|
AMARANTE
desenvolve a súa actividade en tres campos de traballo: Educación para o
desenvolvemento, Comercio Xusto e Consumo Responsable e
mais Cooperación ao Desenvolvemento. Trátase de tres planos
de actuación atravesados trasversalvemente por tres liñas
de traballo orientadas á sensibilización social , á incidencia política sobre o sector público e privado
e á creación de alternativas socioeconómicas.
No
campo da Educación para o Ecodesenvolvemento, Amarante
puxo en marcha o programa GALICIA CON VISTAS AO
SUR, que a traves do Ciclo de Educación
XANELA ABERTA
AO SUR,
persegue formar e informar sobre a realidade do sur
tanto na vertente formativo-teórica, como no posterior
contacto con esas realidades. As Xornadas CONTRASTES,
pola súa banda, pretenden achegar a realidade do Sur por
medio da visita dos seus lideres.
O
traballo no campo da educación complétase con diversas
campañas informativas,
xornadas formativas ou exposicións e iniciativas
de divulgación vehiculizadas arredor dos Centros de
Recursos de Compostela, Pontevedra e Vigo.
Amarante
ten asinado un convenio coa Universidade de Santiago de
Compostela polo cal imparte formación e acolle as
practicas das alumnas e alumnos do Master de
Cooperación Internacional da USC. Así mesmo ten
asinado un convenio para a formación coa Universidade de
Vigo.
No
campo de Comercio Xusto AMARANTE conta con tendas en
Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo. Así mesmo temos diversos
acordos de comercialización con varias organizacións e
empresas como parte da iniciativa para asentar a primeira
distribuidora galega de Comercio Xusto. A compra pública
Ética é outra das nosas iniciativas centrada neste
intre no impulso ao programa BO CAFÉ co que se
pretende introducir café de Comercio Xusto nas maquinas
de vending e cafetarías das institucións públicas.
Impulsamos e
diriximos en Galicia a campaña internacional ROUPA
LIMPA,
centrando
a súa actividade na esixencia de transparencia e
compromisos sociais ás multinacionais galegas do téxtil.
Igualmente lideramos a Campaña FINANZAS
ÉTICAS.
No traballo da sensibilización en consumo responsable
duas citas anuais son a Semana Galega de Comercio
Xusto e as Xornadas de Alimentación e Consumo.
AMARANTE
traballa no campo da Cooperación ao
Desenvolvemento cunha clara visión estructural,
multisectorial e transformadora, con proxectos que
centren os seus esforzos no empoderamento das comunidades
do Sur a traves das súas organizacións sociais.
|