AMARANTE CONTRAPARTES ACTIVIDADES ENLACES NOVAS

AMARANTE
 

AMARANTE é unha Organización Galega de Cooperación para o Ecodesenvolvemento.

AMARANTE nace coa firme convicción de ser un punto de inflexión na dinámica contraposta entre ongds estatais que usan Galicia como campo de operacións, centradas maiormente na captación de recursos económicos, e pola outra banda unha morea de microorganizacións cun traballo de sensibilización social importante pero sen capacidade de incidencia institucional e sen resortes de expansión xeográfica.

A realidade é que o tecido asociativo galego é moi feble, ten asumido un certo grado de resistencialismo ou esta nun proceso de declive. Pola contra observamos como existe un amplo sector de persoas que hoxe actúan e participan sen moita convicción en ONGDs estatais próximas aos seus criterios ideolóxicos na medida en que no atopan un espacio forte galego capaz de xerar ás ilusións necesarias como para volcar as enerxías necesarias.

A construcción dun modelo galego de solidariedade clave para que a sociedade sinta como algo propio o traballo internacionalista e a cooperación cos países do Sur, necesitaba e necesita dunha organización galega que xenere elementos estratéxicos de intervención social e abrangue de xeito organizado o conxunto do espacio territorial do país.

Hoxe non podemos saber, e seguramente nin tan sequera debemos planificar debido a que hai múltiples factores intervintes, cal vai ser a organización resultante dun proceso de converxencia na solidariedade galega. máis o período que se abre nos próximos anos é decisivo. A aprobación da lei de cooperación de Galicia e o plano directorio son elementos centrais que nos obrigan a dar pasos cara a creación dun estructura organizativa forte,  influinte socialmente e incidencia institucional.

Somos unha ONGD CRÍTICA. Vivimos cada vez unha maior debilidade política cara arriba. Á pequena marxe dos poderes públicos limitado polo inmenso poder das grandes transnacionais faise aínda menor pola escasa valentía dos gobernantes e da súa anorexia intelectual acrecentada polo asfixiante pensamento único. Xunto con esto, a privatización do que ata hai ben pouco representaban importantes resortes de redistribución da riqueza a nivel rexional e mesmo a nivel internacional deixa os sectores máis desfavorecidos do norte e do sur indefensos fronte ós abusos dun poder económico brutal e dun poder político despótico.

Somos unha ONGD GALEGA.Traballamos por un modelo galego de solidariedade que implique á sociedade civil nun novo internacionalismo. Somos solidarios con outros pobos partindo do necesario compromiso diario co noso. É máis real que nunca a interconexión da máxima "pensar globalmente, actuar localmente". A autoorganización da solidariedade non responde a un capricho particularista ou a preconceptos ideolóxicos senón a unha necesidade.Tratase de buscar a mellor resposta que permita mobilizar as mellores aptitudes da xente do noso país para unha dobre tarefa de transformación interna e internacional.

Somos unha ONGD ECOSOCIAL. Hoxe sabemos que tralos grandes desastres ecolóxicos existen problemas de desigualdades fondas e de aproveitamento inxusto do planeta. Pero máis alá, sabemos que o planeta ten uns recursos limitados.Estes limites impoñen un novo modelo de desenvolvemento que permita un reparto xusto dos recursos sen comprometer o futuro das vindeiras xeracións.Apostamos por un modelo de desenvolvemento universalizable, e por tanto promovemos un cambio de actitude no xeito de producir e consumir no Norte que permita o desenvolvemento do Sur.

Somos unha ONGD LAICA.Nos tempos da praxe do "fin da historia" e da. filosofía do "pensamento único" e unidireccional, o carácter laico dunha organización transformadora  é un valor en auxe. Non se trata só de ser unha organización autónoma de poderes económicos, políticos e relixiosos no senso tradicional do termo, trátase tamén de ser capaces de manter unha liña de pensamento autónomo fronte a presións mediáticas ou de pensamento. Hoxe non só se estructura a ortodoxia do poder senón a propia ortodoxia da heterodoxia.

AMARANTE

ACTIVIDADES CONTRAPARTES ENLACES NOVAS
Inicio