicos.

En definitiva impulsar unha organización que sitúe na cooperación e o desenvolvemento elementos de crítica que pulen pola modificación progresista das estructuras do sistema no Sur e no Norte.

Na súa presentación pública, o 20 de novembro de 1999, os promotores de Amarante dicían que «nacía co fin de cubrir un triple espacio que segundo os seus impulsores era necesario. A necesidade dunha ONGD galega tanto na súa acción como no seu pensamento. A necesidade de vincular os ámbitos da ecoloxía e a solidariedade unha vez demostrada a relación existente entre a devastación de amplas zonas do planeta e desigualdades Norte-Sur. E, por último, poñer en marcha unha organización social crítica, que máis alá da cooperación [a través de proxectos] centrase os seus esforzos na sensibilización e na denuncia dos elementos estructurais do sistema que constrúen as desigualdades.»

Mais a realidade é que nunca expresamos con claridade a nosa MISIÓN a pesar de estar presente e é no marco da elaboración do Plano Estratéxico onde debemos situar unha MISION para Amarante que nos axude a centrar o noso traballo.

En función dos nosos principios, ben definidos desde o nacemento, como ao calor das prioridades estratéxicas da nosa organización esta podería ser a definición da nosa MISION:

“Amarante, fundada en 1999, é unha organización galega de cooperación para o ecodesenvolvemento. O seu propósito é contribuír, coa implicación e mobilización solidaria da cidadanía galega, á construcción dunhas novas relacións Norte-Sur máis xustas, equitativas e igualitarias mediante a presión política, a educación para o desenvolvemento, o fomento do consumo responsábel e do comercio xusto, e a realización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento destinados a combater as causas estructurais da pobreza e favorecer a autoorganización e empoderamento das comunidades e colectivos sociais máis empobrecidos dos países do Sur; á vez de crear unha sociedade civil máis critica e solidaria que permita construír un modelo galego de cooperación.”

Os nosos OBXECTIVOS son:

 
Orde internacional democrática Defensa e conservación da natureza Desenvovemento equilibrado Desenvovemento sostible Ecoloxismo, igualdade, solidaridade


 
Traballar na búsqueda dunha orde internacional e unha estructura social máis democrática e xusta 

 
Traballar na defensa do medio ambiente e a conservación da natureza.

 
Impulsar o debate teórico e a extensión cultural de ideas que permitan a busqueda dun modelo de desenvolvemento equilibrado entre os distintos pobos da terra (incluida a posta en marcha de iniciativas económicas de comercio xusto ). Traballando desde Galicia os vínculos de amizade e cooperación entre os pobos e o progreso dos ideais da liberdade, a igualdade e a solidariedade.

 
Impulsar o debate teórico e a extensión cultural de ideas que permitan a búsqueda dun modelo de desenvolvemento sostible capaz de compatibilizar as actividades humanas con outras formas de seres vivos e a dinámica ecolóxica do planeta Terra.

 
Elaborar e suministrar información sobre calquera tema que poida favocerer os principios do ecoloxismo, da igualdade e da solidariedade.

 

AMARANTE

ACTIVIDADES CONTRAPARTES ENLACES NOVAS
Inicio